Actualidade - Compostela Aberta
Ir o contido
Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes
Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa
Compostela Aberta non apoiará ningún modelo de xestión da auga que non garanta o control público do servizo
María Rozas lamenta que a oposición “manteña unha posición prefixada e non contemple ningunha alternativa ao modelo privatizado que despois de máis de 50 anos deixou unhas infraestruturas obsoletas en Santiago e unha preocupante falta de transparencia”. CA defende a fórmula da empresa mixta para avanzar no control público da auga e para garantir que os seus beneficios se reinvistan na mellora do servizo e polo tanto en favor da veciñanza.
Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro
Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
Compostela Aberta apoia a folga na Atención Primaria
Compostela Aberta manifesta o seu apoio á folga convocada polo persoal da Atención Primaria en Galicia, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral e asistencial que sofre o sistema sanitario galego. Denunciando unha estratexia calculada, por parte do goberno galego, que procura un desmantelamento do servizo público e unha privatización paulatina dun dos que debería ser un dos piares do Estado de benestar galego.
Compostela Aberta súmase á Plataforma “Emerxencia, Dependencia”
María Rozas participou na reunión constitutiva da Plataforma “Emerxencia, Dependencia”, que reúne a organizacións sociais, políticas e sindicais para alertar da situación de
emerxencia na que se atopa o sistema de dependencia en Galicia. O próximo 17 de novembro, a Plataforma concentrarase diante do Parlamento.
Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública
Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas reivindica o traballo de CA no Goberno “nun ano marcado polos avances sociais no que conseguimos un Santiago mellor”
A portavoz municipal de Compostela Aberta interviu no Pleno do debate sobre o estado do municipio para render contas “do feito e do que queda por facer” nas concellarías que dependen de CA. María Rozas afirmou que “tras ano e medio de Goberno, hoxe temos un mellor Santiago que en 2023, e seguiremos traballando para impulsar políticas progresistas que melloren a vida da xente”.
Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025
María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.
Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”
Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.
María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”
A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de
Xan Duro: “Na municipalización da ORA tiñamos a certeza de ter feito as cousas ben, e hoxe queda demostrado que así foi”
Seis anos despois de que o Goberno de Compostela Aberta impulsara a municipalización da ORA e do guindastre, o concelleiro Xan Duro vén de asinar a resolución pola que o Concello lle reclama á empresa Setex Aparki o pago de máis de 716.000 euros pola liquidación do seu contrato.
Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina
A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.
O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri
Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica
COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.
Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar
A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets
CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados
Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.
Compostela na encrucillada do Xacobeo
Máis información
Compostela ante o turismo sen control
Máis información
Operación Peleteiro
Máis información
A xestión da auga en Santiago
Máis información
UNHA OLLADA ALTERNATIVA
o viso, voceiro municipal de compostela aberta
O noso voceiro
Telegram
Compostela Aberta ©2026 |
Contidos baixo licenza Creative Commons
Compostela Aberta ©2026
Contidos baixo licenza Creative Commons
Manage Cookie Consent
Empregamos cookies propias para o funcionamiento técnico da web e de terceiros con fins analíticos. Revisa a nosa política de cookies para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón "Aceptar" ou configurarlas ou rexeitar o seu uso pulsando o botón "Ver preferenzas". Podes consultar toda a información
na nosa política de cookies
Funcionais
Always active
Permiten a navegación a través da páxina web e a utilización dalgunhas opcións e servizos, como por exemplo, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido ou autenticación.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Analíticas
Analíticas
Son as que nos permiten facer un seguimento e análise das visitas aos nosos sitios web. Para isto, empregamos o servizo de Google Analitycs
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Sociais
Sociais
Son as que os provedores de servizos de redes sociais poden instalar cando a persoa visitante comparte un contido a través do nosos sitios web.
Manage options
Manage services
Manage vendors
Read more about these purposes
Ver preferenzas
{title}
{title}
{title}
PARTICIPA
gRUPOS
DE TRABALLO
US