Albert Einstein - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Einstein» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Einstein (homónimos)
Albert Einstein
Biografía
Nacemento
14 de marzo de 1879
Ulm
Morte
18 de abril de 1955
(76 anos)
Princeton
Causa da morte
aneurisma de aorta abdominal
Lugar de sepultura
Museo Nacional de Saúde e Medicina
cerebro de Albert Einstein
Catedrático
1911
Datos persoais
Residencia
Einsteinhaus Caputh
(en)
(1929–1932)
Smíchov
(1911–)
Einsteinhaus
(en)
(1903–1905)
Schaffhausen
(1901–1902)
Princeton
Múnic
Grupo étnico
Pobo xudeu
Relixión
Agnosticismo
xudaísmo
panteísmo
Educación
Universidade de Zürich
física
(–1905)
ETH Zürich
educación matemática
(1896–1900)
old Kantonsschule (Albert Einstein House)
(en)
matura
(en)
(1895–1896)
Luitpold-Gymnasium
(en)
(1888–1894)
Tese académica
A New Determination of Molecular Dimensions
(en)
(1905
Director de tese
Alfred Kleiner
(pt)
Heinrich Burkhardt
Heinrich Friedrich Weber
Actividade
Campo de traballo
Física teórica
Lugar de traballo
Berlín
(1914–1933)
Zürich
(1912–1914)
Praga
(1911–1912)
Zürich
(1909–1911)
Berna
(1902–1909)
Princeton
Caputh
(en)
Ocupación
profesor universitario
(1909–)
patent examiner
(en)
(1901–1906)
escritor
físico teórico
científico
matemático
filósofo
físico
pedagogo
filósofo da ciencia
catedrático
inventor
escritor de ciencia
pacifista
Empregador
Universidade de Princeton
(1933–1955)
Universidade de Leiden
Professor by special appointment
(en)
Faculdade de Matemática e Ciências Naturais
(pt)
(1920–1946)
Sociedade Kaiser Wilhelm
director
(1917–1933)
Deutsche Physikalische Gesellschaft
presidente
(1916–1918)
Universidade Humboldt de Berlín
catedrático
(1914–1933)
Academia Prusiana das Ciencias
(1914–1933)
ETH Zürich
catedrático
(1912–1914)
Universidade alemá de Praga
catedrático
(1911–1912)
Universidade de Zürich
catedrático
(1909–1911)
Universidade de Berna
mestre
(1908–1909)
Instituto Federal Suízo de Propiedade Intelectual
(1902–1909)
Institute for Advanced Study
Universidade de Leiden
Universidade Carolina de Praga
Berna
Universidade de California, Berkeley
Partido político
Partido Democrático Alemán
(–1933)
Membro de
Academia do Xapón
membro de honra
(1950–)
Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos
Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos
(1942–)
Leopoldina
(1932–)
Sociedade Filosófica Estadounidense
(1930–)
Academia de Ciencias de Rusia
corresponding member of RAS
(en)
(1922–)
Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos
asociado estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias
(1922–)
Accademia Nazionale dei Lincei
Q137396485
(1921–)
Centre international de synthèse
(en)
Indian National Science Academy
Accademia Nazionale delle Scienze detta dei XL
Academia Brasileira de Ciências
(pt)
Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos
Real Academia das Ciencias de Suecia
Academia Prusiana das Ciencias
Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos
Academia de Ciencias de Baviera
Academia francesa das ciencias
Academia de Ciencias de Gotinga
Royal Society
Interesado en
Física
Profesores
Heinrich Friedrich Weber
Hermann Minkowski
Alumnos
Ernst G. Straus
Influencias
Fiódor Dostoievski
Hermann Minkowski
Baruch de Spinoza
Mahatma Gandhi
Arthur Schopenhauer
Hendrik Lorentz
George Bernard Shaw
Isaac Newton
Riazuddin
(en)
David Hume
Thomas Young
Bernhard Riemann
Moritz Schlick
James Clerk Maxwell
Paul Valéry
Karl Pearson
Henry George
Ernst Mach
Instrumento
Violín
Participou en
1927
5th Solvay Conference on Physics
(en)
1911
1st Solvay Conference on Physics
(en)
Obra
Obras destacables
emissão estimulada
(pt)
constante de Planck
ecuacións de campo de Einstein
Teoria do campo unificado
(pt)
equivalencia masa-enerxía
teoría da relatividade
Efecto fotoeléctrico
(1900)
mecánica cuántica
(1905)
relatividade especial
(1905)
theory of Brownian Motion
(en)
(1916)
relatividade xeral
Doutorando
Leó Szilárd
Arquivos en
Arquivos Literarios Suízos
Albert Einstein Archives
(en)
Biblioteca Louis Round Wilson
3048-z
Arquivos da Escola Politécnica Federal de Zúric
[ Sammelbestand_Einstein_Albert]
Regenstein Library
(en)
Familia
Cónxuxe
Elsa Einstein
(1919–1936)
Mileva Marić
(1903–1919)
Fillos
Lieserl Einstein
Mileva Marić
Hans Albert Einstein
Mileva Marić
Eduard Einstein
Mileva Marić
Pais
Hermann Einstein
Pauline Koch
Irmáns
Maja Einstein
Parentes
Lina Einstein
curmá entregue
Elsa Einstein
curmá entregue
Cronoloxía
gañador do Premio Nobel
Premios
(2009)
Premio Grandes Inmigrantes
(2008)
Salón da Fama de Nova Jersey
(1949)
Doutor honoris causa pola Universidade Hebrea de Xerusalén
(1942)
Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos
(1935)
Medalla Franklin
(1934)
Conferenciante Josiah Willard Gibbs
(1931)
premio Jules Janssen
(1929)
Medalla Max Planck
(1928)
doutor honoris causa pola Universidade de París
(1926)
Medalla de ouro da Royal Astronomical Society
(1925)
Medalla Copley
(1923)
Doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid
(5 de maio de 1921)
Membro estranxeiro da Royal Society
(1921)
Medalla Matteucci
(1921)
Premio Nobel de Física
(1920)
medalla Barnard
Orde do Mérito das Ciencias e as Artes
Honorary doctorate from the University of Geneva
(en)
membro de honra da Real Sociedade Te Apārangi
doutor honoris causa da Universidade de Princeton
Sinatura
Voz: Albert Einstein
lingua inglesa
Descrito pola fonte
Dicionario Histórico de Suíza
Sitio web
alberteinstein.com
Albert Einstein
, (
[ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn]
axuda
info
) nado en
Ulm
14 de marzo
de
1879
e finado en
Princeton
(Estados Unidos) o
18 de abril
de
1955
, foi un
físico
matemático
alemán
de nacemento
recoñecido internacionalmente por propor a
teoría da relatividade
, un dos piares da
física moderna
xunto a
mecánica cuántica
A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na
filosofía da ciencia
Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da
equivalencia masa-enerxía
mc
, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".
Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a
mecánica de Newton
non era suficiente para reconciliar as leis da
mecánica clásica
coas leis do
campo electromagnético
. Isto levouno ao desenvolvemento da súa
teoría da relatividade especial
. Así mesmo decatouse que o principio da relatividade tamén se podía estender ós campos gravitacionais, e xunto coa súa subsecuente teoría da gravitación de 1916, publicou a teoría da
relatividade xeral
. Continuou tratando os problemas da
mecánica estatística
e a
teoría cuántica
, o que deu pé ás súas explicacións da
teoría de partículas
e o
movemento das moléculas
. Tamén investigou as propiedades térmicas da
luz
, establecendo a base da teoría de
fotóns
. En 1917, Einstein aplicou a teoría xeral da relatividade para modelar a estrutura a grande escala do
universo
Estas e outras contribucións ó desenvolvemento da
mecánica cuántica
mecánica estatística
cosmoloxía
, á parte doutras áreas, contribuíron a que fose considerado o físico máis importante do
século XX
Recibiu o
Premio Nobel de Física
no
1921
pola súa explicación do
efecto fotoeléctrico
e "polo seu servizo á
Física teórica
mais o anuncio da concesión non se fixo ata un ano despois, en
1922
debido a que o premio non foi atribuído en 1921
10
Einstein publicou máis de 300 artigos científicos xunto cunhas 150 obras non científicas.
11
Escribiu toda a súa obra científica en alemán, aínda que nalgúns casos a lingua de publicación foi o inglés.
12
Na súa honra, foi nomeada unha unidade empregada en
fotoquímica
(hoxe desaconsellada)
13
. Un
einstein
é equivalente ó
número de Avogadro
de veces a enerxía dun
fotón
de
luz
14
Asemade leva o seu nome o
elemento
químico
Einsteinio
15
Traxectoria
editar
editar a fonte
Primeiros anos
editar
editar a fonte
Albert Einstin aos 14 anos de idade
Einstein naceu en
Ulm
Württemberg
Alemaña
aínda que desde 1880 viviu con toda a familia en
Múnic
16
. Seus pais foron Hermann Einstein, comerciante e propietario dunha empresa eléctrica
17
, e a súa dona, Pauline Koch. A súa familia era de orixe
xudía
asquenací
aínda que non practicante. Einstein recibiu leccións de
violín
durante a súa infancia por insistencia da súa nai. Segundo relata el mesmo ós cinco anos o seu pai amosoulle un
compás
de peto e o seu fundamento deixouno intrigado
18
. Realizou os estudos primarios nunha escola católica e a pesar do seu atraso en aprender a falar foi un bo estudante.
19
En 1888 comezou a educación secundaria no Luitpold Gymnasium, cun currículo centrado nos estudos clásicos e no que Einstein nunca se sentiu cómodo
20
Mocidade
editar
editar a fonte
En
1894
, dende
Múnic
os Einstein mudaron a súa vivenda a
Milán
Italia
) Albert permaneceu en Múnic ata rematar a
escola
pero só completou un cuadrimestre e sen rematar marchou o
29 de decembro
cabo da súa familia, que agora estaba en
Pavia
21
. No
1895
, Einstein pasou un exame da Escola Federal Politécnica de
Suíza
en
Zürich
, pero suspendeu na parte correspondente a arte, malia os seus extraordinarios resultados en matemáticas e física
22
. A familia enviouno a
Aarau
Suíza
para finalizar a súa educación secundaria, e en
1896
, Einstein recibiu o seu diploma de ensino medio.
Matrimonios e fillos
editar
editar a fonte
Albert Einstein en 1904 (ós 25 anos)
O mesmo ano 1896, Einstein renunciou á súa cidadanía alemá, converténdose en
apátrida
. No
1898
, Albert xuntouse con
Mileva Marić
, unha compañeira de clase serbia (que foi tamén amiga de
Nikola Tesla
), da que namorara. No
1900
, Einstein acadou un diploma de docente pola Universidade Federal Politécnica de Zürich. Fíxose
cidadán
suízo en
1901
O descubrimento e publicación no 1987 dunha correspondencia antiga entre Einstein e Mileva Marić revelou que tiveron unha filla antes de casar, "
Lieserl
" nada no 1902 en
Novi Sad
, onde Mileva estaba cos sus pais. Marić volveu a Suíza sen a filla. O contido da carta de Albert a Mileva en setembro de 1903 suxire que foi adoptada ou quizais morreu de escarlatina a unha idade temperá.
23
24
Einstein coa súa muller Elsa
Einstein e Mileva casaron o
6 de xaneiro
de 1903. O
14 de maio
de
1904
tiveron o seu primeiro fillo,
Hans Albert Einstein
, nado en
Berna
Suíza
. O seu segundo fillo,
Eduard
, naceu en Zürich en xullo de 1910. No 1914, a parella separouse; Einstein mudouse a
Berlín
e Milena quedou en Zürich cos fillos. O divorcio chegou o 14 de febreiro de 1919, despois de cinco anos de separación. Eduard, chamado polo pai "Tete" (por
pequeno
), tivo unha depresión nerviosa ós 20 anos, sendo diagnosticado de
esquizofrenia
. A súa nai coidouno e estivo internado en diversas ocasións, incluído o tempo anterior á súa morte.
En cartas reveladas no 2015, Einstein escribiu ó seu primeiro amor, Marie Winteler, sobre o seu matrimonio e os seus aínda fortes sentimentos por ela. No 1910 escribiulle "penso con amor en ti cada minuto do que dispoño, e son tan infeliz como pode selo un home", mentres Milena estaba embarazada do seu segundo fillo. Einstein falou sobre un "amor equivocado" e unha "vida desperdiciada" en relación ó seu amor con Marie.
25
Einstein casou logo con
Elsa Löwenthal
o 2 de xuño de 1919, despois de ter relacións con ela dende 1912. Elsa era prima materna e prima segunda paterna. No 1933 emigraron ós estados Unidos. No 1935, Elsa Einstein foi diagnosticada de problemas de corazón e os riles e morreu en decembro de 1936.
Doutoramento e traballo (primeira época)
editar
editar a fonte
Einstein non puido atopar un posto como ensinante. Comezou a traballar como asistente examinador na Oficina Suíza de Patentes en
Berna
no
1902
. Nela, Einstein xulgaba a valía das solicitudes dos inventores, rectificando os seus erros de deseño e avaliando se eran factíbeis.
Mileva Marić foi unha compañía persoal e intelectual. Chegou a referirse a ela como "unha criatura que é un igual e tan forte e independente coma min".
Segunda Conferencia de Solvay
1913
Obtivo o seu
doutoramento
coa tese "Sobre unha nova determinación de dimensións moleculares" en
1905
No mesmo ano escribiu catro artigos que poñen a base da física moderna, sen demasiada
literatura científica
como referencia ou moitos compañeiros científicos para discutir conxuntamente as teorías. A maioría dos físicos están de acordo en que tres desas publicacións (sobre o
Movemento Browniano
, o
Efecto fotoeléctrico
e a
Relatividade Especial
) servirían de xeito individual para lograr o
Premio Nobel
. Só o obtivo polo efecto fotoeléctrico. Hai algo de irónico en que Einstein sexa de longo o mellor coñecedor da relatividade, mentres que o efecto fotoeléctrico é completamente cuántico, e Einstein rematou moi desencantado coa estrutura que a teoría cuántica ía tomando. O que fai encomiables as devanditas publicacións é que, en cada caso, Einstein colleu unha idea da física teórica coas súas consecuencias lóxicas e apañouse para explicar resultados experimentais que mantiveron asombrados ós científicos durante décadas.
Einstein discutiu os seus intereses científicos con Mileva e os seus amigos máis próximos. Enviou os seus artigos ó
Annalen der Physik
(son referidos como as "Publicacións do Annus Mirabilis", de
1905
).
Movemento Browniano
editar
editar a fonte
O primeiro artigo publicado en
1905
, titulado "Sobre o movemento - esixido pola Teoría Cinético-Molecular da Calor - das pequenas partículas suspendidas nun líquido estacionario", cubriu o estudo do
Movemento Browniano
. Usando a daquela controvertida
teoría cinética
de
fluídos
estabeleceu que o fenómeno -falto dunha explicación satisfactoria décadas despois de ser observado- daba a evidencia empírica da realidade dos
átomos
. Tamén deu credibilidade á mecánica estatística, daquela controvertida.
Con anterioridade a este traballo, os átomos eran recoñecidos como un concepto útil, pero os físicos e os químicos debatían con acaloramento se os átomos existían realmente. A discusión estatística de Einstein do comportamento atómico deulles ós experimentadores unha vía de conteo de átomos usando só un microscopio ordinario.
Wilhelm Ostwald
, un dos líderes da escola anti-átomos, dixo despois a
Arnold Sommerfeld
que se convertera á crenza dos átomos pola completa explicación de Einstein do Movemento Browniano.
Efecto fotoeléctrico
editar
editar a fonte
Artigo principal
Efecto fotoeléctrico
O segundo artigo, intitulado "Sobre un punto de vista heurístico en relación coa produción e transformación da luz", propuxo a idea de "cuantos de luz" (agora chamados
fotóns
) e amosou que poden ser usados para explicar fenómenos como o
efecto fotoeléctrico
. A idea dos cuantos de luz fora exposta por derivación da lei do
corpo negro
por
Max Planck
, asumindo que a enerxía luminosa pode ser absorbida ou emitida só en cantidades discretas, chamadas
cuantos
. Einstein amosou que, asumindo que a luz consiste en paquetes discretos, podía explicar o misterioso efecto fotoeléctrico.
A idea dos cuantos de luz contradicía a
teoría ondulatoria da luz
que amosou de xeito natural
James Clerk Maxwell
nas súas ecuacións sobre o comportamento electromagnético e, de xeito máis xeral, a asunción da divisibilidade infinita da enerxía en sistemas físicos. Aínda despois de amosar os experimentos que as ecuacións de Einstein para o efecto fotoeléctrico eran adecuadas, a súa explicación non foi universalmente aceptada. No
1922
, cando foi premiado co
Premio Nobel
e o seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico foi mencionado polo nome, a maioría dos físicos pensaban xa que a ecuación (hf = Φ + E
) era correcta e que os cuantos de luz eran posíbeis.
A teoría dos cuantos de luz foi unha forte indicación da
dualidade onda-partícula
, concepto que indica que os sistemas físicos presentan propiedades semellantes ás ondas e ás partículas, e que foi usado como principio fundamental polos creadores da mecánica cuántica. Unha perspectiva completa do efecto fotoeléctrico foi obtida só despois da madurez da mecánica cuántica.
Relatividade especial
editar
editar a fonte
Artigo principal
Relatividade especial
A terceira publicación de Einstein dese ano titulábase "Sobre a electrodinámica dos corpos en movemento". Cando estaba desenvolvendo o artigo, Einstein escribiu a Mileva sobre o seu "traballo en relación ó movemento relativo". Este artigo introduciu a
Teoría da Relatividade Especial
, na que se poñen en relación tempo, distancia, masa e enerxía (de xeito consistente co
electromagnetismo
), omitindo a forza da
gravidade
. A Relatividade especial (tamén chamada restrinxida) resolvía o quebracabezas aparente que resultaba do
Experimento de Michelson-Morley
, que amosou que as ondas de luz poden viaxar á mesma velocidade a través de calquera medio en movemento relativo ó "
éter
", creando unha serie de contradicións en torno ás propiedades que tiña que ter dito "éter", e rematando por descartar a súa existencia (téñase en conta que outras ondas, as de tipo mecánico, poden moverse a través de medios materiais como a auga ou o aire, pero variando a súa velocidade se dito medio está en movemento respecto ó observador). Así, a
velocidade da luz
no baleiro quedou fixada como unha constante universal, contradicindo a
Mecánica clásica
Algunhas das ideas básicas do artigo -as
transformacións de Lorentz
- foran introducidas un ano antes polo físico holandés
Hendrik Lorentz
, pero Einstein amosou o significado de dita matemática. A súa explicación xorde de dous
axiomas
: un é a vella idea
galileana
de que as leis da natureza deben ser as mesmas para todos os observadores que se moven con velocidade relativa constante. A outra, que a velocidade da luz (no baleiro) é a mesma para calquera observador. A Relatividade Especial tivo varias consecuencias impactantes, pois con ela son rexeitados os conceptos de tempo e espazo absolutos. A teoría foi chamada 'teoría da relatividade especial' para distinguila da posteriormente concibida 'Teoría Xeral da Relatividade', que considera a todos os observadores como equivalentes.
Equivalencia Masa-Enerxía
editar
editar a fonte
Artigo principal
E=mc²
Un cuarto artigo, co título "a inercia dun corpo depende do seu contido de enerxía?", publicado a finais do 1905, amosaba unha nova fórmula (m = L/c²) a partir dos axiomas da relatividade, coñecida como a
relación masa-enerxía
. Aquela fórmula, trivialmente reescrita, é a famosa ecuación na que se expresa a enerxía (
) como equivalente á masa (
) multiplicada polo cadrado da velocidade da luz (
):
E=mc²
. Einstein considerou esta ecuación de fundamental importancia pois amosaba que
materia
enerxía
están profundamente ligadas. A idea máis tarde probouse valiosa para entender como o
big-bang
(a grande explosión que creou o Universo), que foi puramente dispersión de enerxía, pode conducir á formación dun universo cheo de materia ('maniféstase que a enerxía requirida para crear a materia é exactamente compensada pola
enerxía potencial
gravitacional negativa do universo).
A ecuación é citada como explicación da fenomenal cantidade de enerxía liberada polas
armas atómicas
no momento da súa explosión. A pesar de ser verdade (a masa residual dunha explosión nuclear é moi reducida cando a comparamos coa masa da arma orixinal, a diferenza convértese en enerxía, conforme a fórmula), a asociación máis común da fórmula
E=mc²
non é a mellor, pois exceptuando o aspecto de conversión enerxética, a teoría da relatividade non é chave para entender a física da
fisión
ou a
fusión
Conforme Umberto Bartocci (historiador matemático da Universidade de Perugia), a famosa ecuación foi publicada primeiro dous anos antes por Olinto De Pretto, un industrial da cidade de
Vicenza
Italia
. A pesar de ter De Pretto presentado a fórmula, foi Einstein quen a ligou á Teoría da Relatividade. Outros estudos demostraron que Einstein chegara a esta ecuación de xeito independente e descoñecendo os traballos doutros.
Anos intermedios
editar
editar a fonte
En
1906
, Einstein foi promovido a examinador de segunda clase. En
1908
, Einstein licenciouse en
Berna
Suíza
como profesor e conferenciante, sen influencia no goberno da universidade. O segundo fillo de Einstein, Eduard, naceu o
28 de xullo
de
1910
. Separouse de Mileva ó
14 de febreiro
de
1919
e casou coa súa prima Elsa Loewenthal (despois Elsa Einstein) ó
2 de xuño
de
1919
. Elsa e Einstein non tiveron fillos.
En
1914
, antes do comezo da
Primeira guerra mundial
, Einstein mudouse a
Berlín
. As súas orixes
pacifistas
xudías
indignaron ós nacionalistas alemáns. Despois de tornarse famoso mundialmente o
7 de novembro
de
1919
, cando o xornal
The Times
anunciou o éxito da súa teoría gravitacional, os nacionalistas aumentaron máis o seu odio.
De 1914 a
1933
foi director do
Instituto de Física Kaiser Wilhelm
en Berlín, e nesta época recibiu o
Premio Nobel de Física
Relatividade xeral
editar
editar a fonte
Artigo principal
Relatividade xeral
En novembro de
1915
, Einstein presentou unha serie de conferencias na Academia Prusiana de Ciencias, onde describiu a súa
Teoría da Relatividade Xeral
. A última conferencia (
25 de novembro
de 1915)presentou unha ecuación que substituía a
lei da gravidade
proposta por
Isaac Newton
. Esta teoría consideraba todos os observadores equivalentes, e non só os que se moven con velocidade uniforme. Na relatividade xeral, a gravidade non é unha forza, como afirmara Newton, senón a consecuencia da curvatura espazo-tempo. A teoría creou a base do estudo da cosmoloxía e deu ós científicos as ferramentas para a comprensión de moitos padróns do universo que só foron descubertos despois da morte de Einstein. A relatividade xeral tornouse un método de entender a física como un todo.
A relación de Einstein coa física cuántica foi notábel. Foi o primeiro (mesmo antes de
Max Planck
, o descubridor do
quantum
ou
cuanto
de enerxía) en dicir que a teoría dos
quanta
era revolucionaria. A súa idea do quanta de luz foi un marco na ruptura coa física clásica. En
1909
, Einstein presentou o seu primeiro traballo a un grupo de físicos, dicíndolles que deberían atopar un xeito de entender ondas e partículas conxuntamente.
Einstein en 1921: dous espazos diferentes no encerado
No comezo da década de
1920
, Einstein xa era a principal figura nun coloquio de físicos na Universidade de Berlín.
Interpretación de Copenhaguen
editar
editar a fonte
Einstein en
1921
Na metade da década de 1920, cando a teoría orixinal dos quanta era substituída pola nova mecánica cuántica, Einstein recusou terminantemente a
Interpretación de Copenhaguen
sobre as novas ecuacións, pois establecían un comportamento físico medíbel de xeito probabilístico e non visualizábel. Einstein estaba en acordo con que a teoría era a mellor dispoñíbel, pero buscaba unha explicación máis "completa", ou sexa, determinística. Cría que a física describía as leis que gobernan as cousas reais, e que unha física como a que fora entendida ata entón podería manexar tamén átomos, fotóns e gravidade, e non quería abandonar as súas ideas.
A famosa cita, "A mecánica cuántica é con seguridade útil. Pero unha voz interior dime que non é aínda algo real. A teoría di moitas cousas, pero non nos proporciona un achegamento ó segredo do vello Un. Eu, de calquera xeito, estou convencido de que non é definitiva" apareceu no
1926
, nunha carta a
Max Born
Non tiña rexeitamento das teorías probabilísticas
per se
. Einstein usou a análise estatística no seu traballo acerca do
movemento Browniano
e da fotoelectricidade. En traballos anteriores ó 1905, el mesmo comprobara algunhas teorías de
Gibbs
. Pero, no íntimo, non cría que a realidade da física se comportase aleatoriamente.
Estatística de Bose-Einstein
editar
editar a fonte
En
1924
, Einstein recibiu un curto artigo dun xove físico indio,
Satyendra Nath Bose
, que describía a luz como un feixe de fotóns, e pedía a aquiescencia de Einstein para a súa publicación. Einstein decatouse de que a mesma estatística podía ser aplicada ós átomos, e publicou un artigo en alemán (a '
lingua franca
' da física naqueles tempos) que describía o modelo de Bose e explicaba as súas implicacións. A
estatística de Bose-Einstein
(así chamada agora) describe a reunión de
partículas indistinguibles
coñecidas como
bosóns
. Einstein tamén axudou a
Erwin Schrödinger
no desenvolvemento da
distribución de Boltzmann
, nunha mestura de modelos clásicos e cuánticos de partículas de gas, aínda que o labor realizado por el neste caso foi menos significativa que no caso anterior, e declinou a oferta de inclusión do seu nome como realizador do artigo.
Einstein en España
editar
editar a fonte
Einstein foi convidado a dar unha xeira de conferencias en España. Chegou a Barcelona o 23 de febreiro de 1923 para dar unha conferencia no
Institut d´Estudis Catalans
, o 1 de marzo chegou a Madrid para dar unha conferencia na
Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas
predecesor do actual
CSIC
, e o 12 de outubro marchou a Zaragoza. En España coñeceu a
Esteve Terradas
que falaba perfectamente alemán
26
. En Madrid, recibiu o título
Honoris Causa
concedido pola Universidade Central.
27
Con posterioridade á visita mencionada, con impacto nos medios, mais controvertida no que foi o seu impacto científico, no ano
1925
Einstein estivo de paso en Galicia, facendo escala na Coruña e Vigo no seu camiño a Hispanoamérica. Antes, no
1920
, o xornal '
El Norte de Galicia
' publicaba unha tradución sobre a relatividade, e no
1921
Xosé Fernández España, na
Reunión Recreativa de Artesanos
da Coruña daba unha conferencia sobre a relatividade, e en Vigo, Xulio Segovia Lapique, facía o propio na inauguración de curso da Escola de Artes e Oficios
28
Derradeiros anos
editar
editar a fonte
Einstein e o seu estudante
Leo Szilard
inventaron un tipo de refrixerador (xeralmente chamado "Refrixerador de Einstein") no
1926
Arquivado
10 de marzo de 2007 en
Wayback Machine
que patentaron o
11 de novembro
de
1930
co número US1781541. A patente cubría un ciclo de refrixeración termodinámica que subministra arrefriamento sen partes móbiles só empregando o electromagnetismo, a
presión
constante, só con
calor
como entrada. O ciclo de refrixeración usa
amoníaco
butano
auga
. Comercialmente non tivo éxito polo molesto ruído que facía. Esta bomba electromagnética emprégase para refrixerar reactores nucleares.
Tras subir ó poder
Adolf Hitler
no
1933
, Einstein foi acusado polo réxime
nazi
de crear unha "física xudía" e os físicos de ideoloxía nazi (incluíndo o
Premio Nobel
Johannes Stark
) tentaron desacreditar as súas teorías. Por todo isto, Einstein emigrou ós
Estados Unidos
e, no
1935
, obtivo a residencia permanente neste país. Aceptou un posto no
Institute for Advanced Study
en
Princeton
Nova Jersey
. Obtivo a cidadanía norteamericana no
1940
(mantendo ó tempo a cidadanía suíza).
Durante os corenta derradeiros anos, Einstein tratou de unificar gravidade e electromagnetismo de xeito clásico, aumentando o coñecemento sobre a mecánica cuántica. Mais, ó final da súa vida, xa estaban en marcha as teorías de unificación electrodébil, que nunca considerou, habendo quen especifica que "nos seus últimos anos, os seus coñecementos de física non eran xa abondos. Era imposible que obtivese resultados positivos".
29
Princeton
editar
editar a fonte
O seu traballo en Princeton estaba enfocado na unificación das
leis da física
. Einstein colleu como traballo a investigación da unificación das forzas fundamentais e adicou a súa estancia en Princeton a este tema. Non acadou o seu obxectivo, en parte porque as
forzas forte
débil
foron comprendidas de xeito independente sobre
1970
, quince anos despois da súa morte. Non obstante, o seu traballo foi continuado cara á unificación das forzas, en camiño do que se levan dados diversos pasos, o derradeiro, a chamada
Teoría de cordas
Teoría Xeral da Gravitación
editar
editar a fonte
Einstein comezou a crear a
Teoría Xeral da Gravitación
coa lei universal da
gravitación
e a forza electromagnética na súa primeira tentativa de amosar a unificación e a simplificación das forzas fundamentais. Na década de
1950
, describiu o seu traballo nun artigo da revista
Scientific American
. Einstein guiouse pola crenza nunha única medida estatística da variación de todo o conxunto das leis da física e investigou propiedades semellantes das forzas electromagnéticas e gravitacionais, por seren infinitas no seu alcance e obedeceren á mesma razón inversa.
A teoría xeral da gravitación de Einstein é unha aproximación matemática á
teoría dos campos
. Investigouna reducindo os diferentes fenómenos por un proceso lóxico a unha única cousa máis coñecida ou evidente. Einstein tentou unificar a gravidade e o electromagnetismo nun xeito que conducira a un novo e enxeñoso entendemento da mecánica cuántica.
Einstein asumiu unha estrutura de catro dimensións espazo-temporais continua, expresábel en axiomas representados en función de catro vectores. As partículas aparecen nas súas investigacións como unha rexión limitada do espazo en que o campo de forza ou a densidade de enerxía son particularmente elevadas. Einstein tratou as partículas subatómicas nesta investigación como obxectos encaixados no campo unificado, influenciándoo e existindo como un constituínte esencial do campo unificado, pero de xeito separado ó mesmo campo. Einstein tamén investigou unha xeneralización natural dos campos de tensión simétricos, tratando a combinación das dúas partes do campo como un proceso natural do campo como un todo, e non as partes simétricas e antisimétricas de xeito separado. Procurou un xeito de formular as ecuacións para que derivasen dun principio variacional.
Einstein tornouse máis e máis illado na súa procura sobre unha Teoría Xeral da Gravitación (sendo caracterizado como un "científico tolo" por estes esforzos) e non obtivo éxito na súa tentativa de construír unha teoría que unificase a Relatividade Xeral e a
mecánica cuántica
Anos finais
editar
editar a fonte
En
1952
, o goberno de
Israel
propúxolle a Einstein o posto de vicepresidente. El rexeitou a oferta.
Faleceu en
Princeton
en
1955
, deixando a Teoría Xeral da Gravitación sen resolver. Foi incinerado o mesmo día
18 de abril
de 1955 en
Trenton
Nova Jersey
Visión política
editar
editar a fonte
Casa de Einstein en Berlín
Einstein considerouse a si mesmo un
pacifista
30
humanista
31
As súas visións sobre outros temas, como o
socialismo
ou o
McCartismo
e o
racismo
eran claras. Socialista e fortemente anticapitalista
32
, tamén chamou a atención sobre a deriva fascista do estado israelí
33
FBI
estadounidense creou un ficheiro con 1.427 páxinas acerca das súas actividades e recomendou que se lle prohibira inmigrar ós
Estados Unidos
, pois as súas ideas 'traerían a
anarquía
' e 'un goberno só no nome' segundo palabras do relatorio.
34
Einstein inicialmente apoiou a construción dunha
bomba atómica
para que
Hitler
non a tivese primeiro, e mandou unha carta ó presidente
Franklin Delano Roosevelt
2 de agosto
de
1939
(antes da
Segunda guerra mundial
) animándoo ó inicio dun programa para a súa construción. Pero despois da guerra, pasou a militar polo desarme nuclear.
A súa visión
relixiosa
era próxima á do
panteísmo
de
Baruch Spinoza
: cría que
Deus
se revelou na harmonía das leis da natureza, e rexeitaba un Deus capaz de interactuar cos seres humanos.
Albert Einstein legou os seus manuscritos á
Universidade Hebrea de Xerusalén
Notas
editar
editar a fonte
"Albert Einstein's nationality"
(en
inglés
. Arquivado dende
o orixinal
o 22 de xullo de 2011
. Consultado o 30 de xullo de 2015
Naceu con nacionalidade
alemá
, logo foi un tempo apátrida, despois nacionalizouse
suízo
e finalmente adquiriu a nacionalidade
estadounidense
Whittaker, Edmund (1 de novembro de 1955).
"Albert Einstein. 1879-1955"
Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society
(en
inglés
(The Royal Society)
: 36–67.
ISSN
0080-4606
doi
10.1098/rsbm.1955.0005
Yang, Fujia; Hamilton, Joseph H. (2010).
Modern Atomic and Nuclear Physics
(en
inglés
. World Scientific. p.
274.
ISBN
978-981-4277-16-7
Howard, Don A., ed. (2014) [2004].
"Einstein's Philosophy of Science"
Stanford Encyclopedia of Philosophy
(en
inglés
. CSLI, Stanford University
. Consultado o 4 de febreiro de 2015
Howard, Don A. (2005).
"Albert Einstein as a Philosopher of Science"
(PDF)
Physics Today
(en
inglés
(American Institute of Physics)
58
(12): 34–40.
Bibcode
2005PhT....58l..34H
ISSN
0031-9228
doi
10.1063/1.2169442
. Arquivado dende
o orixinal
(PDF)
o 09 de outubro de 2022
. Consultado o 8 de marzo de 2015
vía University of Notre Dame.
Bodanis, David (2000).
mc
: A Biography of the World's Most Famous Equation
(en
inglés
. New York: Walker.
"Scientific Background on the Nobel Prize in Physics 2011. The accelerating universe"
(PDF)
(en
inglés
. Nobel Media AB. p.
2. Arquivado dende
o orixinal
(PDF)
o 28 de agosto de 2015
. Consultado o 4 de xaneiro de 2015
vía Nobelprize.org.
"Albert Einstein Biography"
Biography.com
(en
inglés
. Consultado o 30 de xullo de 2015
"The Nobel Prize in Physics 1921"
(en
inglés
. Arquivado dende
o orixinal
o 09 de febreiro de 2004
. Consultado o 12 de xaneiro de 2004
"Albert Einstein - Questions and Answers"
www.nobelprize.org
. Consultado o
2015-11-25
Paul Arthur Schilpp, ed. (1951).
Albert Einstein: Philosopher-Scientist
(en
inglés
II
. Nova York: Harper and Brothers. pp.
730–746.
Pais, Abraham; Penrose, Roger (2005).
Subtle Is the Lord: The Science and the Life of Albert Einstein
(en
inglés
. p.
16
ISBN
0-19-280672-6
"IUPAC Gold Book - einstein"
goldbook.iupac.org
. Consultado o
2015-11-25
Folsing, Albrecht (1997).
Albert Einstein: a biography
(en
inglés
. Nova York: Viking. p.
299
"Einsteinium"
Periodic Table of Elements
(en
inglés
. Los Alamos National Laboratory
. Consultado o 30 de xullo de 2015
Einsteinium is named after Albert Einstein
Alice Calaprice e Trevor Lipscombe,
Albert Einstein: A Biography
, 2005, páxina XV,
ISBN 0-313-33080-8
Jürgen Neffe
Einstein - eine Biographie
. Rowohlt, 2005,
ISBN 3-499-61937-7
Schilpp (Ed.)
Albert Einstein — Autobiographical Notes
. Open Court Publishing Company, 1979, pp. 8–9.
Thomas Sowell
The Einstein Syndrome: Bright Children Who Talk Late
. Basic Books, 2001, pp. 89–150.
ISBN 0-465-08140-1
Mark A. Runco e Steven R. Pritzker
Encyclopedia of Creativity i-z
, 1999, páxina 644,
ISBN 0-12-227075-4
Abraham Pais, Roger Penrose, páxina 39
Roger Highfield e Paul Carter,
The Private Lives of Albert Einstein
, London: Faber and Faber, 1993, p. 21,
ISBN 0-571-17170-2
J. Renn & R. Schulmann,
Albert Einstein/Mileva Marić: The Love Letters
, 1992, pp.
73–74, 78.
A. Calaprice & T. Lipscombe,
Albert Einstein: A Biography
, 2005, pp.
22–23.
Urs Wüthrich (11 April 2015).
"Die Liebesbriefe des untreuen Einstein"
The love letters of the unfaithful Einstein
BZ Berner Zeitung
(en German)
(Bern, Switzerland)
. Consultado o
2015-04-11
Ich denke in innigster Liebe an Dich in jeder freien Minute und bin so unglücklich, wie nur ein Mensch es sein kann.
Tecnología Obsoleta (ed.).
"Einstein en España"
. Consultado o 19 de outubro de 2013
Olmedo de Cerdá, María Francisca (2004).
Anecdotario histórico español
. Valencia: Carena Editors. p.
57.
ISBN
84-87398-93-6
Francisco Díaz-Fierros (4/7/2017).
"Einstein en Galicia"
. Consultado o 12/7/2017
Glashow, Sheldon L. (1994).
Interacciones
: una visión del mundo desde el encanto de los átomos
. Barcelona: Tusquets. p.
378.
ISBN
84-7223-429-0
OCLC
43732833
"Peace and War"
amnh.org/
(en
inglés
. 4 de febreiro de 2005. Archived from the original on 04 de febreiro de 2005
. Consultado o 4 de xuño de 2024
"Global Citizen"
amnh.org
(en
inglés
. 4 de febreiro de 2005. Archived from the original on 04 de febreiro de 2005
. Consultado o 4 de xuño de 2024
Por que socialismo?
(en
castelán
Orixinal en inglés
, publicado no primeiro número da revista Monthly Review (maio de 1949).
Carta publicada no New York Times
Arquivado
09 de xaneiro de 2009 en
Wayback Machine
o 2 de decembro de 1948, asinada por Einstein canda outras personalidades xudeas.
"Albert Einstein"
foia.fbi.gov
(en
inglés
. 10 de agosto de 2004. Archived from the original on 10 de agosto de 2004
. Consultado o 4 de xuño de 2024
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Galicitas
posúe citas sobre:
Albert Einstein
Commons
ten máis contidos multimedia sobre:
Albert Einstein
Bibliografía
editar
editar a fonte
Bibliografía xeral
editar
editar a fonte
Alfonseca, Manuel (1998).
Diccionario Espasa. 1.000 grandes científicos
. Madrid: Espasa Calpe.
ISBN
84-239-9236-5
Albert Einstein
. (2004). "Colección Grandes Biografías, 59". Editorial Planeta-De Agostini.
Barcelona
, España.
ISBN 84-395-4730-7
Amis, Martin. (2005).
Los monstruos de Einstein
. Ediciones Minotauro. Barcelona, España.
ISBN 84-450-7089-4
Clark, Ronald W.
Einstein: The Life and Times
, 1971,
ISBN 0-380-44123-3
Conferencia de Ciencia, Filosofía y Religión en su Relación con la Forma de Vida Democrática,
Science, Philosophy, and Religion, A Symposium
(Simposio de ciencia, filosofía y religión), Nova York, 1941.
Dukas, Helen, e Banesh Hoffman,
Albert Einstein: The Human Side
(Albert Einstein, el lado humano), Princeton University Press.
Einstein, Albert (marzo de 1996).
Este es mi pueblo
. Título original
Dies ist mein volk
. Buenos Aires: Leviatan.
ISBN
978-9505163076
Hart, Michael H.
The 100
, Carol Publishing Group, 1992,
ISBN 0-8065-1350-0
Isaacson, Walter
(2008).
Einstein. Su vida y su universo
. Debate.
ISBN
978-84-8306-788-8
Kaku, Michio
(2005).
El Universo de Einstein: Cómo la visión de Albert Einstein transformó nuestra comprensión del espacio y el tiempo
. Antoni Bosch editor.
ISBN
84-95348-17-9
Pais, Abraham
Subtle is the Lord. The Science and the Life of Albert Einstein
, 19 82,
ISBN 0-19-520438-7
Parker, Barry
Einstein's Brainchild
, 280 páxs., 2000, Prometheus Books,
ISBN 1-57392-857-7
(en inglés)
Einstein e a teoría da relatividade
editar
editar a fonte
Einstein, Albert (1941). "Demostración de la no existencia de campos gravitacionales sin singularidades de masa total no nula".
Revista de Matemáticas
(Arxentina:
Universidad Nacional de Tucumán
): 280.
OL
18968949M
Einstein, Albert,
El significado de la relatividad
, Espasa Calpe, 1971.
Greene, Brian
El universo elegante
, Planeta, 2001.
Hawking, Stephen
Breve historia del tiempo
, Planeta, 1992,
ISBN 968-406-356-3
(2002).
El Universo en una cáscara de nuez
(6ª ed.).
ISBN
84 8432 293 9
Robinson, Andrew (2010).
Einstein; Cien años de relatividad
. Blume.
ISBN
978 84 8076 882 5
Russell, Bertrand
El ABC de la relatividad
, 1925.
Schwinger, Julian
(1986):
Einstein's Legacy: The Unity of Space and Time
. Scientific American Library. 250 páxs. Nova York
ISBN 0-7167-5011-2
El Legado de Einstein. La unidad del espacio y el tiempo
. Prensa Científica, S.A., Biblioteca Scientific American. 250 páxs. Barcelona, 1995,
ISBN 84-7593-054-9
Material dixital
editar
editar a fonte
Byron Preiss Multimedia
. (2001).
Einstein y su teoría de la relatividad
. "Colección Ciencia Activa". Anaya Multimedia-Anaya Interactiva.
Madrid
, España.
ISBN 84-415-0247-1
. (dous
CD
e un manual).
Outros artigos
editar
editar a fonte
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral
Ligazóns externas
editar
editar a fonte
Einstein, 1920
Páxinas sobre Einstein
S. Morgan Friedman, "
Albert Einstein Online
Arquivado
03 de setembro de 2008 en
Wayback Machine
", Listaxe de recursos sobre Einstein.
(en
inglés
MacTutor Einstein History
Os Premios Nobel de Física 1921
Albert Einstein
Teoría da Relatividade
Arquivado
10 de decembro de 2005 en
Wayback Machine
esmiuzada para novatos no tema
NOVA Einstein
Juergen Schmidhuber's Einstein biographical highlights
Arquivos
Arquivos oficiais de Einstein en liña
Arquivado
11 de agosto de 2011 en
Wayback Machine
—3.000 documentos
Einstein Papers Project
Einstein en vivo, Instituto Max Planck
American Institute of Physics's Einstein
Arquivado
25 de novembro de 2005 en
Wayback Machine
American Museum of Natural History's Einstein
Albert Einstein Archive
Textos e imaxes
Einstein, Albert:
"On the Electrodynamics of Moving Bodies"
, en
Annalen der Physik
, 30 de xuño de 1905.
Einstein, Albert:
"Does the Inertia of a Body Depend Upon Its Energy Content?"
, en 'Annalen der Physik
, 27 de setembro de 1905.
Einstein, Albert:
"Inaugural Lecture to the Prussian Academy of Sciences" (inglés)
. 1914. [PDF]
Relativity - The Special And General Theory
Arquivado
14 de agosto de 2019 en
Wayback Machine
[Project Gutenberg E-text]
Einstein, Albert:
"On the Generalized Theory of Gravitation"
, abril de 1950.
Fotos familiares de Einstein
Arquivado
08 de novembro de 2005 en
Wayback Machine
Imaxes de Albert Einstein vía Google
Goberno
Carta de Einstein a Roosevelt
Arquivado
24 de decembro de 2005 en
Wayback Machine
FBI files
—Investigación do FBI sobre Einstein e a súa relación co Partido Comunista
Predecesor:
Charles Edouard Guillaume
Premio Nobel de Física
1921
Sucesor:
Niels Bohr
Laureados co
Premio Nobel de Física
1901
1925
1901:
Röntgen
02:
Lorentz
Zeeman
03:
Becquerel
P.Curie
M.Curie
04:
Strutt
05:
Lenard
06:
Thomson
07:
Michelson
08:
Lippmann
09:
Marconi
Braun
10:
van der Waals
11:
Wien
12:
Dalén
13:
Kamerlingh Onnes
14:
von Laue
15:
W.L.Bragg
W.H.Bragg
17:
Barkla
18:
Planck
19:
Stark
20:
Guillaume
21:
Einstein
22:
N.Bohr
23:
Millikan
24:
Siegbahn
25:
Franck
Hertz
1926
1950
1926:
Perrin
27:
Compton
Wilson
28:
Richardson
29:
de Broglie
30:
Raman
32:
Heisenberg
33:
Schrödinger
Dirac
35:
Chadwick
36:
Hess
Anderson
37:
Davisson
Thomson
38:
Fermi
39:
Lawrence
43:
Stern
44:
Rabi
45:
Pauli
46:
Bridgman
47:
Appleton
48:
Blackett
49:
Yukawa
50:
Powell
1951
1975
1951:
Cockcroft
Walton
52:
Bloch
Purcell
53:
Zernike
54:
Born
Bothe
55:
Lamb
Kusch
56:
Shockley
Bardeen
Brattain
57:
Yang
Lee
58:
Cherenkov
Frank
Tamm
59:
Segrè
Chamberlain
60:
Glaser
61:
Hofstadter
Mössbauer
62:
Landau
63:
Wigner
Goeppert-Mayer
Jensen
64:
Townes
Basov
Prokhorov
65:
Tomonaga
Schwinger
Feynman
66:
Kastler
67:
Bethe
68:
Alvarez
69:
Gell-Mann
70:
Alfvén
Néel
71:
Gabor
72:
Bardeen
Cooper
Schrieffer
73:
Esaki
Giaever
Josephson
74:
Ryle
Hewish
75:
A.Bohr
Mottelson
Rainwater
1976
2000
1976:
Richter
Ting
77:
Anderson
Mott
van Vleck
78:
Kapitsa
Penzias
Wilson
79:
Glashow
Salam
Weinberg
80:
Cronin
Fitch
81:
Bloembergen
Schawlow
Siegbahn
82:
Wilson
83:
Chandrasekhar
Fowler
84:
Carlo Rubbia
van der Meer
85:
von Klitzing
86:
Ruska
Binnig
Rohrer
87:
Bednorz
Müller
88:
Lederman
Schwartz
Steinberger
89:
Ramsey
Dehmelt
Paul
90:
Friedman
Kendall
Taylor
91:
de Gennes
92:
Charpak
93:
Hulse
Taylor
94:
Brockhouse
Shull
95:
Perl
Reines
96:
D. Lee
Osheroff
Richardson
97:
Chu
Cohen‑Tannoudji
Phillips
98:
Laughlin
Störmer
Tsui
99:
't Hooft
Veltman
2000:
Alferov
Kroemer
Kilby
2001
2001:
Cornell
Ketterle
Wieman
02:
Davis
Koshiba
Giacconi
03:
Abrikosov
Ginzburg
Leggett
04:
Gross
Politzer
Wilczek
05:
Glauber
Hall
Hänsch
06:
Mather
Smoot
07:
Grünberg
Fert
08:
Kobayashi
Maskawa
Nambu
09:
Kao
Boyle
Smith
10:
A. Gueim
K. Novosiólov
11:
Perlmutter
Riess
Schmidt
12:
Haroche
Wineland
13:
Englert
Higgs
14:
Akasaki
Amano
Nakamura
15:
Kajita
McDonald
16:
Thouless
Haldane
Kosterlitz
17:
Weiss
Barish
Thorne
18:
Ashkin
Mourou
Strickland
19:
Peebles
Mayor
Queloz
20:
Penrose
Genzel
Ghez
21:
Manabe
Hasselmann
Parisi
22:
Aspect
Clauser
Zeilinger
23:
Agostini
Krausz
L'Huillier
24:
Hopfield
Hinton
Control de autoridades
Q937
WorldCat
VIAF
75121530
AlloCiné
36179
BAV
ADV10181679
BIBSYS
90053072
BiTraGa
4450
BLBNB
000584933
BMT
9689
BNB:
ID
BNCHL
000034649
BNE
XX834035
BNF
119016075
BNR:
000074139
BRE
4940471
Bridgeman:
41865
CANTIC
a10077078
CiNii
DA00708434
DeutscheBio:
118529579
Dialnet
278727
Discogs
430935
Dodis
P20204
EBID
ID
EcuRed
Albert_Einstein
EGAXA
vtls000837931
EGU
117721
FAST
32023
Filmportal:
ID
GEA
4887
GEC
0023623
GiantBomb
3005-791
GND
118529579
Gutenberg
1630
HDS
028814
ICCU
CFIV035853
IMDb
nm0251868
ISNI
000000012281955X
LAC
0053C3375
LCCN
n79022889
Leopoldina
3232
LibraryThing
einsteinalbert
LibriVox
1035
MGP
53269
MR
62280
MusicBrainz
ID
Munzinger:
00000000666
NCL
000714101
NDL
00438728
NKC
jn19990002019
NLA
36582360
NLG
76370
NNDB
000022236
NPG
mp73025
NTA
068350767
OBP:
ID
OL
OL3175986A
openMLOL:
22128
ORCID
0000-0001-9183-9538
PARES:
156938
Persée
1638902
PTBNP
26339
Rotten Tomatoes
albert_einstein
RSL
000021094
Scholar
qc6CJjYAAAAJ
Scopus
22988279600
SELIBR
184709
SNAC:
w63c6p77
SUDOC
026849186
TMDb:
1317625
Treccani
albert-einstein
TVcom
albert-einstein
TVGuide
218603
TV Tropes
AlbertEinstein
ULAN
500240971
UNZ
EinsteinAlbert
WikiTree
Einstein-1
zbMATH
einstein.albert
Obtido de «
Categoría
Albert Einstein
Categorías agochadas:
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Wikipedia:Páxinas que usan ligazóns máxicas ISBN
Albert Einstein
Nova sección
US