Alemaña - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Coord.:
51°N
10°L
51,
10
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o actual país que existe dende 1990.
Para a República Federal de Alemaña de 1949–1990 véxase:
República Federal Alemá
Este artigo
precisa de máis
fontes ou referencias
que aparezan nunha
publicación acreditada
que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude
mellorando este artigo
(Desde outubro de 2015.)
Alemaña
Bundesrepublik Deutschland
(de)
Deutschland
(de)
Bandeira
Brasón
Himno
Himno nacional alemán
(1922)
Lema
Einigkeit und Recht und Freiheit
Epónimo
Xermania Magna
alamanos
saxóns
Prusia
tudesco
estranxeiro
mudez
Localización
51°N
10°L
51,
10
Capital
Berlín
(1990–)
Contén a división administrativa
Baden-Württemberg
(1952–)
Baixa Saxonia
Baviera
Berlín
(1990–)
Brandeburgo
(1990–)
Estado de Bremen
Hamburgo
Hessen
Mecklemburgo-Antepomerania
(1990–)
Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen
Renania-Palatinado
Sarre
(1957–)
Saxonia - Sachsen
(1990–)
Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt
(1990–)
Schleswig-Holstein
Turinxia
(1990–)
Poboación
Poboación
83.577.140
(2024)
(233,72
hab./km²
Lingua oficial
lingua alemá
Xeografía
Superficie
357.587,77 km²
Auga
2,3
Bañado por
Mar Báltico
Mar do Norte
Punto máis alto
Zugspitze
(2.962 m)
Punto máis baixo
Neuendorf-Sachsenbande
(−3,54 m)
Comparte fronteira con
Dinamarca
norte
Bélxica
oeste
Países Baixos
oeste
Austria
sur-sueste
Luxemburgo
oeste
Suíza
sur-suroeste
Francia
suroeste
Polonia
leste
República Checa
(1993–)
Datos históricos
Precedido por
Alemaña do Oeste
República Democrática Alemá
Reich Alemán
Trizona
Reich Alemán
Creación
23 de maio de 1949
Alemaña do Oeste
Evento clave
8 de abril de 1949
Occupation statute
(en)
23 de maio de 1949
Lei Fundamental da República Federal de Alemaña
1 de xaneiro de 1957
Sarre
1957
Treaties of Rome
(en)
13 de agosto de 1961
Muro de Berlín
22 de xaneiro de 1963
Tratado do Elíseo
1972
Xogos Olímpicos de 1972
Múnic
21 de decembro de 1972
Basic Treaty
(en)
1 de xullo de 1990
união econômica, monetária e social
(pt)
12 de setembro de 1990
Tratado Dous Máis Catro
15 de marzo de 1991
Reunificación de Alemaña
decembro de 1995
Guerras iugoslavas
decembro de 2001
Guerra de Afganistán
Día festivo
Aninovo
1 de xaneiro
Venres Santo
2 días antes de Pascua
Luns de Pascua
Easter monday
Día Internacional dos Traballadores
1 de maio
Día da Ascensión
39 días despois de Pascua
luns de Pentecoste
50 días despois de Pascua
Tag der Deutschen Einheit
3 de outubro
Día de Nadal
25 de decembro
Segundo día de Nadal
26 de decembro
Santo padrón
arcanxo Miguel
Organización política
Forma de goberno
república
federación
república parlamentaria federal
República parlamentaria
Presidente
Frank-Walter Steinmeier
(2017–)
Órgano executivo
Goberno federal de Alemaña
Chanceler federal
Friedrich Merz
(2025–)
Órgano lexislativo
Bundesrat
(Escano: 69)
Máxima autoridade xudicial
Tribunal Constitucional de Alemaña
Membro de
CERN Council
Grupo para as observacións da Terra
Banco Africano de Desenvolvemento
../... 80+
PIB nominal
4.121.200.000.000 € (2023)
Orzamento
476.290.763.000 € (2023)
Moeda
euro
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+01:00
horario estándar
UTC+02:00
horario de verán
Dominio de primeiro nivel
.de
Prefixo telefónico
+49
Teléfono de emerxencia
112
110
Código de país
DE
Código NUTS
DE
Sitio web
verwaltung.bund.de
Alemaña
pronunciación
axuda
info
) (en
alemán
Deutschland
[ˈdɔʏtʃlant]
axuda
info
, en
alto sorbio
Němska
, en
baixo alemán
Düütschland
, en
baixo sorbio
Nimska
, en
dinamarqués
Tyskland
, en
frisón
Dütschland
, en
romaní
Jermaniya
) oficialmente
República Federal de Alemaña
pronunciación
axuda
info
) (en
alemán
Bundesrepublik Deutschland
[ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant]
axuda
info
) é un estado federal da
Europa central
. Limita ao norte co
mar do Norte
Dinamarca
e o
mar Báltico
, ao leste con
Polonia
e a
República Checa
, ao sur con
Austria
Suíza
, e ao oeste con
Francia
Luxemburgo
Bélxica
e os
Países Baixos
. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un
clima temperado estacional
Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, é o país máis poboado da
Unión Europea
e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada
Xermania
, habitada polos
Xermanos
, foi coñecida e
documentada
antes do ano
100 a.C.
. Dende o
século X
os territorios alemáns formaron parte do
Sacro Imperio Romano Xermánico
até
1806
. Durante o
século XVI
, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da
Reforma protestante
. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en
1871
, durante a
guerra franco-prusiana
. Trala
Segunda guerra mundial
, Alemaña ficou dividida en dous estados con fronteiras determinadas polas tropas aliadas en
1949
. Ambos países
reunificáronse
en
1990
. Alemaña (RFA) foi membro fundador da
CEE
en
1957
, convertida na
Unión Europea
en
1993
. Asemade, o país forma parte da
Zona Schengen
e adoptou o
Euro
en
1999
Alemaña é unha
república parlamentaria
federal
constituída por
dezaseis estados
(en
alemán
Bundesländer
). A capital e principal cidade do país é
Berlín
. É membro das
Nacións Unidas
, a
OTAN
, o
G8
e o
G4
, e tamén asinou o
protocolo de Kyoto
. O país constitúe a
quinta maior economía
por
PIB
e o principal país exportador no ano
2007
. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria para a cooperación co desenvolvemento,
e o sexto en gasto militar.
O país desenvolveu un
alto nivel de vida
e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores
europeos
e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder
científico
tecnolóxico
en diversos eidos.
Etimoloxía
editar
editar a fonte
O termo "Alemaña" deriva do
francés
Allemagne
(terra dos
alamáns
), en referencia ao pobo xermánico de mesmo nome que vivía na actual rexión fronteiriza entre
Francia
e Alemaña, e que durante o
século V
cruzou o
Río Rin
e invadiu a
Galia
O país tamén é coñecido por
Xermania
, que deriva do
latín
Germania
(terra dos
xermanos
).
Debido á súa situación xeográfica no
centro de Europa
e á súa longa historia coma rexión formada por variados tribos e estados, hai unha gran variedade de nomes do país, probablemente máis que calquera outra rexión europea. Así, en xeral, os nomes de Alemaña pódense clasificar en seis grupos diferentes:
Do
protoxermánico
"Þeudiskaz" (
da xente
) xorden os nomes de
Deutschland
alemán
),
Þýskaland
islandés
) ou
Tyskland
dinamarqués
).
Do
latín
Germania
" xorden por exemplo
Germany
inglés
),
Germania
italiano
) ou
An Ghearmáin
irlandés
).
A partir do nome da tribo dos
alamáns
xorde o
galego
Alemaña
, ademais doutros exemplos como o
bretón
Alamagn
, o
turco
Almanya
Do nome da tribo dos
saxóns
proveñen por exemplo o
estoniano
Saksamaa
e o
finés
Saksa
Do
antigo eslavo
proveñen, entre outras, as formas
Njemačka
bosníaco
),
Nemačka
serbio
) ou
Nemčija
esloveno
).
Posiblemente da palabra
xermánica
Volk (
folk
) xorden o
letón
Vācija
ou o
lituano
Vokietija
Historia
editar
editar a fonte
Artigo principal
Historia de Alemaña
Tribos xermánicas
editar
editar a fonte
Artigos principais
Pobos xermánicos
Xermania (Roma)
A etnoxénese das
tribos xermánicas
asúmese que ocorreu durante a
Idade de Bronce
nórdica
ou, ao máis tardar, durante a
Idade de Ferro
prerromana
. A partir da
Escandinavia
meridional e do norte de Alemaña, as tribos comezaron a expandirse cara ao sur, leste e oeste no
século I a. C.
, e entraron en contacto coas tribos
celtas
da
Galia
, así como tribos
iranianas
bálticas
, e tribos
eslavas
na
Europa Oriental
. Pouco se sabe sobre historia xermánica antes diso, excepto a través das súas interaccións co
Imperio Romano
, pescudas etimolóxicas e achados arqueolóxicos.
Expansión das
tribos xermánicas
750 a. C.
1 d. C.
).
Por orde do emperador
Augusto
, o xeneral romano Publius Quinctilius Varus comezou a invadir
Xermania
(termo usado polos romanos para definir un territorio que comezaba no
río Rin
e ía até os
Urais
), e foi neste período cando as tribos xermánicas se familiarizaron coas tácticas de guerra romanas, mantendo porén a súa identidade tribal. No
9 d. C.
, tres
lexións romanas
lideradas por Varo foron derrotadas polo líder
querusco
Arminio
na
batalla da fraga de Teutoburgo
. O territorio da actual Alemaña, así como os vales dos
ríos Rin
Danubio
, permaneceron fóra do
Imperio Romano
. No ano
100 d. C.
, na época do libro
Xermania
de
Publio Cornelio Tácito
, as tribos xermánicas asentadas ao longo do Rin e do Danúbio (a
Limes Germanicus
ou
fronteira xermánica
) ocupaban a maior parte da área da actual Alemaña. O
século III
viu o xurdir dun gran número de tribos xermánicas occidentais:
alamáns
francos
chatti
saxóns
frisios
anglos
suevos
visigodos
vándalos
godos
ostrogodos
longobardos
sicambres
turinxios
. Ao redor do
260
, os pobos xermánicos romperon as súas fronteiras do Danubio e expandiron a
limes
cara ás terras romanas.
No ano
723
o territorio da
Xermania
central foi obxecto da predicación do apóstolo
inglés
Wynfrith
, que adoptou o nome latino co que foi canonizado de Bonifacio. A conversión dos
saxóns
do norte deuse só durante o imperio
carolinxio
(comezos do
século IX
), coa súa conversión
Carlomagno
ao final puido civilizar a súa rexión, unificando culturalmente a Alemaña, como os romanos fixeran na
Galia
Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806)
editar
editar a fonte
Artigo principal
Sacro Imperio Romano Xermánico
Os Príncipe Electores do
Sacro Imperio Romano
1341
).
25 de decembro
de
800
foi fundado o
Imperio Carolínxio
, o cal foi dividido en
843
. O imperio medieval xurdiu coa porción oriental deste, existindo en diversas formas dende
962
até
1806
. Estendíase dende o
Río Eider
, ao norte do país, até o
Mediterráneo
, no litoral sur. Moitas veces referido coma o
Sacro Imperio Romano
(ou o Antigo Imperio), foi oficialmente chamado Sacro Imperio Romano da Nación Alemá (en
latín
: "Sacro Romanum Imperium Nationis Germanicæ") a partir de
1448
, para axustar o nome para o seu territorio de entón.
Martiño Lutero
deu inicio á
Reforma protestante
Só co reinado dos emperadores
Otonianos
(919-1024) foron consolidados os
ducados
de
Lorena
Saxonia
Franconia
Suabia
Turinxia
Baviera
, e o rei alemán foi coroado
Emperador do Sacro Imperio Romano
desas rexións en
962
. Baixo o reinado dos emperadores
Salianos
(1024-1125), o Sacro Imperio Romano absorbeu o norte da
Italia
e a
Borgoña
. Con todo, o emperador perdeu parte do poder a través da
Querela das Investiduras
coa
Igrexa católica
. Baixo os emperadores
Hohenstaufen
(1138-1254), os príncipes alemáns aumentaron a súa influencia cara ao sur e o leste, territorios habitados por
pobos eslavos
bálticos
estonianos
antes da ocupación alemá da rexión.
Co colapso do poder imperial en
1250
, debido ao constante batallar coa
Igrexa católica
, fíxose necesario a creación dun novo sistema de escolla do emperador. Creouse así, o consello dos sete príncipes-electores, que tiñan o poder de escoller o comandante do Sacro Imperio. Durante ese período, as cidades comerciais uníronse para protexer os seus intereses comúns; sendo a máis coñecida delas a
Liga Hanseática
, que reunía poderosas cidades do norte alemán como
Hamburgo
Bremen
. A partir do
século XV
, os emperadores foron elixidos case exclusivamente a partir da dinastía
Habsburgo
de
Austria
O monxe
Martiño Lutero
publicou as súas
95 Teses
en
1517
, desafiando as prácticas da
Igrexa católica
, e dando inicio á
Reforma protestante
. O
luteranismo
tornouse a relixión oficial de moitos estados alemáns tras
1530
o que levou a conflitos relixiosos resultantes da división relixiosa no imperio, que xeraron a
guerra dos Trinta Anos
(1618-1648) que devastou os territorios alemáns. A
Paz de Westfalia
1648
) acabou coa guerra relixiosa entre os estados alemáns, mais o imperio estaba
de facto
dividido en moitos principados independentes. De
1740
en diante, o dualismo entre a Monarquía austríaca dos
Habsburgo
e o
Reino de Prusia
dominou a historia alemá. En
1806
, o
Imperium
foi disolto como resultado das
guerras napoleónicas
Restauración e revolución (1814-1871)
editar
editar a fonte
Artigo principal
Confederación Xermánica
Artigo principal
Unión Alfandegueira Alemá
Parlamento de Frankfurt
1848
).
Despois da caída de
Napoleón Bonaparte
, o
Congreso de Viena
reuniuse en
1814
e a súa resolución fundou a
Confederación Xermánica
(en
alemán
Deutscher Bund
), a unión de
trinta e nove estados soberanos
Desentendementos coa restauración política proposta polo
Congreso de Viena
, parcialmente levou ao xurdir de movementos
liberais
, esixindo unidade e a liberdade. Estes, porén, foron reprimidos con novas medidas de represión por parte do estadista austríaco
Metternich
. A
Zollverein
, unha unión aduaneira, procuraba unha unión económica dos estados alemáns. Durante esta época, moitos alemáns foran axitados cos ideais da
Revolución Francesa
, e o
nacionalismo
pasou a ser unha forza máis significativa, especialmente entre os mozos intelectuais. Por primeira vez, o negro, o vermello e o dourado foron escollidos para representar o movemento, os cales máis tarde se tornaron as cores da
bandeira de Alemaña
Por mor dunha
serie de movementos revolucionarios na Europa
, que estabeleceron con éxito unha república
en Francia
, intelectuais e burgueses comezaron a
Revolución de 1848 nos Estados alemáns
. Os monarcas inicialmente aceptaron as esixencias dos revolucionarios liberais para conter a mobilización popular. Ao Rei
Frederico Guillerme IV
foille ofrecido o título de
Emperador
, mais sen poder
absoluto
. Con todo, rexeitou a coroa e a proposta de
Constitución
, o que conduciu a un revés temporal no movemento.
O conflito entre o rei
Guillerme I
de
Prusia
e o parlamento cada vez máis liberal foi roto durante a reforma militar en
1862
, cando o rei nomeou a
Otto von Bismarck
o novo
Primeiro Ministro
de
Prusia
. Bismarck trabou con logro unha
guerra coa Dinamarca
, en
1864
. A vitoria prusiana na
guerra austro-prusiana
de
1866
permitiu crear a
Confederación Alemá do Norte
(en
alemán
Norddeutscher Bund
), que excluía a
Austria
, ex-líder dos estados alemáns, dos asuntos dos Estados restantes.
Imperio alemán (1871-1918)
editar
editar a fonte
Artigos principais
Unificación Alemá
Imperio alemán
Fundación da moderna Alemaña en
Versalles
Francia
, en
1871
Bismarck
aparece no centro cun uniforme branco.
O estado coñecido como
Alemaña
foi
unificado
como un moderno Estado-nación en
1871
, cando o
imperio alemán
foi creado co
Reino de Prusia
, o seu principal constituínte. Trala derrota francesa na
guerra franco-prusiana
, o Imperio alemán foi proclamado en
Versalles
18 de xaneiro
de
1871
. A
Casa de Hohenzollern
de Prusia declarou o novo imperio, con capital en
Berlín
. O imperio, coñecido como
Segundo Reich
era unha unificación de tódalas partes de Alemaña, agás
Austria
, a
Kleindeutschland
("Pequena Alemaña"). A partir de
1884
, o país comezou a estabelecer
colonias
fóra de
Europa
, primeiro por iniciativa privada e despois co aval estatal. Durante ese período experimentou un gran crecemento económico, cunha forte industrialización, especialmente das industrias
mineira
metalúrxica
, e das derivadas das
enxeñarías eléctrica
mecánica
química
Imperio Alemán
1871
1918
), co
Reino de Prusia
en azul.
No
Gründerzeit
, período posterior á
unificación
, a política externa de
Guillerme I
garantiu a posición do
Imperio Alemán
mediante alianzas comerciais e políticas con outros países europeos. Deste xeito, foi illando a
Francia
por medios diplomáticos, a través de acordos secretos. A unificación foi consolidada con
Rusia
como principal aliada.
Con todo, o káiser
Guillerme II
, como
outras potencias europeas
, tomou un curso
imperialista
debido á fricción cos países veciños. A maior parte das alianzas que Alemaña tiña non foron renovadas, e as novas alianzas excluían o país. Especificamente, Francia estabeleceu novas relacións coa sinatura da
entente cordiale
co
Reino Unido
e garantiu os lazos co
Imperio Ruso
. Alén dos contactos con
Austria-Hungría
, Alemaña tornouse cada vez máis illada. Tivo inicio o período armamentista, a
Paz Armada
O imperialismo alemán, a
Weltpolitik
, superou as súas propias fronteiras e uniuse a outros poderes europeos que reivindicaban a súa parte de
África
, dividida na
Conferencia de Berlín
. Alemaña obtivo varios anacos do continente, como a
África Oriental Alemá
, o
Suroeste Africano Alemán
Togolandia
e o
Camerún
. A repartición de África causou tensión entre as
grandes potencias
, o que contribuíu para as condicións que levaron á
primeira guerra mundial
asasinato
en Saraxevo do príncipe
Francisco Fernando de Austria
28 de xuño
de
1914
desencadeou a
primeira guerra mundial
. Alemaña, como parte das
Potencias Centrais
, foi derrotada polo
bando aliado
. A
revolución alemá
estourou en
novembro
de
1918
, o que forzou ao
káiser
Guillerme I e a tódolos príncipes á
abdicación
. O
11 de novembro
foi asinado un armisticio que puxo fin á coñecida como "Gran Guerra". Alemaña foi forzada a asinar o
Tratado de Versalles
en
xuño
de
1919
. A súa negociación, ao contrario da diplomacia tradicional de posguerra, excluíu as derrotadas
Potencias Centrais
. O tratado foi percibido no país xermánico como unha humillante continuación da guerra por outros medios, e a súa dureza é frecuentemente citada como unha das causas do ascenso do
nazismo
República de Weimar (1919-1933)
editar
editar a fonte
Artigo principal
República de Weimar
Ilustración da época sobre a Dolchstoßlegende, unha táctica da dereita da época para acceder ao poder.
Tralo éxito da
Revolución Alemá
en
novembro
de
1918
, foi proclamada a
República de Weimar
. A súa
constitución
entrou en vigor coa sinatura do
Presidente
Friedrich Ebert
11 de agosto
de
1919
. O
Partido Comunista de Alemaña
Kommunistische Partei Deutschlands
, KPD) foi creado por
Rosa Luxemburg
Karl Liebknecht
en
1918
, e o Partido dos Traballadores Alemán (
Deutsche Arbeiterpartei
, DAP), en
xaneiro
de
1919
. Este último foi o antecedente do
Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores
Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei
, NSDAP
), coñecido tamén como
Partido Nazi
, unha abreviación de Nationalsozialist, por analoxía con
Sozi
, de Sozialdemokrat (
Partido Socialdemócrata de Alemaña
), rival político do DAP.
Sufrindo as duras condicións impostas polo
Tratado de Versalles
, xunto cunha longa sucesión de gobernos máis ben inestábeis, cada vez había menos identificación política coa
democracia parlamentaria
. Esta situación foise agravando pola ampla divulgación dun mito político por parte da dereita (
monárquicos
völkischs
nazis
): a
Dolchstoßlegende
ou
coitelada polas costas
, que alegaba que Alemaña perdera a
Gran Guerra
debido á
Revolución Alemá
e non á derrota militar. Por outro lado, os partidos da esquerda
comunista
, como a
Spartakusbund
, querían abolir o que entendían como "
goberno capitalista
" e estabelecer un
comunismo de consellos
, o
Räterepublik
. Diversos partidos crearon
tropas paramilitares
ou
Freikorps
, e producíronse asasinatos por motivos políticos. Os
Freikorps
sementaban a violencia e a rabia entre o pobo, que sufría unha elevada taxa de
desemprego
pobreza
. Despois dunha serie de gabinetes frustrados, o presidente
Paul von Hindenburg
, empurrado polos seus asesores de dereita, nomeou
chanceler
Adolf Hitler
30 de xaneiro
de
1933
Terceiro Reich (1933-1945)
editar
editar a fonte
Artigos principais
Alemaña nazi
Segunda guerra mundial
Adolf Hitler
, líder do
Terceiro Reich
27 de febreiro
de
1933
produciuse o
incendio do Reichstag
. Como consecuencia, algúns dereitos democráticos fundamentais foron rapidamente revogados por un decreto de emerxencia. Unha Lei de plenos poderes deulle a Hitler o poder lexislativo absoluto. Só o
Partido Socialdemócrata
votou en contra. O
Partido Comunista de Alemaña
non foi quen de presentar oposición, pois os seus membros foran asasinados ou presos. A centralización
totalitaria
estatal foi estabelecida por unha serie de decretos políticos, e Alemaña tornouse nun
Estado de partido único
Houbo queimas de libros de autores considerados "inimigos da nación" e persecucións a artistas e científicos, polo que moitos emigraron, principalmente cara aos
Estados Unidos de América
. A industria foi fortemente regulamentada con cotas e requirimentos, para mudar a economía a unha base produtiva de guerra. En
1936
as tropas alemás entraron na desmilitarizada
Renania
, e as políticas de acougo do
primeiro ministro do Reino Unido
Neville Chamberlain
resultaron insuficientes. Entusiasmado, Hitler seguiu adiante dende
1938
co seu plan de crear a
Großdeutschland
, a Grande Alemaña. En marzo deste ano comezou coa
Anschluss
, a anexión de
Austria
. Para evitar unha guerra de dúas frontes, Hitler concluíu o
Pacto Molotov-Ribbentrop
coa
Unión Soviética
, un pacto que el mesmo rompería máis tarde.
En
1939
, as tensións de nacionalismo, militarismo, e cuestións territoriais levaron ao Terceiro Reich á
blitzkrieg
, a "guerra lóstrego", o
1 de setembro
contra
Polonia
. Dous días despois, o
Reino Unido
Francia
fixeron cadansúa declaración de guerra, o que supuxo o inicio da
Segunda guerra mundial
. Alemaña rapidamente logrou control directo ou indirecto da maioría de
Europa
Berlín
en ruínas trala fin da
segunda guerra mundial
Potsdamer Platz
1945
22 de xuño
de
1941
, Hitler rachou o pacto coa
URSS
. Abriu a Fronte Oriental e puxo en marcha a
Operación Barbarossa
, a invasión da Unión Soviética. En decembro dese ano, o
Xapón
, aliado do Terceiro Reich,
atacou a base de Pearl Harbor
nas illas de
Hawai‘i
, e así Alemaña declarou a guerra aos
Estados Unidos de América
. Aínda que inicialmente o exército alemán avanzou rapidamente sobre a Unión Soviética, a
batalla de Stalingrado
marcou un xiro importante na contenda, pois fixo recuar a
Wehrmacht
, o exército alemán. O
Desembarco de Normandía
marcou unha volta importante sobre a Fronte Occidental. As forzas aliadas desembarcaron no norte de Francia e avanzaron con rapidez, o que precipitou a derrota de Alemaña. O
8 de maio
de
1945
as forzas armadas alemás capitularon
trala ocupación de
Berlín
polo
Exército Vermello
No que foi coñecido posteriormente como o
Holocausto
, o
Terceiro Reich
elaborou políticas que subxugaban directamente moitos colectivos, entre eles a comunidade
xudía
, o
pobo xitano
, persoas
homosexuais
, membros da disidencia
política
ou persoas con
discapacidade
. Durante este período, calcúlase que preto de once millóns de persoas foron asasinadas, incluídas as vítimas dos
campos de concentración e exterminio
. No total, a segunda guerra mundial e o xenocidio nazi foron responsábeis duns 35 millóns de vítimas mortais en
Europa
División e reunificación (1945-1990)
editar
editar a fonte
Artigos principais
República Democrática Alemá
Reunificación alemá
Zonas ocupadas polos
aliados
en Alemaña en
1947
, cos territorios ao leste da liña Oder-Neisse baixo administración
polaca
ou anexión
soviética
, alén do
protectorado de Sarre
e a
Berlín dividida
. A
Alemaña Oriental
era formada pola Zona Soviética, mentres a
Alemaña Occidental
era formada polas zonas
estadounidense
británica
francesa
en
1949
e do
Sarre
en
1957
A guerra supuxo, entre outros, a morte de case dez millóns de soldados alemáns e civís, a expulsión duns 15 millóns de alemáns dos
territorios orientais
e doutros países e a destrución de varias cidades. O resto do territorio nacional foi dividido coa ocupación militar das
potencias aliadas
Berlín
, así mesmo, ficou dividida en catro zonas.
Os sectores controlados por
Francia
, o
Reino Unido
e os
Estados Unidos de América
fusionáronse o
23 de maio
de
1949
e formaron a
República Federal de Alemaña
, a
Bundesrepublik Deutschland
, con capital en
Bonn
. O
7 de outubro
dese mesmo ano, a Zona Soviética creou a
República Democrática de Alemaña
, a
Deutsche Demokratische Republik
, con capital en
Berlín Leste
. A RFA declarou que o
status
de Bonn como capital era provisional, a fin de salientar que a existencia de dous Estados alemáns foi unha solución artificial e provisional.
Alemaña Occidental
, estabelecida como unha
república federal
parlamentaria
e cunha "economía social de mercado", foi aliada dos
Estados Unidos de América
Francia
e o
Reino Unido
. O país chegou a beneficiarse dun crecemento económico prolongado a partir da
década de 1950
, o que se coñeceu como
Wirtschaftswunder
ou milagre económico alemán. Ingresou na
OTAN
en
1955
e foi membro fundador da
Comunidade Económica Europea
en
1958
Muro de Berlín
na fronte da
Porta de Brandeburgo
pronto trala súa apertura en
1989
Pola súa parte, a
Alemaña Oriental
foi un estado do
bloque do leste
baixo control político e militar da
Unión Soviética
a través do
Pacto de Varsovia
. O poder político foi executado exclusivamente polo
Politburo
, os principais membros do
Partido Socialista Unificado de Alemaña
. O seu poder foi asegurado polo
Stasi
, un
servizo secreto
, e unha variedade de sub-organizacións que controlaban tódolos aspectos da sociedade. Á súa vez, as necesidades básicas da poboación foron cubertas por custos baixos polo Estado. A economía planificada foi implantada, e máis tarde a RDA pasou a ser un estado do
COMECON
. O
Muro de Berlín
, construído en
1961
para impedir a fuga para Alemaña Occidental, tornouse nun símbolo da coñecida como
guerra fría
As tensións entre os dous estados alemáns foron lixeiramente calmadas no inicio dos anos
1970
polo
chanceler
Willy Brandt
mediante a
Ostpolitik
, que incluíu a aceptación
de facto
das perdas territoriais de Alemaña na
Segunda guerra mundial
Por mor dunha crecente migración do Leste para Alemaña Occidental a través de
Hungría
e de manifestacións en masa durante o verán de
1989
, as autoridades do Leste alemán facilitaron as condicións fronteirizas en novembro, e permitiron o tránsito do Leste cara ao Occidente. A medida foi orixinalmente concibida como un método de presión para manter a Alemaña Oriental como un estado. Porén, a abertura da fronteira acelerou o proceso de reforma na Alemaña Oriental. Este finalmente concluíu co
Tratado Dous Máis Catro
12 de setembro
de
1990
e a
reunificación alemá
ocorreu en
3 de outubro
de
1990
. Segundo os termos do tratado, as catro potencias ocupantes renunciaban aos seus dereitos, e Alemaña recuperaba a plena
soberanía
do territorio.
República de Berlín e integración na UE
editar
editar a fonte
Alemaña adoptou o
euro
1 de xaneiro
de
2002
Con base na Lei Bonn-Berlín, aprobada polo parlamento o
10 de marzo
de
1994
, a capital do Estado unificado pasou a ser
Berlín
Bonn
obtiña o
status
único de
Bundesstadt
(cidade federal) e retivo algúns ministerios federais. A mudanza do goberno foi concluída en
1999
Dende a reunificación, Alemaña vén tendo un rol de liderado na
Unión Europea
e na
OTAN
. Participou no exército que garantiu a estabilidade nos
Balcáns
durante as guerras neses territorios. Así mesmo, enviou tropas a
Afganistán
como parte da
OTAN
, co obxectivo de "proporcionar seguranza neste país". Estes desprazamentos foron controvertidos, debido a que trala guerra, Alemaña estaba obrigada por lei a manter unicamente tropas de defensa. Estas incursións foron entendidas como alleas á lei de defensa. Porén, a votación parlamentaria sobre a cuestión legalizou a acción nun contexto de "mantemento da paz".
En
2005
Angela Merkel
, candidata da
Unión Demócrata Cristiá
, converteuse na primeira muller
chanceler de Alemaña
. De
2005
2009
liderou unha gran coalición entre a Unión Social Cristiá de Baviera (CSU), o seu partido irmán de
Baviera
, e o
Partido Socialdemócrata de Alemaña
(SPD). Despois das elección xerais do
27 de setembro
de
2009
, Merkel construíu unha coalición de goberno en que substituíu o SPD polo Partido Democrático Liberal (FDP).
Xeografía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Xeografía de Alemaña
O territorio de Alemaña cobre 357.021
km², sendo 349.223
km² de terra e 7.798
km² de auga. É o sétimo maior país por área de
Europa
e o 63° maior do mundo. Esténdese dende as altas montañas dos
Alpes
(o punto máis elevado é o
Zugspitze
con 2.962 m) no sur ata as costas do
mar do Norte
Nordsee
) e do
mar Báltico
Otsee
) no norte. Entre os dous está presente un bosque que liga as terras altas do centro ás terras baixas do norte, sendo o punto máis baixo o Neuendorfer/Wilstermarsch a 3,54 m baixo o nivel do mar, atravesadas por algúns dos maiores
ríos
de
Europa
como o
Rin
, o
Danubio
e o
Elba
Por mor da súa
localización central
, Alemaña comparte fronteiras con máis países europeos que calquera outro estado no continente. Os seus veciños son a
Dinamarca
ao norte,
Polonia
e a
República Checa
ao leste,
Austria
Suíza
ao sur,
Francia
Luxemburgo
ao suroeste e
Bélxica
e os
Países Baixos
ao noroeste.
Relevo
editar
editar a fonte
En Alemaña distínguense tres grandes rexións fisiográficas: unha chaira de terras baixas ao norte que forma parte da
chaira noreuropea
, unha área de mesetas no centro denominada a
Alemaña Media
, e unha rexión montañosa ao sur. As terras baixas, que conforman a chaira de Alemaña do Norte, teñen un relevo variado que engloba diversos vales fluviais e un gran terreo poboado de
breixos
A rexión central, cuxos límites aproximados están entre a cidade de
Hannover
ao norte e o
río Main
ao sur, abrangue un territorio composto de suaves montañas, vales fluviais, ríos e concas ben definidas.
As cadeas montañosas inclúen ao oeste as cordilleiras
Eifel
Hunsrück
, no centro as montañas
Taunus
Spessart
, e ao leste a
cordilleira de Fichtelgebirge
. Porén, é ao sur onde se encontran os montes máis altos do país, todos eles nos
Alpes Bávaros
, no estado de Baviera:
Montes de maior altitude
Posición
Imaxe
Monte
Sistema
Altitude (m)
Zugspitze
Wettersteingebirge
2.962
Hochwanner
Wettersteingebirge
2.744
Waltzmann
Berchtesgadener Alpen
2.713
Dreitorspitze
Wettersteingebirge
2.682
Hochkalter
Berchtesgadener Alpen
2.607
Biberkopf
Allgäuer Alpen
2.599
Großer Hundstod
Berchtesgadener Alpen
2.593
Hochvogel
Allgäuer Alpen
2.592
Östliche Karwendelspitze
Karwendel
2.538
10
Hocheisspitze
Berchtesgadener Alpen
2.523
En microescala, a superficie alemá está a sufrir cambios de altitude, en particular na cunca do Ruhr, baixando o nivel da súa superficie nesa zona ata 5 mm/ano.
Hidrografía
editar
editar a fonte
Ríos
Rhin
, en
Mayence
Renania-Palatinado
A continuación enuméranse os maiores ríos de Alemaña, coa súa lonxitude total, a lonxitude do tramo que atravesa Alemaña, e a cidade maior que atravesa a súa
conca fluvial
Desembocan no
Mar Negro
Río Danubio
2852
km
647
km
Múnic
Desembocan no
Mar do Norte
Río Rhin
1236
km
865
km
Colonia
Río Elba
1165
km
727
km
Hamburgo
Desembocan no
Mar Báltico
Río Oder
866
km
187
km
Frankfurt an der Oder
Os ríos máis longos que flúen integramente por Alemaña desembocan no Mar do Norte:
Río Weser
, 744
km,
Bremen
Río Ems
, 371
km,
Münster
Río Eider
, 188
km,
Kiel
Lagos
O lago Tegern,
Alta Baviera
Baviera
Bodensee
, 536
km², (compartido con
Suíza
Austria
),
Baden-Württemberg
Baviera
Lago Müritz
, 117
km²,
Mecklemburgo-Antepomerania
Chiemsee
, 80
km², o mar bávaro, Baviera
Lago Schwerin
, 61,54
km², Mecklemburgo-Pomerania Occidental
Lago Starnberg
, 56
km², Baviera
Ammersee
, 46,6
km², Baviera
Plauer See
, 38,4
km², Mecklemburgo-Pomerania Occidental
Lago Kummerow
, 32,9
km², Mecklemburgo-Pomerania Occidental
Großer Plöner See, 29,97
km²,
Schleswig-Holstein
Steinhuder Meer, 29,1
km²,
Baixa Saxonia
Clima
editar
editar a fonte
Paisaxe
alpina
no sur de
Baviera
Gran parte de Alemaña ten un
clima temperado
no cal predominan os ventos húmidos occidentais. O clima é moderado pola Corrente Norte-Atlántica, a extensión norte da
Corrente do Golfo
. As augas quentes traídas por esa corrente afectan as áreas litorais do
Mar do Norte
incluíndo a península da
Xutlandia
e a área ao longo do
Rin
, que corre en dirección ao Mar do Norte.
Consecuentemente no noroeste e no norte, o clima é
oceánico
; as
choivas
sucédense durante todo o ano tendo o seu punto culminante no verán. Os invernos son suaves e os veráns frescos, aínda que as temperaturas poden exceder os 30
°C
por períodos prolongados. No leste, o clima é máis
continental
; os invernos poden ser moi rigorosos, os veráns moi quentes, e teñen sido rexistrados longos períodos de seca. O centro e o sur de Alemaña son rexións de transición que varían entre os climas oceánico moderado e o continental. A temperatura máxima tamén pode exceder os 30
°C no verán.
Biodiversidade
editar
editar a fonte
aguia
é unha ave protexida da caza e o
animal heráldico
nacional.
Fitoxeograficamente
, Alemaña está dividida entre as provincias do Atlántico Europeo e Centro Europeo da Rexión Circumboreal dentro do Reino boreal. O seu territorio pode ser subdividido en catro rexións bioxeográficas: os remanentes forestais do
Atlántico
, os bosques mixtos do
Báltico
, os bosques mixtos da
Europa Central
e os bosques de anxiospermas da
Europa Occidental
. A maior parte de Alemaña está cuberta por terras arables (33%) ou
bosques
fragas
(31%). Só o 15% do territorio está cuberto por pastos permanentes.
As plantas e animais que se poden atopar son os xeralmente comúns da
Europa central
Faias
carballos
e outras árbores de
folla caduca
constitúen un terzo dos bosques; as
coníferas
están aumentando como resultado da reforestación.
Abetos
piñeiros
predominan nas montañas superiores. Hai moitas especies de
fentos
flores
fungos
musgos
. Abundan
peixes
nos ríos e no
mar do Norte
. Os animais salvaxes inclúen
porcos bravos
veados
salvaxes,
monflóns
raposos
teixugos
lebres
, e un pequeno número de
castores
. Varias aves migratorias cruzan Alemaña na
primavera
e no
outono
Alemaña é coñecida polos seus moitos xardíns zoolóxicos,
parques nacionais
, parques de animais salvaxes,
acuarios
e parques de aves. Máis de 400 zoolóxicos e parques de animais rexistrados operan en territorio xermano.
Medio ambiente
editar
editar a fonte
O maior
parque eólico
do mundo está instalado en Alemaña.
A Alemaña é coñecida pola súa consciencia ambiental. Os alemáns consideran que o home é unha das principais causas do
quecemento global
. O país está comprometido co
Protocolo de Kyoto
e varios outros tratados para promover a biodiversidade, os baixos padróns de emisións, a reciclaxe, a utilización de enerxías renovábeis e apoia o
desenvolvemento sustentábel
a nivel global.
O goberno alemán deu inicio a unha ampla actividade de redución de emisións e as emisións globais do país están caendo. Con todo, Alemaña ten unha das máis elevadas taxas de
emisións de dióxido de carbono per cápita
da
UE
, aínda que significativamente menor en comparación con
Arabia Saudita
Australia
Canadá
ou os
Estados Unidos
As emisións a partir de produción de enerxía proveniente da queima de carbón e as industrias contribúen para a polución do ar. A
choiva ácida
, resultante das emisións de óxidos de
nitróxeno
xofre
, é prexudicial para os
bosques
. A polución no
Mar Báltico
a partir de refugallo bruto e efluentes industriais nos ríos na antiga
Alemaña Oriental
foron reducidas. O goberno do
ex-chanceler
Schröder
anunciou a intención de acabar co uso da produción de electricidade a partir de
enerxía nuclear
. Alemaña está traballando para cumprir o compromiso da
Unión Europea
de identificar áreas de preservación natural de acordo coa directiva de Flora, Fauna e Hábitats da UE. Os perigos naturais son as enchentes fluviais na primavera e os fortes ventos que ocorren en tódalas rexións.
Política e goberno
editar
editar a fonte
Reichstag
, sede do
Bundestag
Alemaña é unha
república federal
democrática, representativa
parlamentaria
. O sistema político alemán opera baixo un marco establecido no
documento constitucional
de
1949
coñecido como a
Grundgesetz
(Lei Fundamental). Ao chamar o documento
Grundgesetz
, no canto de
Verfassung
constitución
), os autores expresaron a intención de que sería substituído por unha constitución axeitada unha vez que Alemaña fose
reunificada
como un só estado. As emendas á
Grundgesetz
xeralmente requiren unha maioría de dous terzos de ámbalas dúas cámaras do
parlamento
; os artigos que garanten os dereitos fundamentais, a separación de poderes, a estrutura federal, e o dereito de resistir aos intentos de derrocar a constitución son válidos en perpetuidade e non poden ser modificados. Malia a intención inicial, a
Grundgesetz
segue en vigor logo da reunificación alemá en
1990
, aínda que con algunhas modificacións.
Frank-Walter Steinmeier, presidente federal dende 2017
Bundeskanzler
chanceler federal
) é o xefe do
goberno
e exerce o
poder executivo
, semellante ao papel dun
Primeiro Ministro
noutras
democracias
parlamentarias
Angela Merkel
ocupa este posto dende o 2005. O
poder lexislativo
recae no parlamento composto polo
Bundestag
(Dieta Federal) e o
Bundesrat
(Consello Federal), que en conxunto forman un único tipo de órgano
lexislativo
. O
Bundestag
é elixido mediante
eleccións directas
respectuosas da representación proporcional. Os membros do
Bundesrat
representan aos gobernos dos dezaseis estados federais e son membros dos
gabinetes
de estado. Os respectivos gobernos estatais teñen o dereito de nomear e mudar os seus enviados en calquera momento.
Dende
1949
, o sistema de partidos estivo dominado pola
Unión Demócrata Cristiá
(CDU) e o
Partido Socialdemócrata de Alemaña
(SPD), aínda que os partidos máis pequenos, como o
Partido Democrático Libre
(FDP, que ten membros no
Bundestag
dende
1949
) e
Alianza 90 - Os Verdes
Die Grünen
, que controla escanos no Parlamento dende
1983
) desempeñan tamén un papel importante.
xefe de Estado
alemán é o
Bundespräsident
presidente
) elixido pola
Bundesversammlung
(convención federal), unha
institución
integrada polos membros do
Bundestag
e un número igual de delegados estatais enviados polos parlamentos do
Länder
Landtage
).
Frank-Walter Steinmeier
é o actual presidente dende 2017, cando sucedeu a
Joachim Gauck
. O segundo
funcionario
alemán máis alto na orde de precedencia é o
Bundestagspräsident
(presidente do
Bundestag
), que é elixido polo
Bundestag
, sendo responsable de supervisar as sesións do corpo. O terceiro, e máis alto oficial da Xefatura do goberno é o
chanceler
, que é designado polo
Bundespräsident
logo de ser elixido polo
Bundestag
. O chanceler pódese mudar de xeito construtivo a través dunha moción de non confianza por parte do
Bundestag
, onde simultaneamente se elixe un sucesor. O brazo
xudicial
inclúe o Tribunal Constitucional, chamado
Bundesverfassungsgericht
, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.
Divisións administrativas
editar
editar a fonte
Artigo principal
Estados de Alemaña
Alemaña está dividida en
dezaseis estados federados
(en
alemán
Bundesländer
, singular
Bundesland
).
Baixa Saxonia
Bremen
Hamburgo
Mecklemburgo-
Antepomerania
Saxonia-
Anhalt
Saxonia
Brandeburgo
Berlín
Turinxia
Hessen
Renania do Norte-
Westfalia
Renania-
Palatinado
Baviera
Baden-
Württemberg
Sarre
Schleswig-
Holstein
Estado
Capital
Área
(km²)
Poboación
cando?
Baden-Württemberg
Stuttgart
35 752
10
569
100
Baixa Saxonia
Hannover
47 618
779
000
Baviera
Múnic
70 549
12
519
600
Berlín
Berlín
892
375
200
Brandeburgo
Potsdam
29 477
449
500
Bremen
Bremen
404
654.800
Hamburgo
Hamburgo
755
734
300
Hessen
Wiesbaden
21 115
016
500
Mecklemburgo-Antepomerania
Schwerin
23 174
600
300
Renania do Norte-Westfalia
Düsseldorf
34 043
17
554
300
Renania-Palatinado
Maguncia
19 847
990
300
Sarre
Saarbrücken
2 569
994.300
Saxonia
Dresde
18 416
050
200
Saxonia-Anhalt
Magdeburg
20 445
259
400
Schleswig-Holstein
Kiel
15 763
806
500
Turinxia
Erfurt
16 172
170
500
Lexislación
editar
editar a fonte
Oficial da
policía
de
Hamburgo
Tribunal de Xustiza
é independente do
poder executivo
e o
lexislativo
. Ten un
estatuto civil
que se basea no
dereito romano
con algunhas referencias ao dereito xermánico. O
Bundesverfassungsgericht
(Tribunal Constitucional Federal), con sede en
Karlsruhe
, é o Tribunal Supremo alemán responsable de asuntos
constitucionais
, co poder de realizar procesos de revisión xudicial. Actúa como a máis alta autoridade xurídica e asegúrase de que as prácticas dos poderes lexislativo e xudicial axústanse á práctica a Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña (Lei Fundamental). Actúa con independencia dos outros órganos do Estado, pero non pode actuar no seu propio nome.
O sistema do tribunal supremo, chamado
Oberste Gerichtshöfe des Bundes
, ten dependencias especializadas. Para as causas civís e penais, o máis alto tribunal de apelación é o Tribunal Federal de Xustiza, con sede en
Karlsruhe
Leipzig
. A sala é de estilo inquisitorial. Outros tribunais federais son o Tribunal Federal do Traballo en
Érfurt
, o Tribunal Social Federal de
Kassel
, o Tribunal Federal de Facenda en
Múnic
e o Tribunal Administrativo Federal en Leipzig.
O dereito penal e dereito privado están codificados no plano nacional no
Strafgesetzbuch
e o
Bürgerliches Gesetzbuch
, respectivamente. O sistema penal diríxese cara á rehabilitación do
criminal
, o seu obxectivo secundario é a protección do público en xeral. Para lograr este último, o condenado penal pode ser posto en prisión preventiva (
Sicherheitsverwahrung
), ademais de regular a pena se se lle considera unha ameaza para o público en xeral. O
Völkerstrafgesetzbuch
regula as consecuencias dos
crimes de lesa humanidade
xenocidio
e crimes de guerra.
poder lexislativo
está dividido entre a federación e os estados. A lei fundamental estipula que os estados deben seguir as disposicións do poder lexislativo a nivel estatal, agás casos designados pola propia lei fundamental. A lei federal prevalece sobre a lei de cada estado, xa que o poder lexislativo reside no nivel federal. O
Bundesrat
é o órgano federal a través do cal os estados participan na lexislación nacional. Cada estado ten os seus propios tribunais constitucionais.
Dereitos humanos
editar
editar a fonte
En materia de
dereitos humanos
, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o
Comité de Dereitos Humanos
(HRC), Alemaña firmou ou ratificou:
Alemaña
Status dos principais instrumentos internacionais de
dereitos humanos
CESCR
CCPR
CERD
CED
CEDAW
CAT
10
CRC
MWC
CRPD
CESCR
CESCR-OP
11
CCPR
CCPR-OP1
CCPR-OP2-DP
CEDAW
CEDAW-OP
12
CAT
CAT-OP
CRC
CRC-OP-AC
CRC-OP-SC
CRPD
CRPD-OP
13
Pertenza
Firmado e ratificado,
firmado pero non ratificado,
nin firmado nin ratificado,
sen información,
accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Economía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Economía de Alemaña
Frankfurt
cidade global
financeira.
Alemaña, polo desenvolvemento da súa economía, é considerada en termos xerais como a terceira potencia mundial e a primeira de
Europa
. En
2006
o seu
Produto interior bruto
PIB
) pasou os 3 billóns de
dólares estadounidenses
. As súas bazas industriais son diversas; os tipos principais de produtos fabricados son
medios de transporte
aparellos eléctricos e electrónicos
maquinaria
produtos químicos
materiais sintéticos
alimentos procesados
. É un foco de riqueza e iso reflíctese na
economía
do centro de Europa. Cunha infraestrutura de
estradas
amplas e un excelente nivel de vida, é unha das nacións
máis desenvolvidas do mundo
Francia
é o máis importante socio comercial de Alemaña e viceversa. En
2005
, Francia cun 10,2%, volveu ser o principal destino das exportacións alemás e a orixe do 8,7% das importacións. En
2006
, máis do 14
% das exportacións francesas tiveron como destino a Alemaña e preto do 17
% do total das importacións francesas proveu de Alemaña. Os países da
Unión Europea
son os principais compradores dos produtos alemáns (
Reino Unido
o 7,8% e
Italia
o 6,9% en 2005). O principal socio comercial de Alemaña fóra de Europa son os
Estados Unidos
, país ao que en
2005
realizou o 8,8% das súas exportacións e do que recibiu o 6,6% das súas importacións. O
Deutsche Bundesbank
e o
Banco Central Europeo
(BCE) teñen a súa sede central na cidade de
Frankfurt
Porén, a
crise económica
exerce tamén a súa influencia sobre Alemaña, afectándoa en dous modos diferentes. Por un lado, a crise de débeda que afecta fundamentalmente os países mediterráneos ten permitido ao país teutón conseguir financiamento nos mercados internacionais a un interese practicamente nulo, ao preferir os especuladores mercar débeda alemá escasamente rendible a expoñerse a unha perda de capital mediante a adquisición de débeda soberana de países insolventes.
14
. Pero por outro lado, a dependencia do comercio alemán con respecto aos outros países da
Unión Europea
provocou unha desaceleración na evolución do seu PIB en 2012
15
e unha caída dos pedidos industriais.
16
En conxunto, durante a actual crise económica o PIB alemán recuou un 4,7
%, como consecuencia do descenso das súas exportacións, aínda que este dato non se reflectiu nun aumento do desemprego, grazas principalmente a un mercado de traballo fortemente regulado, coa participación dos traballadores nos equipos de dirección das empresas, con escasa marxe para a flexibilidade laboral.
17
Infraestruturas
editar
editar a fonte
Aeroporto de Frankfurt
é o terceiro de Europa en número de pasaxeiros.
Dende que nos
anos 1930
Alemaña nazi
iniciase a construción da primeira rede de
autoestradas
en grande escala no mundo, o país dispón de vías de comunicación rápidas (
Autobahnen
) que suman preto de 12.000
km cubrindo a totalidade do territorio. Ademais ten máis de 40.000
km de estradas, o que o converte no país con maior densidade de vías para vehículos. A totalidade de autoestradas do país son gratuítas para vehículos particulares; dende
2005
, os camións de carga deben pagar unha peaxe que se desconta automaticamente
vía satélite
, unha vez que o camión deixa a ruta, e que é porcentual ao número de quilómetros percorridos.
Alemaña é líder mundial tamén na construción de
canles
. Esta clase de construción milenaria tomou renovado impulso a partir do
século XIX
. A Canle de Kiel, que une o
mar do Norte
co
mar Báltico
, é unha das máis impoñentes. Numerosas canles fluviais, como a Rin-Main-Danubio, o Dortmund-Ems ou o Elba-Seitenkanal, dotan ao país dunha completa rede de canles.
Por outra banda, as
enerxías renovables
representan un papel crecente no desenvolvemento do país, especialmente dende que o partido político
Alianza 90 - Os Verdes
formou parte do goberno central. Cidades como
Friburgo
dispoñen de modernas instalacións para o aproveitamento da
enerxía solar
. As grandes rexións industriais, como as conca do Ruhr, rexión
Rin
Main
ou
Colonia
, desenvolveron un dinamismo económico que mantén a súa base industrial e que ademais soubo implementarse na área dos servizos.
Demografía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Demografía de Alemaña
Cidades alemás maiores de 100 000 habitantes.
Con 82 millóns de habitantes é o primeiro país da
Unión Europea
e o segundo de
Europa
en poboación, superado tan só por
Rusia
. A afluencia á zona occidental de alemáns doutros puntos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.
A maior parte da poboación descende de diversos grupos
xermánicos
que se estabeleceran na rexión
centroeuropea
no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os
celtas
e os
eslavos
. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste.
A chegada de inmigrantes á
Alemaña occidental
na segunda metade do
século XX
compensou as perdas humanas ocasionadas pola
segunda guerra mundial
, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xente nova do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como
xudeus
eslavos
dinamarqueses
, así como
franceses
descendentes dos
hugonotes
fuxidos do seu país a finais do
século XVII
Nenos nunha gardería de
Freital
Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobre todo nas décadas de
1960
1970
, eran principalmente
turcos
iugoslavos
italianos
gregos
españois
portugueses
. A
emigración galega
á Alemaña remóntase a finais do
século XX
, e no 2005 o número de galegos en Alemaña cífrábase nuns 90
000, agrupados en once centros galegos.
18
Na
Alemaña Oriental
, que constituíu un país autónomo entre
1949
1990
, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de
alemáns
expulsados de
Polonia
, de
Checoslovaquia
e de
Hungría
. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.
A interrupción do crecemento da poboación e mesmo a redución desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do
século XX
, tanto na zona occidental como na oriental.
Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación nova, como consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.
Composición étnica de Alemaña
cando?
Alemáns
91,2%
Turcos
2,1%
Outros
6,7%
Cunha taxa de fertilidade de 1,41 (2008) por muller, Alemaña posúe unha das taxas máis baixas do mundo,
19
aínda que esta cifra constitúe unha mellora fronte aos 1,39 fillos do ano
2006
. As estatísticas federais estiman que a poboación do país diminuirá ata estancarse entre os 69 e 74 millóns no ano 2050 (69 millóns asumindo unha inmigración neta de +100.000 por ano; 74 asumindo unha inmigración de +200.000 por ano).
20
No censo do ano
2004
, Alemaña contaba con sete millóns de cidadáns estranxeiros rexistrados, así mesmo, o 19% da poboación tiña a súa orixe total ou parcialmente nun país estranxeiro. O maior grupo de estranxeiros, con 2,3 millóns, provén de
Turquía
, o resto provén na súa maioría do
continente europeo
, sendo os países que máis estranxeiros achegan
Italia
Serbia
Grecia
Polonia
Croacia
. Como consecuencia das restricións das antigas leis de inmigración e petición de asilo, o número de inmigrantes que buscan asilo ou reclaman a nacionalidade alemá (a maioría da antiga
Unión Soviética
) está sufrindo un retroceso dende o ano
2000
Listaxe
Cidade
Estado
Pob.
Listaxe
Cidade
Estado
Pob.
Berlín
Hamburgo
Múnic
Berlín
Berlín
3 662 381
11
Bremen
Bremen
584 332
Hamburgo
Hamburgo
1 892 122
12
Dresden
Saxonia
563 019
Múnic
Baviera
1 512 491
13
Hannover
Baixa Saxonia
545 045
Colonia
Renania do Norte-Westfalia
1 084 831
14
Nürnberg
Baviera
523 026
Frankfurt
Hessen
773 068
15
Duisburgo
Renania do Norte-Westfalia
503 185
Stuttgart
Baden-Württemberg
632 865
16
Wuppertal
Renania do Norte-Westfalia
358 876
Düsseldorf
Renania do Norte-Westfalia
616 319
17
Bochum
Renania do Norte-Westfalia
357 024
Leipzig
Saxonia
616 093
18
Bielefeld
Renania do Norte-Westfalia
331 519
Dortmund
Renania do Norte-Westfalia
601 343
18
Bonn
Renania do Norte-Westfalia
327 913
10
Essen
Renania do Norte-Westfalia
584 580
20
Münster
Renania do Norte-Westfalia
320 946
Datos do censo a 31 de decembro de 2022
21
Relixión
editar
editar a fonte
Catedral de Colonia
, á beira do
río Rin
, é
Patrimonio Mundial da UNESCO
Dende
Martiño Lutero
, e a
Reforma protestante
, Alemaña foi escenario de conflitos relixiosos entre os seguidores de Lutero, posteriormente chamados
luteranos
, xeralmente máis numerosos no norte, e os
católicos
, por regra xeral máis fortes no sur. No entanto, a distribución das relixións está lonxe de ser homoxénea. Zonas cunha poboación predominantemente católica son
Baviera
(onde precisamente naceu o papa
Bieito XVI
) e
Renania
. Zonas cunha poboación predominantemente luterana son os estados do leste e do norte. No norte, ao longo da fronteira cos
Países Baixos
, hai tamén presenza de
calvinistas
. En canto aos non relixiosos, incluíndo
ateos
agnósticos
, son crecentes en número e proporción, unha tendencia constatada tanto en Alemaña canto noutros países europeos. En Alemaña concéntranse principalmente na antiga
Alemaña Oriental
e nas áreas metropolitanas.
Até 2012, as principais confesións relixiosas en Alemaña eran o
luteranismo
e o
catolicismo
, respectivamente, con 32,9% e 32,3% de fieis
22
e preto do 24,9% de alemáns se declararon non relixiosos ou
ateos
. Seguen como minorías, o
islamismo
(4%), seguido polo
xudaísmo
e o
budismo
(ambos con 0,25%). O hinduísmo ten só 90.000 seguidores (0,1%), mentres outras relixións corresponden a 50 mil persoas ou o 0,05% da poboación alemá.
En 2024, o panorama mudou substancialmente. A confesión máis importante é a
católica romana
con 20.400.000 de fieis (malia perder 537.590 respecto 2023),
23
seguida polo conxuntos de igrexas
evanxélicas
, con 18.600.000 millóns de fieis (con 552.827 menos respecto 2022) e, das cales, a máis numerosa é a
igrexa luterana
con 10.814.631 de fieis.
24
Tamén é moi significativo o número de
musulmáns
de diferentes correntes e que se estiman entre 5.300.000 e 5.600.000.
25
Tamén é significativo o número de persoas que non declaran ter unha adscrición relixiosa e que vai en aumento. A derradeira referencia é de 2017 con 27, 1 millóns de persoas, que son 400.000 máis que no ano anterior.
26
Educación
editar
editar a fonte
A Técnica de
Múnic
, segunda mellor universidade alemá segundo QS World University Rankings.
A responsabilidade da supervisión educativa recae principalmente nos estados federais a título individual, mentres que o goberno só ten un papel secundario. O xardín de infancia é de carácter opcional, e imparte educación para todos os nenos entre tres e seis anos, despois, a escolarización é obrigatoria polo menos durante dez anos. A
educación primaria
adoita durar catro anos e as
escolas
públicas non están estratificados nesta etapa. En contraste, a
educación secundaria
inclúe catro tipos de escolas sobre a base da capacidade do alumno segundo o determinado polas recomendacións do
profesorado
: o
Gymnasium
, que inclúe a maioría de nenos considerados máis aptos para o estudo, prepara aos estudantes para os estudos
universitarios
e a asistencia dura oito ou nove anos, dependendo do estado; o
Realschule
ten unha gama máis ampla de especial interese para estudantes intermedios e dura seis anos; o
Hauptschule
prepara alumnos para o ensino profesional, e o
Gesamtschule
combina o tres enfoques.
A Universidade de
Heidelberg
é a máis antiga de Alemaña.
Informe PISA
, avalía as habilidades dos estudantes de 15 anos de idade nos países da
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico
e unha serie de países socios. En
2006
, os escolares alemáns melloraron a súa posición con respecto a anos anteriores, clasificándose (estatisticamente) nun nivel superior de forma significativa á media (rango 13) nas
ciencias
, e non de modo significativo por encima ou por baixo da media en
matemáticas
(rango 20) e habilidades de
lectura
(rango 18). As diferenzas socio-económicas son elevadas, e o rendemento dos alumnos é máis dependente deste factor que na maioría doutros países.
Neste sentido, e sobre todo tras os malos resultados dos informes PISA 2000 e 2003, existen elementos do sistema educativo alemán fortemente criticados. A Comisión de Dereitos Humanos da
ONU
criticou a falta dunha igualdade real de oportunidades por mor da selección excesivamente temperá dos escolares, que desaproveitaría o potencial do 44% dos escolares.
27
A integración dos alumnos estranxeiros, o papel da
Hauptschule
como escola das capas inferiores, a falta de creatividade e a escaseza de horas lectivas son outros puntos polémicos.
28
Para entrar nunha universidade, os estudantes de
secundaria
necesitan aprobar o exame
Abitur
, aínda que tamén é posible entrar na universidade cun
Fachabitur
, o cal é un Abitur especializado, por exemplo, en
economía
. Os estudantes que posúan un
diploma
dunha escola de
formación profesional
poden entrar nunha Universidade de Ciencias Aplicadas. A maioría das universidades alemás son de propiedade
estatal
. En todas as universidades hai que pagar os
impostos
administrativos, os cales son entre 50 e 200 euros. Nalgúns Estados ademais hai que pagar por dereitos de matrícula que ascenden até os 500 euros por semestre.
As universidades son recoñecidas a escala internacional. Na clasificación
THES 2006
, dez universidades alemás foron clasificadas entre as primeiras duascentas do mundo.
Sociedade
editar
editar a fonte
Oktoberfest
en
Múnic
Alemaña realizou en
2006
a campaña de
mercadotecnia
«Terra das ideas» co fin de promoverse durante a fase final da
Copa Mundial de Fútbol
. En
2008
retomouse o proxecto. «Terra das ideas» céntrase nas innovacións recentes nas institucións públicas e privadas, nas
universidades
institutos de investigación
, nas empresas e inclusive en
proxectos
sociais
culturais
. Dende a celebracións do
Mundial de fútbol de 2006
, a percepción interna e externa da imaxe do país cambiou. Nas
enquisas
realizadas a nivel mundial coñecidas como
Índice de GMI Anholt
, o país ocupou a segunda posición. Tomáronse en conta criterios económicos, a reputación do país en termos de cultura, política, os seus cidadáns e o seu atractivo turístico.
Alemaña é tanto legalmente como culturalmente un país
tolerante cos homosexuais
. As unións de homosexuais permitíronse dende o ano
2001
, aínda que estas non teñen todos os dereitos dun matrimonio heterosexual perante a lei.
Gays
lesbianas
poden adoptar legalmente aos fillos da súa parella.
Durante a última década do
século XX
, Alemaña cambiou considerablemente a súa actitude en relación aos inmigrantes. A pesar de que aproximadamente o 10% da poboación era estranxeira, até mediados dos anos noventa, a opinión pública era que Alemaña non era un país de inmigración. Con todo, as leis de asilo endurecéronse considerablemente nesa década para evitar o seu abuso.
O actual contexto de crise económica nos países do sur de Europa converte o país alemán nun atractivo foco de destino de xente nova cualificada procedente de España, Portugal, Italia e Grecia, o que ten sido considerado por algúns sectores do país de xeito positivo.
29
Porén, algunha medidas do goberno alemán, como a limitación imposta aos estranxeiros á hora de cobrar axudas non contributivas, teñen sido interpretadas como un freo á inmigración da Europa meridional.
30
Segundo datos de 2011,
Turquía
, con 1
607
161 persoas censadas, é a orixe maioritaria dos inmigrantes establecidos en Alemaña. Séguenlle
Italia
(520 159 persoas),
Polonia
(468 481 persoas), os antigos estados integrantes da
ex-Iugoslavia
Serbia
Montenegro
(404.690 persoas) e
Grecia
(283.684 persoas).
Os alemáns investiron 58 000 millóns de euros en viaxes internacionais en
2005
, o cal os converte en campións mundiais en viaxar. Os destinos máis populares foron
Austria
España
Italia
Francia
Lingua
editar
editar a fonte
Artigo principal
Lingua alemá
Coñecemento de alemán na
Unión Europea
O alemán é a lingua oficial e predominante de Alemaña.
31
A lingua alemá é unha das vinte e tres
linguas oficiais da Unión Europea
e unha das tres linguas de traballo da Comisión Europea xunto co
inglés
o e
francés
. Ademais do alemán, no país están recoñecidas como linguas das minorías o
baixo alemán
, o
dinamarqués
, o
frisón
sorbio
e o
romaní
. As principais linguas dos inmigrantes son o
turco
, o
polaco
, o
ruso
e as linguas dos
balcáns
. O alemán estándar é unha
lingua xermánica
occidental relacionada co
inglés
neerlandés
sueco
. A meirande parte do vocabulario do alemán provén da póla xermánica das
Linguas indoeuropeas
. A lingua xermana posúe numerosos empréstitos do
latín
grego
, e con menor medida do francés e do inglés.
Dende o
século XIV
, a
escrita gótica
foi substituída durante o
Renacemento
en toda
Europa
; con todo, en Alemaña, a letra gótica continuou vixente até ser finalmente abolida en
1945
, trala fin da
segunda guerra mundial
. Por este motivo ás veces a letra é chamada estilo gótico alemán. Hoxe, o alemán escríbese empregando o
alfabeto latino
. Xunto ás vinte e seis letras estándar, ten tres vogais máis con diérese ou
Umlaut
(ä, ö e ü), ademais da letra
Eszett
ou (SZ/ese-zeta): ß, ás veces representada como
ss
Os dialectos do alemán varían en diferentes graos do alemán
estándar
. Estes dialectos proveñen das diferentes variedades locais das antigas tribos alemás. Moitos deles son dificilmente inintelixibles para os falantes da
lingua estándar
, xa que moitos se diferencian na
sintaxe
fonoloxía
léxico
. Un exemplo disto é o
bávaro
, arredor da cal existe un debate lingüístico arredor da súa entidade. Hai quen a clasifica como un dos diversos dialectos do alemán e hai quen a considera propiamente unha lingua.
En todo o mundo, o alemán é falado por 100 millóns de falantes nativos (na súa maioría en
Europa
) e 80 millóns de non nativos. A lingua alemá e a lingua nai de 90 millóns de persoas (18%) na
Unión Europea
. Canto ao coñecemento de linguas estranxeiras, o 67% dos alemáns son quen de falar unha lingua estranxeira, mentres que o 27% di poder falar dúas.
32
Cultura
editar
editar a fonte
Artigo principal
Cultura de Alemaña
Ludwig van Beethoven
Alemaña é a miúdo chamado
Das Land der Dichter und Denker
(a terra dos poetas e dos pensadores).
33
A cultura alemá comezou moito antes do xurdimento de Alemaña como nación-estado e abranguiu toda a zona de
fala alemá
. Dende os seus alicerces, a cultura en Alemaña formouse polas principais correntes intelectuais e populares en Europa, tanto relixiosas como laicas. Como resultado, é difícil identificar unha determinada tradición alemá separada do marco máis amplo da cultura europea. Outra consecuencia destas circunstancias é o feito de que algunhas figuras históricas, tales como
Wolfgang Amadeus Mozart
Nicolás Copérnico
, entre outras, aínda que non foron cidadáns de Alemaña no sentido moderno, deben ser considerados no contexto do eido cultural alemán para comprender o seu traballo.
Blaues Pferd I
Franz Marc
(1911).
En Alemaña desenvolvéronse algúns dos principais compositores de renome da
Música clásica europea
, con inclusión de
Johann Sebastian Bach
Ludwig van Beethoven
Johannes Brahms
Richard Wagner
. Dende o ano
2006
, Alemaña constitúe o quinto mercado da música no mundo e influíu na música pop e rock a través de artistas como
Kraftwerk
Scorpions
Rammstein
Numerosos pintores alemáns gozaron de prestixio internacional
34
a través do seu traballo en diversas correntes artísticas.
Hans Holbein o Mozo
Matthias Grünewald
, e
Albrecht Dürer
eran importantes artistas do
Renacemento
Caspar David Friedrich
do
Romanticismo
, e
Max Ernst
do
surrealismo
. Entre as contribucións alemás na arquitectura inclúense os estilos carolinxio e Otoniano, que son importantes precursores do
románico
. A rexión máis tarde converteuse no sitio das obras importantes en estilos coma o
gótico
renacentista
barroco
. Alemaña é especialmente importante nos primeiros movemento modernos, sobre todo a través do movemento
Bauhaus
fundado por
Walter Gropius
Ludwig Mies van der Rohe
converteuse nun dos máis salientados arquitectos do mundo na segunda metade do
século XX
. A fachada de vidro en
rañaceos
foi a súa idea.
Ciencia
editar
editar a fonte
Wilhelm Röntgen
, descubridor dos
raios X
Alemaña é o fogar dalgúns dos máis destacados investigadores en diferentes eidos da
ciencia
35
36
37
38
De feito preto de 100 alemáns (de nacionalidade ou orixe) foron laureados co
Premio Nobel
. O traballo de
Albert Einstein
Max Planck
foi crucial para a fundación da
física moderna
, que
Werner Heisenberg
Max Born
desenvolveron aínda máis. Os seus devanceiros foron
físicos
como
Hermann von Helmholtz
Joseph von Fraunhofer
, e
Daniel Gabriel Fahrenheit
Wilhelm Conrad Röntgen
descubriu os
raios X
, un logro que lle fixo ser o primeiro gañador do
Premio Nobel de Física
en
1901
. En Alemaña e outros países os
raios X
denomínanse
"Röntgenstrahlen"
(raios de Röntgen). O traballo de
Heinrich Rudolf Hertz
no eido da
radiación
electromagnética foi fundamental para o desenvolvemento das modernas telecomunicacións.
Wilhelm Wundt
é célebre por desenvolver o primeiro laboratorio de
psicoloxía
, á que deu a categoría de
ciencia
Alexander von Humboldt
e o seu traballo como científico natural e explorador foi fundacional para a
bioxeografía
Automóbil
Benz
de
1885
Numerosos importantes
matemáticos
tiveron como berce Alemaña,
39
40
41
entre os que se atopan
Carl Friedrich Gauss
David Hilbert
Bernhard Riemann
Gottfried Leibniz
Karl Weierstrass
Hermann Weyl
. Alemaña foi tamén fogar de famosos inventores e enxeñeiros, como
Johannes Gutenberg
, quen se acreditou a invención da
imprenta de tipos móbiles
en Europa;
Hans Geiger
, o creador do
contador Geiger
, e
Konrad Zuse
, que construíu o primeiro
ordenador
dixital totalmente automático. Inventores, enxeñeiros e mais industriais, coma o conde
Ferdinand von Zeppelin
Otto Lilienthal
Gottlieb Daimler
Rudolf Diesel
Hugo Junkers
Karl Benz
contribuíron a dar forma moderna ao
automóbil
e á tecnoloxía do transporte aéreo.
Importantes institucións de investigación son a
Sociedade Max Planck
42
Helmholtz-Gemeinschaft
e a
Sociedade Fraunhofer
. Estas traballan de xeito independente ou vencelladas externamente ao sistema universitario contribuíndo nunha medida considerable á produción científica. O prestixioso
premio Gottfried Wilhelm Leibniz
concédese a 10 científicos e académicos cada ano. Cunha adxudicación máxima de 2,5 millóns de
euros
, é un dos premios de investigación máis altamente dotados no mundo.
Literatura e filosofía
editar
editar a fonte
Friedrich W. Nietzsche
A literatura alemá remonta á
Idade Media
. Considérase a primeira poeta nada en Alemaña a
Hrosvitha de Gandersheim
, quen elaborou a súa obra en
latín
. Posteriormente, son cruciais as obras de escritores como
Walther von der Vogelweide
Wolfram von Eschenbach
. Diversos autores e poetas alemáns gañaron gran renome, incluíndo
Johann Wolfgang von Goethe
Friedrich Schiller
. As coleccións de contos populares publicados polos
Irmáns Grimm
popularizou o folclore alemán no plano internacional. A influencia de autores do
século XX
inclúen
Thomas Mann
Bertold Brecht
Hermann Hesse
Heinrich Böll
Günter Grass
A influencia de Alemaña na
filosofía
é historicamente significativa e moitos notables filósofos alemáns contribuíron a dar forma á
filosofía occidental
dende a Idade Media.
Gottfried Leibniz
e as súas contribucións ao
racionalismo
Immanuel Kant
Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Friedrich Wilhelm Joseph Schelling
Johann Gottlieb Fichte
que forxaron o
idealismo
Karl Marx
Friedrich Engels
formularon a teoría
comunista
Arthur Schopenhauer
desenvolveu a composición de
pesimismo
metafísico,
Friedrich Nietzsche
desenvolveu o
Perspectivismo
, a obra de
Martin Heidegger
en Ser e Tempo, e as teorías sociais de
Jürgen Habermas
foron especialmente influentes.
Medios de comunicación
editar
editar a fonte
Alemaña é o mercado de
televisión
maior de Europa, cuns 34 millóns de fogares que dispón de televisión. As numerosas cadeas públicas rexionais e nacionais organízanse de acordo coa estrutura política federal. Ao redor do 90% dos fogares alemáns teñen cable ou televisión por satélite, e os telespectadores poden elixir de entre unha variedade de libre acceso pública e as canles comerciais.
O país é o fogar dalgúns dos maiores conglomerados de medios de comunicación, incluíndo
Bertelsmann
e a editorial
Axel Springer
Cine
editar
editar a fonte
O Berlinale Palast durante o festival do ano
2007
O cine alemán foi especialmente influente durante os anos da República de Weimar cos expresionistas alemáns como
Robert Wiene
O gabinete do Doutor Caligari
Friedrich Wilhelm Murnau
. Da órbita cultural alemá foi o cineasta austríaco
Fritz Lang
, quen desenvolveu a súa carreira entre Alemaña e
Estados Unidos
, autor de obras de culto coma
Metropolis
(1927) ou
Der Testament des Dr. Mabuse
(1933). A época nazi produciu obras significativas como a película
Münchhausen
(1943) ou o controvertido traballo da directora
Leni Riefenstahl
Durante o período 1970-1980 directores como
Volker Schlöndorff
Werner Herzog
Wim Wenders
Rainer Werner Fassbinder
colocaron o cine alemán de volta na escena internacional coas súas películas a miúdo provocadoras. Máis recentemente, películas como
Das Boot
(1981),
Lola rennt
(1998),
Good Bye, Lenin!
(2003),
Gegen die Wand
(2004),
Der Untergang
(2004) e
Das Leben der Anderen
(2007) gozaron de éxito internacional.
Recentemente, o austríaco nado en Múnic
Michael Haneke
tense perfilado coma un dos mellores cineastas do cine europeo. Obras coma
Das Weiße Band
(2009),
Palma de Ouro
no
Festival de Cannes
Globo de Ouro
á mellor película estranxeira, e
Amour
(2012), que engadiu aos premios anteriores o
Óscar
á mellor película de fala non inglesa, foron mundialmente recoñecidas.
O Festival de Cine de Berlín, celebrado anualmente dende
1951
, é un dos festivais de cine máis prestixiosos. A cerimonia anual dos Premios do Cine Europeo celébrase cada dous anos na cidade de
Berlín
, onde se atopa a Academia do Cine Europeo. Os estudos Babelsberg, en
Potsdam
, son os máis antigos de grande escala no mundo e constitúen un centro internacional para a produción de películas.
Deporte
editar
editar a fonte
Véxase tamén
Alemaña nos Xogos Olímpicos
Deporte en Alemaña
Allianz Arena
, estadio do
Bayern München
e do
Mundial 2006
A participación de Alemaña nos
Xogos Olímpicos
é unha das máis destacadas dende que se realiza este evento. O país organizou os
Xogos Olímpicos de Verán en 1936
en
Berlín
, e en
1972
Alemaña Occidental
fixo o propio en
Múnic
. A Federación Alemá de Deportes (DSB) ten preto de 27 millóns de membros e arredor de 91.000 clubs.
43
Segundo datos desta organización, aproximadamente a terceira parte da poboación do país realiza a práctica deportiva a través dun club ou asociación nalgunha das preto de 127.000 instalacións de carácter deportivo que existen no territorio.
Pola súa banda a
Federación Alemá de Fútbol
(DFB) ten máis de 26.000 clubs, totalizando 6 millóns de membros, a maior membresía de entre todas as federacións deportivas no mundo. O arraigamento deste deporte fixo que a
Selección de fútbol de Alemaña
consiga tres
títulos mundiais
(en
1954
1974
1990
); e tres
Eurocopas
1972
1980
1996
). Así mesmo o país foi sede dos campionatos mundiais de
1974
2006
. Alemaña tamén se destaca no
fútbol feminino
, categoría na que conquistou dúas coroas de campioa do mundo, en
2003
e en
2007
Michael Schumacher
A nivel de clubs destacan equipos como o
Bayern Múnic
, o máis laureado do país e á súa vez, un dos clubs maiores de Europa. O seu maior fito foi o gañar tres
Copas de Europa
de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976. Posteriormente gañaría no ano 2001). Tamén están o
Hamburger SV
, o
Borussia Dortmund
, clubs que tamén gañaron a Copa de Europa, en 1983 e 1997, respectivamente; á parte doutros campións europeos como o
Bayer Leverkusen
Borussia Mönchengladbach
Werder Bremen
Schalke 04
En canto ao automobilismo, Alemaña é unha das nacións principais a nivel mundial. Con numerosos automóbiles gañadores de carreiras como condutores alemáns. Precisamente o condutor con máis éxito da
Fórmula 1
na historia é o alemán
Michael Schumacher
, sete veces Campión do Mundo e un dos deportistas mellor pagados da historia.
44
Tamén o
ciclismo
é un deporte popular en Alemaña e un dos mellores ciclistas dos tempos recentes,
Jan Ullrich
, gañou o
Tour de Francia
en
1997
e finalizou segundo en cinco ocasións. O país obtivo dúas medallas de ouro en Campionatos masculinos de
hóckey herba
en
2002
2006
e na categoría feminina ostenta dúas medallas de ouro nos torneos de
1976
1981
. Outros deportes destacados a nivel de público son o
balonmán
(disciplina na que o país destaca tanto a nivel de clubs como de seleccións, proclamándose campioa do mundo, de Europa e olímpica en diversas ocasións, así como numerosos segundos e terceiros postos),
tenis
baloncesto
(destacando a figura de
Dirk Nowitzki
),
hóckey sobre xeo
, así como o
bíatlon
ou o
esquí alpino
Gastronomía
editar
editar a fonte
Currywurst
A cociña alemá varía enormemente dunha rexión a outra. As rexións do sur de
Baviera
Suabia
, por exemplo, comparten unha cultura culinaria con
Suíza
Austria
. Carne de porco, carne de vacún, e aves de curral son as principais variedades da carne consumida en Alemaña, coa carne de porco como a máis popular. Ao longo de todas as rexións, a carne adoitase comer en forma de
salchicha
. Máis de 1.500 diferentes tipos de salchichas prodúcense en Alemaña. Os chamados alimentos orgánicos teñen unha cota de mercado no país de ao redor do 3,0% e estímase que sexa unha tendencia crecente.
45
Un dito popular en Alemaña é: «
Almorzar como un emperador, comer como un rei e cear como un esmoleiro
». O almorzo é usualmente unha selección de
cereais
mel
ou
marmelada
con
pan
. Algúns alemáns comen embutidos ou
queixo
con pan para o almorzo. Máis de 300 tipos de pans son coñecidos en todo o país.
Ao ser un país de inmigrantes, Alemaña adoptou moitos pratos internacionais. Pratos
italianos
como a
pizza
e a
pasta
, ou
turcos
e árabes como o
kebab
están ben establecidos, sobre todo nas cidades maiores. Os restaurantes chineses e
gregos
están tamén considerablemente espallados ao longo do país.
Aínda que o
viño
é cada vez máis popular en moitas partes de Alemaña, a bebida nacional é a
cervexa
. De feito o coñecido festival
Oktoberfest
está adicado a esta bebida. En Alemaña o consumo de cervexa por persoa está diminuíndo, pero con 116 litros por ano está aínda entre os máis altos do mundo. De 18 países occidentais enquisados, o consumo per cápita de refrescos resultou ser inferior á media (14ª na lista), mentres que o consumo de mollo de
froitas
é un dos máis altos (terceiro na lista).
Festividades
editar
editar a fonte
Celebración do día da Reunificación alemá en
Bremen
Data
Nome en galego
Nome local
1 de xaneiro
Aninovo
Neujahr
6 de xaneiro
Epifanía
Epiphanie
Marzo
ou
abril
Venres Santo
Karfreitag
Marzo
ou
abril
Pascua
Ostern
1 de maio
Día do Traballo
Erster Mai
Maio
ou
xuño
Día da Ascensión
Día do Pai
Christi Himmelfahrt
Vatertag
Maio
ou
xuño
Pentecostés
Pfingsten
Maio
ou
xuño
Corpus Christi
Fronleichnam
3 de outubro
Día da Unificación Alemá
Tag der Deutschen Einheit
31 de outubro
Festa da Reforma
Reformationsfest
1 de novembro
Día de Tódolos Santos
Allerheiligen
25
26 de decembro
1º e 2º días do
Nadal
1. und 2. Weichnachtsfeiertag
Notas
editar
editar a fonte
Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).
Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega
. Editorial Galaxia. p.
1303.
ISBN
9788482887524
Alemaña
"Germany world's second biggest aid donor after US"
. Arquivado dende
o orixinal
o 24 de maio de 2011
. Consultado o 17 de maio de 2008
"The fifteen major spenders in 2006"
(PDF)
. Arquivado dende
o orixinal
(PDF)
o 14 de agosto de 2007
. Consultado o 17 de maio de 2008
"The leader of Europe? Answers an ocean apart"
. Arquivado dende
o orixinal
o 04 de abril de 2008
. Consultado o 04 de abril de 2008
"Confidently into the Future with Reliable Technology"
. Arquivado dende
o orixinal
o 05 de novembro de 2013
. Consultado o 17 de maio de 2008
Motomura, Marina.
"Por que o nome de alguns países muda de um lugar para outro?"
Mundo Estranho
(en
portugués
. Arquivado dende
o orixinal
o 22 de febreiro de 2009
. Consultado o 21 de marzo de 2013
Schulze, Hagen
(1998).
Germany: A New History
(en inglés)
Cambridge, MA
Harvard University Press
. p.
368.
"Germany land motion mapped"
www.esa.int
(en
inglés
. Consultado o
2020-11-03
Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos.
"Status by country"
(en
inglés
Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
. Arquivado dende
o orixinal
o 14 de agosto de 2013.
Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende
o orixinal
o 7 de marzo de 2013.
Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales
(PDF)
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende
o orixinal
(PDF)
o 9 de febreiro de 2014.
Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende
o orixinal
o 7 de marzo de 2013.
Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende
o orixinal
o 2 de agosto de 2014.
Alemania saca beneficio de la crisis al financiarse prácticamente gratis
El País
, 23/5/2012.
La economía alemana se desacelera mientras que Francia sale tímidamente del estancamiento
20 minutos
, 15/11/2012.
Alemania acusa la crisis con una caída del 8
% de los pedidos industriales
La Vanguardia
, 8/8/2012.
Garzón, A.; Navarro, V. e Torres, J. (2011).
Hay altenativas
, Sequitur
ATTAC
España, Madrid.
"Galegos en Europa"
. Arquivado dende
o orixinal
o 10 de maio de 2008
. Consultado o 19 de maio de 2008
"The World Factbook"
. Arquivado dende
o orixinal
o 11 de febreiro de 2016
. Consultado o 19 de maio de 2008
Destatis.de
"Mitgliedsstädte"
Deutscher Städtetag
(en
alemán
. 31 de decembro de 2022
. Consultado o 27 sw maio de 2025
"Religionen in Deutschland: Mitgliederzahlen"
. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2014
. Consultado o 22 de setembro de 2010
"Mitgliederzahlen: Katholizismus"
remid.de
(en
alemán
. 2025
. Consultado o 27 de maio de 2025
"Mitgliederzahlen: Protestantismus"
remid.de
(en
alemán
. 2025
. Consultado o 27 de maio de 2025
"Mitgliederzahlen: Islam"
remid.de
(en
alemán
. 2025
. Consultado o 27 de maio de 2025
"Religionen & Weltanschauungsgemeinschaften in Deutschland: Mitgliederzahlen"
remid.de
(en
alemán
. 2025
. Consultado o 27 de maio de 2025
Déficits en el sistema de educación alemán
Deustsche Welle
Schulte, B. (2004).
El sistema educativo alemán
, Universidade Humboldt de Berlín
Arquivado
20 de xuño de 2013 en
Wayback Machine
en
Quaderns Digitals
La inmigración cualificada es para Alemania "un golpe de suerte", según la ministra de Trabajo
El Diario.es
, 24/2/2013
Alemaña ten unha estratexia para desfacerse dos europeos do sur pobres
Praza Pública
, 4/3/2013
Eurobarómetro: Os europeos e as súas linguas
Os europeos e as súas linguas
Germans and indians
2006 A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture (Paperback), Second (en inglés), Oxford University Press, 880.
ISBN 0-19-860678-8
"Back to the Future: Germany - A Country of Research"
. Arquivado dende
o orixinal
o 06 de febreiro de 2006
. Consultado o 25 de abril de 2009
"The Alfred B. Nobel Prize Winners, 1901–2003"
. Arquivado dende
o orixinal
o 10 de febreiro de 2010
. Consultado o 25 de abril de 2009
Historical figures in telecommunications
Wilhelm Maximilian Wundt
Automobile
Arquivado
29 de outubro de 2009 en
Wayback Machine
Encarta Encyclopedia
"The Zeppelin"
. Arquivado dende
o orixinal
o 01 de maio de 2011
. Consultado o 25 de abril de 2009
"The Natural History Legacy of Alexander von Humboldt (1769 to 1859)"
. Arquivado dende
o orixinal
o 07 de agosto de 2007
. Consultado o 25 de abril de 2009
"Gottfried Wilhelm Leibniz Prize"
. Arquivado dende
o orixinal
o 21 de xuño de 2008
. Consultado o 25 de abril de 2009
"Culture, Sports & Events"
. Arquivado dende
o orixinal
o 30 de abril de 2011
. Consultado o 01 de abril de 2013
"What we will miss about Michael Schumacher"
en
The Guardian
"Organic Agriculture in Germany"
. Arquivado dende
o orixinal
o 22 de novembro de 2007
. Consultado o 15 de maio de 2008
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Wikimedia Commons
ten máis contidos multimedia na categoría:
Alemaña
Commons
ten máis contidos multimedia sobre:
Atlas de Alemaña
Vexa a entrada do
Galizionario
acerca de
Alemaña
Outros artigos
editar
editar a fonte
Lista de países
Historia de Alemaña
Economía de Alemaña
Demografía de Alemaña
Cultura de Alemaña
Estados de Alemaña
Ligazóns externas
editar
editar a fonte
Portal Oficial de Alemaña
Stio web do Goberno Federal
Arquivado
12 de decembro de 2016 en
Wayback Machine
Bundestag, o Parlamento
Unión Europea
Alemaña
Austria
Bélxica
Bulgaria
Chipre
Croacia
Dinamarca
Eslovaquia
Eslovenia
España
Estonia
Finlandia
Francia
Grecia
Hungría
Irlanda
Italia
Letonia
Lituania
Luxemburgo
Malta
Países Baixos
Polonia
Portugal
Reino Unido
República Checa
Romanía
Suecia
Organización do Tratado do Atlántico Norte
(OTAN)
Albania
Alemaña
Bélxica
Bulgaria
Canadá
República Checa
Croacia
Dinamarca
Eslovaquia
Eslovenia
España
Estados
Unidos
Estonia
Francia
Grecia
Hungría
Islandia
Italia
Letonia
Lituania
Luxemburgo
Macedonia do Norte
Montenegro
Noruega
Países Baixos
Polonia
Portugal
Reino Unido
Romanía
Turquía
Países e dependencias
de
Europa
Estados soberanos
Albania
Alemaña
Andorra
Armenia
Austria
Azerbaidján
Belarús
Bélxica
Bosnia e Hercegovina
Bulgaria
Chipre
Cidade do Vaticano
Croacia
Dinamarca
Eslovaquia
Eslovenia
España
Estonia
Finlandia
Francia
Grecia
Hungría
Islandia
Irlanda
Italia
Kazakhstán
Letonia
Liechtenstein
Lituania
Luxemburgo
Macedonia do Norte
Malta
Moldova
Mónaco
Montenegro
Noruega
Países Baixos
Polonia
Portugal
Reino Unido
República Checa
Romanía
Rusia
San Marino
Serbia
Suecia
Suíza
Turquía
Ucraína
Xeorxia
Estados con
recoñemento limitado
Abkhazia
Artsakh
Chipre do Norte
Kosovo
Osetia do Sur
Transnistria
Dependencias
Dinamarca
Illas Feroe
país autónomo do Reino de Dinamarca
Reino Unido
Akrotiri e Dhekelia
bases soberanas
Xibraltar
Territorio Británico de Ultramar
Guernsey
Illa de Man
Jersey
dependencias da Coroa
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
Illas Åland
rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Svalbard
área non incorporada suxeita ao
Tratado de Svalbard
Reino Unido
Irlanda do Norte
país do Reino Unido suxeito ao
Acordo de Belfast
Conflito árabe-israelí
Participantes
Persoeiros
Conflitos
Diplomacia
Propostas de paz
Primarios:
Estados e autoridades:
Exipto
Iraq
Israel
Xordania
Líbano
Palestina
Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen
Organizacións:
Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP
Antigos participantes:
Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina
Outros:
Estados:
Canadá
Francia
Alemaña
Irán
Noruega
Rusia
Reino Unido
Estados
Unidos
Organizacións:
Unión Europea
ONU
Antigas organizacións:
Unión Soviética
República Árabe Unida
Lester B. Pearson
Hosni Mubarak
Gamal Abdel Nasser
Anwar Sadat
Joschka Fischer
Mahmoud Ahmadinejad
Ali Khamenei
Mohammad Khatami
Ruhollah Khomeini
Faisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
Hassan Nasrallah
Fouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance
1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936
1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968
1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975
1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982
2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987
1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000
2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza
Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
Portal:Alemaña
Control de autoridades
Q183
WorldCat
VIAF
189116956
BIBSYS
90101178
BLBNB
000023054
BNCHL
000000337
BNE
XX450924
BNF
12205186t
BRE
2354371
BVMC
32785
CANTIC
a10958964
CiNii
DA01371992
EBID
ID
EGU
71221
FAST
1210272
GEC
0220737
GeoNames
2921044
GeoNLP:
VwiQvi
GND
4011882-4
Google Maps
8496143413569250651
GOV:
object_149273
HDS
003352
ISNI
0000000122854945
KulturNav
ID
LAC
0053C1690F
LCCN
n80125931
MusicBrainz
ID
NDL
00561571
NKC
ge135889
OSM
51477
Orthodox Encyclopedia:
529087
PTBNP
118657
SUDOC
030685435
TGN
7000084
Treccani
germania
Trismegistos:
3245
TV Tropes
Germany
WDPA
DEU
WOEID
23424829
Identificadores
MeSH
D005858
MeSH
Z01.542.315
UMLS
C0017480
Obtido de «
Categoría
Alemaña
Categorías agochadas:
Wikipedia:Todos os artigos que requiren referencias
Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde outubro de 2015
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Artigos de calidade
Mapas con varias figuras
Wikipedia:Artigos con imprecisións
Wikipedia:Páxinas que usan ligazóns máxicas ISBN
Artigos destacados
Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)
Wikipedia:Páxinas con mapas
Alemaña
Nova sección
US