Museo numismático do Concello de Lobios - Concello de Lobios

Source: http://www.lobios.org/ga/deporte-e-cultura/museo

Archived: 2026-04-23 15:39

Museo numismático do Concello de Lobios - Concello de Lobios
Inicio
Deporte e Cultura
Museo
Museo numismático do Concello de Lobios
Noticias
Municipais
Sede
electrónica
Actas
Municipais
Ordenanzas
Regulamentos
Ofertas
Emprego
Directorio
Telefónico
Boletín
Oficial da provincia
Perfil
Contratante
Porta
Lobios
Museo
Numismático
Punto Limpo
móbil


Deporte e Cultura
Festas
Festas de Lobios
Callos Limiaos
Fútbol
UD Lobios
Piscina
Municipal
Banda de música
Banda de Gaitas
Museo
Numismático
Museo numismático do Concello de Lobios
A idea de crear un Museo Numismático permanente no Concello de Lobios, xurdiu no verán de 1993 de D. Jaime Paz, veciño de Compostela - Lobios, coleccionista e numismático, co gallo de unha exposición temática de moedas de Galicia, feita no que hoxe é o local do Museo Numismático. A entón Corporación presidida por D. Antonio Ferreira López, pareceulle unha excelente idea e, xuntos, comezaron a dar forma á idea da creación do dito Museo. Trálo cambio de Corporación, a nova, presidida por D. Benito Vázquez Vázquez, continuou coa mesma idea rematando con éxito a tarea comezada anos atrás.
O día 30 de xullo de 1996, D. Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia, inaugura oficialmente o Museo Numismático de Lobios.
En él podemos atopar dende moedas da Grecia antiga (AL 22), século III a.C., da República Romana (TRIENTE) do 211 a. C., Moeda Ibérica (AS de bronce) do 180 a 20 a. C., moeda Ibérica (DENARIO de plata) do 120 - 30 a. C. ata a actualidade, cronoloxicamente ordenadas.
Estamos en proceso de informatización dos fondos existentes no Museo Numismático de Lobios. É intención deste Concello por a disposición dos internautas a base de datos que estamos elaborando. Constará de unha ficha con información e foto de cada moeda, medalla ou billete.
O horario de visita é de
luns a venres de 9 a 14 horas
.
Galería