Casa das Artes - Concello de Vigo

Source: http://hoxe.vigo.org/movemonos/m_artes.php

Archived: 2026-04-23 15:39

Casa das Artes - Concello de Vigo
Saltar al contenido
Sede Electrónica
|
ES
Español
Concello de Vigo
Menú
Inicio
Servizos cidadanía
Cultura
Museos, Fundacións e Centros culturais
Casa das Artes
Escoitar
Cultura
Casa das Artes
Enderezo:
rúa Policarpo Sanz, 15. 36201 Vigo
Teléfonos:
986 439 525 / 986 438 446
Fax:
986 437 713
e-mail:
ofi.cultura@vigo.org
Horario
:
De luns a venres.- De 18:00 a 21:00 h.
Martes e xoves: de 11:00 a 14:00 h.
Sábados.- De 12,00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Domingos e festivos.- De 12:00 a 14:00 h.
Edificio racionalista do ano 1939, proxectado por Romualdo de Madariaga. Foi concibido como Banco de España ata que, a mediados da década dos anos 80, o Ministerio de Economía e Facenda decide eliminar todas as sucursais que non estean en capitais de provincia, pasando a formar parte do patrimonio municipal.
A Casa das Artes, que comezou a súa andaina en 1990, constitúe desde entón o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais. Deste xeito, a súas salas acolleron mostras de artes plásticas, arquitectura e fotografía, entre outras disciplinas artísticas, tanto de arte galega contemporánea como das vangardas artísticas máis internacionais do século XX.
Este amplo abano de exposicións pon de manifesto un dos obxectivos primordiais da Casa das Artes, a difusión xeral da cultura en todas as súas formas e manifestacións.
Por outro lado, a Casa das Artes acolle diversas coleccións municipais. É a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras, a cal nace en 1998 froito da doazón realizada polo artista vigués Luis Torras á cidade e que representa a mellor selección da obra desenvolvida por este artista ao longo da súa traxectoria. Considerada unha das figuras máis destacadas da plástica galega contemporánea, Luis Torras manifesta na súa colección, integrada por 67 cadros, unha predilección polas paisaxes e retratos, seguindo unha técnica meticulosa e un estilo que desemboca nun singular fauvismo, desde un postimpresionismo de raíces cubistas.
Cargando recomendacións
Cultura
Museos, Fundacións e Centros culturais
Museo-Pazo Quiñones de León
Museo de arte contemporánea (MARCO)
Museo Verbum
Museo do Mar de Galicia
Arquivo fotográfico Pacheco
Fundación Laxeiro
Fundación Penzol
Castro de Vigo
Casa das Artes
Museo Liste-Etnográfico de Vigo
Museo da Arte Deportiva
Colección de Arte Francisco Fernández del Riego
Teatro Afundación
Sede Afundación
Centro de Educación Ambienta Naturnova
Espazo Colección Afundación
Fundación Pedro Barrié de la Maza
Casa Galega da Cultura
Auditorio do Concello de Vigo
Sala Artika
Teatro-Cine Salesianos
Teatro Ensalle
Museo Anfaco da Industria Conserveira
Bibliotecas
Monumentos e esculturas
Edificios históricos
Igrexas e capelas
Noticias de Cultura
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Servizos da Sede Electrónica
Procedementos: Trámites e Impresos
Carpeta Cidadá
Taboleiro de Edictos e Anuncios
Ofertas de Emprego
Perfil de Contratante
Actas e acordos
Oficina Tributaria
Convocatorias e Subvencións
Expedientes en Exposición Pública
Sede Electrónica
Acceda á Sede Electrónica do Concello de Vigo
Como vai a miña xestión?
Consulte o estado das súas solicitudes
Verificación de documentos
Comprobe a validez dos documentos emitidos polo Concello de Vigo.
Aviso Legal
Protección de Datos
Mapa Web
Contacto
Accesibilidade
Buscador Vigo25
×