Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios | CEIP López Ferreiro
Source: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/taxonomy/term/4%2072%2040%2046
Archived: 2026-04-23 17:34
Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios | CEIP López Ferreiro
Contidos
Portal educativo
SEM Correo
Aula virtual
Galería
Iniciar sesión
O Centro
Localización
Información xeral
Calendario escolar
Organigrama
Documentación PEC
Secretaría - Familias
Xustificación faltas (indicacións para familias)
Formularios_Impresos
Admisión
Libros de texto
Eventos
«
Abril 2026
»
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Actividades
Curso 16- 17
Curso 17-18
Curso 18_19
Curso 19-20
Curso 20_21
Curso 22_23
Curso 23_24
Curso 24_25
Curso 25_26
Extraescolares
Complementarias
Proxectos
Abalar
Biblioteca
Convivencia_Benestar emocional
E-dixgal
Educación Ambiental
Potenciación do uso da lingua galega
Seccións bilingües
ANPA
Datos de contacto
Inicio
Secretaría, Admisión, Libros de texto, Formularios
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO: Curso 2026_27
Enviado por admin o Lun, 02/23/2026 - 12:41
Admisión
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS
Xornadas de portas abertas
25 de febreiro
-
Sorteo público do número para resolver os empates
no procedemento de admisión de alumnado.
Antes do 1 de marzo
-
Publicación dos postos escolares vacantes
Do 1 ao 20 de marzo
-
Presentación de solicitude de admisión
Presentarase unha única solicitude segundo o modelo
ANEXO II (ED550B)
preferentemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado que estará dispoñible na aplicación informática
admisiónalumnado
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente poderase presentar presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.
A partir do 1 de marzo, poden recoller o formulario en papel no colexio. O horario de secretaría do CEIP López Ferreiro é de luns a venres de 09:00 a 14:45h e os martes tamén de 16:30 a 18:15h.
Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, abrirase un prazo de
10 días hábiles
para presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa dos criterios alegados. (Data límite 07/04/2026)
25 de abril
-
Publicación das LISTAXES PROVISONAIS de alumnado admitido e non admitido.
Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.
Antes do 15 de maio
-
Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos.
Prazo de interposición de recurso de alzada ante o Xefe Territorial: 1 mes.
Do 20 ao 30 de xuño
-
Formalización de matrícula do alumnado admitido.
PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NA IMAXE E NOS ARQUIVOS ADXUNTOS:
información sobre o proceso de admisión
,
información sobre o centro e a ANPA
,
tríptico informativo
,
criterios do baremo
,
rúas do CEIP López Ferreiro
O
criterio complementario
do centro outórgase por "domicilio familiar ou lugar de traballo dos pais ou titores legais na área de influencia do centro".
»
5 adxuntos
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Mér, 01/28/2026 - 10:54
Admisión
As xornadas de portas abertas no noso centro serán:
- martes 24 de febreiro ás 19:00h
- mércores 25 de febreiro ás 17:00h
ENTRADA POLA RÚA XASMÍNS.
ENLACE
para anotarse.
Para acceder a máis información,
preme na seguinte imaxe
:
»
1 adxunto
RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (IES Xelmírez I e IES Xelmírez II) PARA O CURSO 2026/27
Enviado por admin o Mér, 01/14/2026 - 14:14
Admisión
Desde
o
15 de xaneiro ata o 4 de febreiro
de 2026 está aberto o prazo para solicitar a
reserva de praza
nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Xelmírez I e IES Xelmírez II)
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA:
electrónica ou presencial
Poden cubrir a solicitude de forma electrónica a través da aplicación
admisionalumnado
(
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
/
)
e, se teñen certificado electrónico ou chave365, rexistrala telemáticamente ou unha vez cuberta entregala no centro no que está matriculado neste momento o alumno/a.
Tamén poden cubrir a man o modelo de solicitude e entregalo no colexio.
En ambos casos, xunto coa solicitude deberán achegar o Anexo I-bis e o resto de documentación que fose precisa.
É preciso que ambos proxenitores asinen a solicitude.
Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado
é necesario o consentimento das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras,
coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.
En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (anexo I-bis).
Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
A reserva de praza ten carácter único e vinculante
.Non obstante, poderá renunciarse na forma indicada a continuación.
“Para renunciar a unha praza reservada no centro de adscrición será necesario presentar un escrito de renuncia no centro docente coa data límite do día 28 de febreiro de 2026. Na solicitude de admisión ordinaria ED550B presentada en prazo terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”.
Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP López Ferreiro, deberán facelo durante o período ordinario de admisión do 1 ao 20 de marzo no centro que queiran en primeiro lugar.
Nota1. O colexio facilitará unha copia do formulario de solicitude ás persoas interesadas que a soliciten
IMPRESO DE RESERVA:
SOLICITUDE: Galego
SOLICITUD: Castelán
Libros de texto para o curso 2025/26
Enviado por admin o Ven, 06/13/2025 - 11:26
Libros de texto
Libros de texto para o curso 2025/26
»
1 adxunto
Libros de texto e material para o curso 2024/2025
Enviado por admin o Lun, 06/17/2024 - 10:56
Libros de texto
PREMENDO NA IMAXE PODEN CONSULTAR OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO
»
1 adxunto
Fondo solidario libros de texto e axudas para libros e material
Enviado por admin o Lun, 05/20/2024 - 13:59
Libros de texto
Hoxe publicouse a
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
DESTINATARIOS
Fondo solidario de libros de texto:
alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Axudas para adquirir libros de texto
: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
Axudas para adquirir material escolar:
alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
SOLICITUDES
Prazo
: do 21/05/2024 ao 21/06/2024 (incluídos)
Forma de presentación:
A solicitude será única para todos os fillos/as ou tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. Se estivesen admitidos en centros distintos deberán facer unha solicitude para cada un dos centros.
Electrónica:
utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica
Presencial con asistencia da aplicación :
cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
Presencial manual:
cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
-
Impreso solicitude_castelán
-
Impreso solicitude_galego
»
2 adxuntos
Admisión de novo alumnado: INFORMACIÓN XERAL
Enviado por admin o Mar, 02/27/2024 - 14:31
Admisión
TODAS AS SOLICITUDE PRESENTADAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, ESTÁN ADMITIDAS POSTO QUE O NÚMERO DE VACANTES É IGUAL OU SUPERIOR AO NÚMERO DE SOLICITUDES.
AQUELAS FAMILIAS QUE SOLICITARON PRAZA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA, dada a insuficiencia de postos dispoñibles, terán 10 días hábiles para presentar, se non o fixeron, a documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados.
Calendario de actuacións
Xornadas de portas abertas
27 de febreiro

Publicación dos
postos escolares vacantes
LISTAXE DE
VACANTES
CURSO 2023/2024
NIVEL
VACANTES
RESERVA
TOTAL
Solicitudes presentadas
4º E.I (3 anos)
34
6*
40
32
5º E.I (4 anos)
18
0
18
1
6º E.I (5 anos)
2
0
2
2
1º E. Primaria
0
3*
3
2º E. Primaria
0
0
0
3º E. Primaria
0
0
0
2
4º E. Primaria
0
0
0
5º E. Primaria
0
0
0
1
6º E. Primaria
1
0
1
*De acordo coa normativa vixente reservaranse 3 prazas por unidade do total das vacantes previstas para atender a escolarización de alumnado con neae (necesidades especificas de apoio educativo). Para o vindeiro curso reservaranse 6 prazas en 4º de Ed. Infantil e 3 en 1º de Ed. Primaria. As devanditas prazas non adxudicadas, asignaranse dentro do procedemento ordinario de admisión e, se é o caso, no subsidiario.
Do 1 ao 20 de marzo
-
Presentación de solicitude de admisión
Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II (ED550B) preferentemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado que estará dispoñible na aplicación informática admisiónalumnado
(
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

A partir do 1 de marzo, poden recoller
o formulario en papel
no colexio. O horario de secretaría do CEIP López Ferreiro é de luns a venres de 09:00 a 14:45h e os martes tamén de 16:30 a 18:30h.

para presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa dos criterios alegados.
25 de abril
- Publicación das LISTAXES PROVISONAIS de alumnado ADMITIDO e NON ADMITIDO.

15 de maio
- Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS e NON ADMITIDOS/AS.

MATRÍCULA
DOCUMENTACIÓN
PRECISA PARA A MATRÍCULA:
Solicitude – Anexo III-1
3 fotografías tamaño carné
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
Fotocopia do libro de vacinas
Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten)
Fotocopia do DNI dos proxenitores.
IMPRESOS
QUE DEBEN CUBRIR (enviáronse por correo electrónico e poden recollerse no colexio)
Ficha de datos persoais
Autorización uso da imaxe
Autorización actividades extraescolares
Autorización para a retirada do alumno/a (tamén poden entregalo en setembro)
Ficha informativa datos médicos
No caso de que o seu fillo/a deba ser incluído no Programa “Alerta Escolar 061” deben comunicalo e presentar un informe médico.
Se van usar o Aparcadoiro de Xoán XXIII, deben pedir no Colexio a solicitude e despois entregala selada nas oficinas do Aparcadoiro.
PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS:

6 adxuntos
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25: portas abertas
Enviado por admin o Lun, 01/22/2024 - 12:02
Admisión
As xornadas de portas abertas para coñecer o CEIP López Ferreiro, serán o
21 de febreiro.
Pódese elixir entre
dúas quendas:
- Ás 9:30 h, con entrada por Xoán XXIII.
Quen acuda a esta hora, poderá comprobar como se acolle ao alumnado (especialmente de educación infantil) e a subida ás aulas. Logo, faremos un percorrido polas instalacións e detallaremos algúns aspectos das características, metodoloxías e programas que se desenvolven no noso centro.
-
Ás 17:00 h, con entrada pola rúa Xasmíns.
Quen veña nesta franxa horaria, observará algunha das actividades extraescolares que se organizan. A continuación, realizaremos a presentación do centro seguindo o mesmo esquema que pola mañá.
Agardámosvos!
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL
Enviado por admin o Mér, 05/18/2022 - 19:35
Libros de texto
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23
O PRAZO de presentación vai do 19 de maio ao 22 de xuño.
A SOLICITUDE será única para todos os alumos/as matriculados/as nun mesmo centro educativo o vindeiro curso (salvo que se tramite pola sede electrónica donde haberá que facer unha solicitude por cada alumno/a) e poderá cumprimentarse:
De
xeito manual
, solicitando o modelo na secretaría do centro ou imprimindo o modelo
pinchando neste enlace
.
Na
Aplicación Fondolibros
,
e realizando a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente no colexio
Poderán solicitar:
Axudas para material escolar (de 1º a 6º de Educación Primaria)
Axudas para libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria)
Participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Educación Primaria). O alumnado de 5º e 6º do noso centro non pode optar ás axudas para libros por pertencer ao Proxecto E-dixgal (si poden solicitar as axudas para material escolar).
»
1 adxunto
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO
Enviado por admin o Ven, 02/11/2022 - 13:47
Admisión
Este curso celebraremos tres xornadas de portas abertas para que as familias poidan coñecer o noso centro:
-
XORNADA VIRTUAL:
o
xoves 24 de febreiro ás 10:00h
. Non é preciso inscribirse, uns días antes poñeremos na web o enlace para acceder.
-
XORNADAS PRESENCIAIS
: o
mércores 23 e o xoves 24 de febreiro ás 17:00h
. Aquelas persoas interesadas en acudir (un representante por neno/a), deberán enviar un correo electrónico a
ceip.lopez.ferreiro@edu.xunta.gal
indicando o nome de quen queira asistir e o día que desexa. Responderáselles a ese correo indicando se teñen ou non praza , pois haberá un máximo de 20 persoas por sesión.
Pinchando nos enlaces poden ver unha breve presentación do Colexio e
da ANPA
:
-
Presentación do colexio
-
Presentación da ANPA
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:
LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO
SOLICITUDES DE ADMISIÓN E HORARIO DE SECRETARÍA
DATOS DA SOLICITUDE A TER EN CONTA
INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO, A ANPA E O PROCESO DE ADMISIÓN
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS
CRITERIOS DO BAREMO
RÚAS DE INFLUENCIA
e
CENTROS LIMÍTROFES
poden consultar o
Xeoportal
para saber o centro de influencia
»
9 adxuntos
1
2
3
4
5
seguinte ›
última »
Revista Pegada 21
Colexio do Benquerer
O horto do Ferreiro
Polos Creativos
Ule Raro
Blogues do centro
Blog da Biblioteca
Lulu nas ondas
Blog do EDLG
Fai un trato co galego
O noso recoveco
Cat Got yout Tongue_ Blog de TeacherMari
Sentindo en Feminino Web de Educación Infantil
Donas de si
Feito con Drupal (ver. 6.28)
Proxecto Webs dinámicas
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013