CEIP López Ferreiro
Source: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/node
Archived: 2026-04-23 17:36
CEIP López Ferreiro
Contidos
Portal educativo
SEM Correo
Aula virtual
Galería
Iniciar sesión
O Centro
Localización
Información xeral
Calendario escolar
Organigrama
Documentación PEC
Secretaría - Familias
Eventos
«
Abril 2026
»
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Actividades
Curso 16- 17
Curso 17-18
Curso 18_19
Curso 19-20
Curso 20_21
Curso 22_23
Curso 23_24
Curso 24_25
Curso 25_26
Extraescolares
Complementarias
Proxectos
Abalar
Biblioteca
Convivencia_Benestar emocional
E-dixgal
Educación Ambiental
Potenciación do uso da lingua galega
Seccións bilingües
ANPA
Datos de contacto
O orgullo de medrar no López Ferreiro!
Enviado por admin1 o Lun, 04/13/2026 - 21:33
Curso 25_26
O noso centro segue a celebrar o 50 aniversario da súa sede actual. Para conmemoralo organizouse unha programación de actividades que achegou á rapazada a alumndo e docentes de épocas anteriores. A celebración desta segunda fase dos festexos, iniciada no mes de decembro, rematou cunha "verbena", na que participaron tamén a alcaldesa de Santiago e a concelleira de educación.
Os xornais da cidade, recolleron a nova:
El Correo Gallego
El Ideal Gallego
La Voz de Galicia
»
blogue de admin1
Encontro de Equipos de Axuda
Enviado por admin1 o Lun, 04/20/2026 - 16:23
Curso 25_26
O venres, 17 de abril, tivo lugar o primeiro encontro dos Equipos de Axuda do IES Xelmírez I e do CEIP López Ferreiro.
O alumnado de 1º da ESO e o de 5º e 6º de primaria do CEIP López Ferreiro gozou dunha xornada de xogo, convivencia, acompañamento e bo trato.
A nosa escola quere agradecer esta iniciativa impulsada desde o IES e coordinada por Carme Moure e agarda que sexa a primeira de moitas!
»
blogue de admin1
O alumnado de 5ºEP recibe un premio!
Enviado por admin1 o Lun, 04/13/2026 - 21:42
Curso 25_26
O pasado 16 de marzo o alumnado de 5º de EP participou no
obradoiro Segura-Mente
, programa escolar de educación financeira da Fundación Obra Social ABANCA.
A proposta consistiu en organizar ‘O Gran Festival’, un festival escolar co que recadar fondos para realizar unha actividade coa aula ou excursión de fin de curso. O festival tiña que basearse na sustentabilidade, o emprendemento e o valor cultural da contorna do centro, cumprindo obxectivos que promovan estes valores.
Comprácenos comunicar que a proposta do noso alumnado, “Festival de primavera”, conseguiu o premio do mes de marzo da súa categoría.
Premendo no enlace podedes ver o traballo realizado:
https://www.programaseguramenteabanca.com/premios/
»
blogue de admin1
Presentación de Mazarelos de Manuel Portas
Enviado por admin1 o Lun, 04/13/2026 - 21:28
Animación á lectura
Curso 25_26
Potenciación do uso da lingua galega
O mércores, día 8 de abril, presentouse na biblioteca Helena Villar, a última obra de
Manuel Portas
.
O noso centro acolleu esta presentación grazas á iniciativa do club de lectura Onas das Letras e ao interese do Equipo da Biblioteca e do EDLG, porque se desenvolvera na nosa escola.
Foi un luxo poder compartir a tarde co autor e con
Loli Sans
, que guiou este encontro.
Como xa sinalara Manuel Portas: "É unha novela que chanta as súas raíces na mesma historia do instituto en que desenvolvín case toda a miña vida profesional, no Xelmírez I de Santiago". Pero tamén é un relato que "fala de nós, da nosa identidade máis profunda", como lembrou hai uns días, a alcaldesa Goretti Sanmartín.
»
blogue de admin1
O López Ferreiro continúa a súa campaña de sensibilización a favor do galego.
Enviado por admin1 o Lun, 04/13/2026 - 21:04
Curso 25_26
Potenciación do uso da lingua galega
A nosa comunidade educativa segue a pór en valor a nosa lingua e continúa a súa implicación coa campaña iniciada hai tres cursos.
Uníronse ultimamente á nosa iniciativa Fai un trato co galego! o médico, investigador e catedrático de Medicina Legal na USC,
Ángel Carracedo
. Tamén o fixo
Paula Cons
, xornalista e directora de cine. Quixo apoiarnos igualmente a cantante
Pili Pampín
e, por suposto, os encargados de desenvolver a "verbena" que se realizou a finais de marzo no noso centro,
Ortiga e Xavi Cea
.
Por outra banda, Antón Pedreira, libreiro e activista cultural, propietario da
Libraría Pedreira
e o
ximnasio Curves
, foron agasallados co noso adhesivo
Aquí atendemos en galego
, polo seu compromiso co idioma e por prestar atención á súa clientela en galego.
Moitas grazas a estas persoas que nos animan a continuar co proxecto!
»
blogue de admin1
Sesión de animación á lectura
Enviado por admin1 o Ven, 04/10/2026 - 19:54
Animación á lectura
Curso 25_26
Biblioteca
No mes de abril, desde a biblioteca do centro propoñemos un conxunto de actividades destinadas a fomentar a lectura e a afección polos libros entre o noso alumnado. Trátase dunha iniciativa que busca espertar a curiosidade, a imaxinación e o gusto por descubrir novas historias.
Nesta ocasión, despois de ler na aula a divertida historia de As sete Carrapuchiñas terribles e o pobre lobo encarnado, tivemos a oportunidade de gozar dunha sesión de animación á lectura moi especial. Entre todos e todas, e dun xeito moi participativo e entretido, levamos a cabo a representación deste conto tan orixinal.
A actividade estivo chea de risas, creatividade e traballo en equipo. O alumnado implicouse activamente, interpretando os distintos personaxes e dando vida á historia dun xeito único. Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu achegarnos aos libros desde unha perspectiva lúdica e diferente.
Seguiremos apostando por este tipo de propostas que fan da lectura unha aventura apaixonante!
»
blogue de admin1
Novas incorporacións na biblioteca do centro
Enviado por admin1 o Ven, 04/10/2026 - 19:44
Catálogo
Curso 25_26
Biblioteca
A biblioteca escolar é un espazo vivo, dinámico e en constante evolución. Un dos seus grandes retos e tamén unha das súas máis fermosas aspiracións, é manterse sempre actualizada, ofrecendo ao alumnado recursos que esperten a curiosidade, alimenten o pensamento e fomenten o pracer pola lectura.
Renovar e actualizar os fondos bibliográficos non é só unha cuestión estética ou de novidade, senón unha necesidade educativa. Os intereses do alumnado cambian, os coñecementos amplíanse e as formas de contar historias evolucionan. Por iso, é fundamental incorporar novas voces, novos temas e novos formatos que conecten coa realidade do noso tempo e coas inquedanzas dos lectores e lectoras.
Ademais, unha biblioteca actualizada contribúe a crear un ambiente máis atractivo e motivador. Cada novo libro que chega é unha porta aberta a descubrir mundos, ideas e emocións diferentes. É tamén unha oportunidade para que cada neno ou nena atope ese libro especial que pode marcar un antes e un despois na súa relación coa lectura.
E se hai un momento ideal para celebrar esta renovación, ese é o mes de abril. Co gallo do Día do Libro, a biblioteca convértese nun espazo aínda máis especial, no que as palabras cobran protagonismo e a lectura se celebra como un acto compartido. É a ocasión perfecta para ofrecer ao alumnado usuario unha coidada selección de novidades, escollidas con esmero para sorprender, emocionar e inspirar.
Animamos así a toda a comunidade educativa a achegarse á biblioteca, descubrir as novas incorporacións e deixarse levar pola maxia dos libros. Porque unha biblioteca que medra e se renova é unha biblioteca que educa, que acompaña e que transforma.
»
blogue de admin1
Un mes de música
Enviado por admin1 o Sáb, 04/04/2026 - 12:00
Curso 25_26
Durante o mes de marzo o alumnado do CEIP López Ferreiro participou en diversas actividades musicais.
Os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil gozaron, no Auditorio de Galicia, do espectáculo
" O rato Pérez"
. O alumnado de 2º Educación Primaria asistiu á representación de
"Os contos do Lobicán"
e o de 3º á de
"Son salvaxe"
.
Tamén visitamos, co alumnado de 1º Educación Primaria, a Escola Municipal de Música de Santiago, onde participamos da representación
"Quen é quen: os instrumentos que habitan na EMM".
»
blogue de admin1
Ler en familia: xogamos, aprendemos e compartimos
Enviado por admin1 o Sáb, 04/04/2026 - 11:46
Animación á lectura
Potenciación do uso da lingua galega
Hoxe tivo lugar na biblioteca do colexio a actividade
“Ler en familia”
, un encontro moi especial no que puidemos compartir tempo de calidade entre alumnado e familias arredor do xogo.
Nesta ocasión contamos coa visita de
Sandra
, da
xoguetería
EscondiT
, que nos guiou nunha sesión chea de ideas, propostas e moita diversión. Ao longo da actividade, falounos da importancia de xogar en familia e de como os xogos poden converterse nunha ferramenta moi valiosa para estimular a creatividade, a imaxinación e as destrezas mentais dos nenos e nenas.
Sandra non só nos explicou as vantaxes destes xogos, senón que tamén nos deu a oportunidade de probalos. A biblioteca encheuse de risas, concentración e complicidade, mentres familias e alumnado participaban xuntos en diferentes propostas lúdicas: xogos de palabras, retos de enxeño, dinámicas de cooperación… Cada mesa, cada recuncho, convertéronse nun pequeno espazo de aprendizaxe compartida.
Foi unha actividade moi enriquecedora, na que aprendemos que xogar tamén é aprender, e que facelo en familia fortalece vínculos, fomenta a comunicación e crea recordos inesquecibles. Ademais, levamos para a casa novas ideas para seguir gozando do tempo en familia dun xeito educativo e divertido.
Queremos agradecer, unha vez máis, a Sandra a súa cercanía, a súa profesionalidade e a súa capacidade para facernos gozar mentres aprendemos. Foi un pracer contar contigo!
Sen dúbida, repetiremos experiencia.
»
blogue de admin1
Cando as nenas voan alto
Enviado por admin1 o Sáb, 04/04/2026 - 11:34
Curso 25_26
Como colofón das actividades do mes de marzo, centradas na igualdade de todas e todos, na dignidade e nos dereitos das mulleres e na procura dunha sociedade mellor a través da educación, achegouse ata nós, case por sorpresa,
Goretti Sanmartín
para falarnos de mulleres e de soños.
Contounos un conto moi inspirador,
Cando as nenas voan alto
, e animounos a todos e a todas a deixar atrás esas pedras que ás veces nos pesan e nos impiden avanzar, para poder voar libres cara ás nosas metas e soños por cumprir.
Foi unha actividade moi enriquecedora, que nos fixo reflexionar, pero tamén rir, gozar e imaxinar un futuro cheo de posibilidades. Goretti demostrou ser unha grande oradora e unha marabillosa contacontos. Non podiamos deixar de escoitar!
Ao remate, fixémoslle entrega dun pequeno agasallo como mostra do noso agradecemento, porque sabemos que a súa axenda está sempre moi ocupada.
Queremos rematar cun sincero agradecemento a Goretti pola súa visita, pola súa cercanía e polas súas palabras. Para nós é todo un referente: muller e alcaldesa, que nos amosa co seu exemplo, que entre todos e todas a igualdade é posible.
Sen dúbida, foi unha desas experiencias que non se esquecen, das que nos axudan a crer que tamén nós podemos voar alto.
»
blogue de admin1
1
2
3
4
5
6
7
8
9
…
seguinte ›
última »
Revista Pegada 21
Colexio do Benquerer
O horto do Ferreiro
Polos Creativos
Ule Raro
Blogues do centro
Blog da Biblioteca
Lulu nas ondas
Blog do EDLG
Fai un trato co galego
O noso recoveco
Cat Got yout Tongue_ Blog de TeacherMari
Sentindo en Feminino Web de Educación Infantil
Donas de si
Feito con Drupal (ver. 6.28)
Proxecto Webs dinámicas
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013