Curso 24_25 | CEIP López Ferreiro
Source: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/taxonomy/term/89
Archived: 2026-04-23 17:36
Curso 24_25 | CEIP López Ferreiro
Contidos
Portal educativo
SEM Correo
Aula virtual
Galería
Iniciar sesión
O Centro
Localización
Información xeral
Calendario escolar
Organigrama
Documentación PEC
Secretaría - Familias
Eventos
«
Abril 2026
»
Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Actividades
Curso 16- 17
Curso 17-18
Curso 18_19
Curso 19-20
Curso 20_21
Curso 22_23
Curso 23_24
Curso 24_25
Curso 25_26
Extraescolares
Complementarias
Proxectos
Abalar
Biblioteca
Convivencia_Benestar emocional
E-dixgal
Educación Ambiental
Potenciación do uso da lingua galega
Seccións bilingües
ANPA
Datos de contacto
Inicio
Curso 24_25
Premios para o CEIP López Ferreiro
Enviado por admin1 o Lun, 06/09/2025 - 13:27
Curso 24_25
Nas últimas semanas a nosa escola foi premiada na
VII Gala pola Seguridade Viaria
e tamén recibiu recoñecemento pola súa participación no
VII Premio "O Vello dos Contos"
.
Parabén a todo o alumnado e profesorado participante.
»
blogue de admin1
Castelao 3.0 Galiza no cora
Enviado por admin1 o Lun, 06/09/2025 - 13:09
Curso 24_25
Potenciación do uso da lingua galega
Co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, un guionista fixo a obra culme dun dos personaxes máis importantes da nosa historia. A multinacional Netflix está interesada en filmala e decide darlle un toque máis... actual. Que podería saír mal? Ou ben?
Podedes ver a
representación teatral
do alumnado de 5º e 6º do CEIP López Ferreiro polo Festival Intercentros 2025 no Teatro Principal de Santiago.
»
blogue de admin1
Vila Real: unha viaxe que nos uniu máis aló do Miño
Enviado por admin1 o Lun, 06/09/2025 - 11:49
Curso 24_25
Este abril, o alumnado de 6ºB do CEIP López Ferreiro cruzou as fronteiras nunha
aventura única en Vila Real (Portugal), grazas ao proxecto “Vivir nos municipios do Eixo
Atlántico”.
Durante dous días compartiron risas, aprendizaxes e descubrimentos cos/coas novos/as
amigos e amigas do Grupo de Escolas Morgado Mateus. Participaron en xogos
populares, obradoiros, dinámicas de grupo, e ata nunha exhibición de proxectos escolares
que os/as deixaron abraiados/as pola súa creatividade.
Exploraron a natureza nas pasarelas do río Corgo, pasearon pola Vila Velha,
mergulláronse na historia e ata foron recibidos/as polo alcalde no Salón Nobre do Concello. E como colofón... visitaron a primeira central hidroeléctrica do país cunhas vistas de
película, gozaron do Centro de Ciencia e dos crebacabezas máis grandes de Europa.
Regresaron a Santiago cun feixe de emocións e coa certeza de que este intercambio sementou a
amizade, a curiosidade e a cultura.
Agora, con moita ilusión, agardamos
a súa visita para devolverlles todo o que nos fixeron sentir.
Porque ás veces, aprender é viaxar... e vivir xuntos!
»
blogue de admin1
Foliada das Letras Galego-Portuguesas
Enviado por admin1 o Lun, 05/26/2025 - 10:32
Curso 24_25
Potenciación do uso da lingua galega
O venres 23 de maio, o noso centro participou xunto con outras catorce escolas e institutos de Galicia e de Portugal , na
Foliada das Letras Galego-Portuguesas.
Desenvolveuse no Parque Eugenio Granell de Compostela. As Ferreiriñas, a agrupación de pandeireteiras da nosa escola ofreceu tres pezas que gustaron moito a todo o público asistente.
Todas e todos puidemos gozar dunha xornada festiva compartindo instrumentos, cantos, bailes, comida... E gozamos tamén coa actuación de De Vacas!
»
blogue de admin1
Visita da Ecole Primaire Petit Paris de Brest
Enviado por admin1 o Dom, 05/25/2025 - 18:06
Curso 24_25
Seccións bilingües
Unha das aulas do noso centro (6ºC EP) tivo a sorte de compartir tres días inesquecibles co alumnado da Ecole Primaire Petit Paris de Brest (Francia), como parte dun intercambio cultural que levamos desenvolvendo dous cursos.
A través dunha gran diversidade de propostas, tiveron a oportunidade de se comunicar con persoas coas que non comparten o mesmo idioma, facilitando a práctica do inglés e descubrindo novos xeitos de expresarse. Un dos momentos máis emotivos foi a visita guiada pola nosa fermosa cidade, onde quedaron abraiados/as pola súa beleza e historia.
Tampouco faltaron o paseo pola beira do río Sarela e os cantos e bailes en francés e en galego.
Foron uns días cheos de emocións e experiencias únicas que amplíaron os coñecementos dos/as nenos/as e contribuiron a que medren como persoas.
Ademais, achegáronse a arte que se fai en Galicia, cunha visita ao Centro Galego de Arte Contemporánea.
Quedaron encantados e encantadas coa escola, coa hospitalidade da nosa cidade e cos manxares que probaron no comedor escolar. Sen dúbida, esta experiencia serviu para crear lazos de amizade que transcenden fronteiras.
Podedes ver unha pequena presentación neste
enlace
.
À bientôt les ami
»
blogue de admin1
Tradidácticos
Enviado por admin1 o Mar, 05/13/2025 - 09:56
Curso 24_25
Potenciación do uso da lingua galega
O pasado 23 de abril recibimos a visita de Manuel Pardo, docente de pandeireta, gaita, percusión e baile e integrante de varios grupos vencellados á música tradicional galega (AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes).
A través do seu proxecto @tradidacticos.gal, creado coa idea de perpetuar a nosa herdanza cultural, Manuel achegouse ao centro para compartir co alumnado de Educación Infantil e o 1º Ciclo de Primaria un obradoiro moi interesante. Nel, ofreceuse aos nenos e ás nenas a posibilidade de ver de preto os diferentes instrumentos da tradición galega (varios tipos de gaita, pandeireta, tambor, cunchas, castañolas, acordeón...), coñecer as súas partes ou a técnica coa que se tocan.
Tratouse dun obradoiro interactivo, posto os/as rapaces/as puideron tocar moitos dos instrumentos e mesmo acompañaron a Manuel nalgunha das cancións.
Experiencias como esta, favorecen o desenvolvemento musical do alumnado e fomentan o coñecemento e o respecto polo noso patrimonio cultural.
»
blogue de admin1
A educación ten faciana de muller
Enviado por admin1 o Mér, 05/07/2025 - 19:26
Curso 24_25
Potenciación do uso da lingua galega
Desde a pasada semana estamos a gozar no centro da exposición “A educación ten faciana de muller”, un traballo que recolle a imaxe e unha pequena biografía de mulleres representativas, neste caso, do mundo do ensino.
É unha iniciativa que desenvolveu o alumnado da materia de Teoría e Historia da Educación Escolar do Grao en Mestra/e de Educación Primaria, co apoio da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación.
»
blogue de admin1
Panadería Aboamigalla con 6ºA e C de primaria
Enviado por admin1 o Sáb, 05/03/2025 - 17:40
Curso 24_25
O día 22 de abril, as aulas de 6ºA e 6ºC de primaria, visitaron o
obradoiro da panadería Aboamigalla
, que colabora
co comedor do noso centro e nos ofreceu a realización dunha proposta de xeito gratuíto.
No obradoiro Aboamigalla, explicáronlle ao alumnado en que consiste a súa aposta pola conservación da tradición artesá e pola protección do medio ambiente, o noso futuro. Achegaron o seu proceso de produción sostible do Pan de Cea para o que non empregan combustibles fósiles, co que o impacto medio ambiental é menor e para o que aproveitan a enerxía calorífica residual que se produce durante o quecemento dos fornos, para a elaboración do pan.
Desde aquí queremos transmitir o noso enorme agradecemento por proporcionar ao alumnado os seus saberes e acollernos con tanta profesionalidade.
»
blogue de admin1
Actividades do alumnado de 6ºA e C de primaria
Enviado por admin1 o Sáb, 05/03/2025 - 17:33
Curso 24_25
Os días 22 e 23 de abril, o alumnado de 6ºA e 6ºC de primaria, desenvolveu unhas actividades simultaneas á viaxe a Vila Real, na que participou o alumnado de 6ºB.
Estas iniciativas foron posibles e gratuítas grazas á colaboración da
ANPA
e do Centro.
O día 22 visitaron o
Mosteiro de Oseira
, considerado unha obra mestra da arquitectura cisterniense. Ademais do conxunto monacal, puideron visitar no seu interior o museo no que se exhibe unha colección de obxectos de pedra, froito das escavacións e reformas que tiveron lugar no templo durante séculos.
Aproveitaron para achegarse ao obrador da
panadería Aboamigalla
,
colaborador
co comedor do noso centro, pero disto falaremos con máis detalle noutra entrada.
O día 23 realizaron unha visita guiada á nosa xoia do románico, o
Pórtico da Gloria
.
A continuación, e grazas ás explicacións de Lois Trigo, antigo director do noso centro, fíxose un percorrido polas rúas medievais da nosa cidade.
»
blogue de admin1
"A investigación cambia o mundo". A ciencia feita en Galicia.
Enviado por admin1 o Mar, 04/08/2025 - 09:35
Curso 24_25
Potenciación do uso da lingua galega
O alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro tivo a sorte de recibir a visita de María de la Fuente Freire, recoñecida investigadora galega, que compartiu con nós unha charla apaixonante sobre a ciencia feita en Galicia.
Cun título tan evocador como “A
investigación cambia o mundo
”, durante máis dunha hora, María falounos da súa experiencia como científica, explicando que a investigación é unha ferramenta fundamental para mellorar a nosa sociedade, e que tamén é unha viaxe chea de preguntas, descubrimentos e aprendizaxe constante. Animou ao alumnado a manter a curiosidade, a facerse preguntas e a non ter medo a explorar novos camiños.
Un dos puntos máis destacados da charla foi a reflexión sobre a igualdade na ciencia. María recalcou que se pode facer ciencia en galego e en feminino e que, aínda que se conseguiron algúns avances, queda moito camiño que percorrer para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades no mundo da investigación, independentemente do seu xénero. Por iso, convidounos a loitar contra os estereotipos e a crer nas nosas capacidades, xa que, a ciencia necesita de todas e todos.
»
blogue de admin1
1
2
3
4
seguinte ›
última »
Revista Pegada 21
Colexio do Benquerer
O horto do Ferreiro
Polos Creativos
Ule Raro
Blogues do centro
Blog da Biblioteca
Lulu nas ondas
Blog do EDLG
Fai un trato co galego
O noso recoveco
Cat Got yout Tongue_ Blog de TeacherMari
Sentindo en Feminino Web de Educación Infantil
Donas de si
Feito con Drupal (ver. 6.28)
Proxecto Webs dinámicas
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013