Compostela Aberta - Polo que importa para Santiago - Vota Compostela Aberta
Source: http://compostelaaberta.org
Archived: 2026-04-23 16:40
Compostela Aberta - Polo que importa para Santiago - Vota Compostela Aberta
Ir o contido
"O RESPONSABLE COA VECIÑANZA ERA APORTAR ESTABILIDADE NO GOBERNO"
LER ENTREVISTA
“ASINAMOS UN BO ACORDO PARA SANTIAGO"
Saber máis
BOTA A ANDAR O GOBERNO DE COALICIÓN
SABER MÁIS
Previous
Next
Compostela Aberta é unha organización política municipalista. Unha confluencia de persoas conscientes e comprometidas para devolverlle Santiago á xente e facer políticas de esquerdas transformadoras e valentes.
Coñécenos
As nosas Propostas
Séguenos no whatsapp
Axúdasnos a facer unha
Compostela mellor?
En Compostela Aberta temos recollido no noso Código Ético a renuncia explícita dos créditos bancarios e das doazóns de particulares que poidan coartar a nosa independencia política.
Inscríbete
Achegas económicas
Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes
Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa
Compostela Aberta non apoiará ningún modelo de xestión da auga que non garanta o control público do servizo
María Rozas lamenta que a oposición “manteña unha posición prefixada e non contemple ningunha alternativa ao modelo privatizado que despois de máis de 50 anos deixou unhas infraestruturas obsoletas en Santiago e unha preocupante falta de transparencia”. CA defende a fórmula da empresa mixta para avanzar no control público da auga e para garantir que os seus beneficios se reinvistan na mellora do servizo e polo tanto en favor da veciñanza.
Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro
Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
Compostela Aberta apoia a folga na Atención Primaria
Compostela Aberta manifesta o seu apoio á folga convocada polo persoal da Atención Primaria en Galicia, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral e asistencial que sofre o sistema sanitario galego. Denunciando unha estratexia calculada, por parte do goberno galego, que procura un desmantelamento do servizo público e unha privatización paulatina dun dos que debería ser un dos piares do Estado de benestar galego.
Compostela Aberta súmase á Plataforma “Emerxencia, Dependencia”
María Rozas participou na reunión constitutiva da Plataforma “Emerxencia, Dependencia”, que reúne a organizacións sociais, políticas e sindicais para alertar da situación de
emerxencia na que se atopa o sistema de dependencia en Galicia. O próximo 17 de novembro, a Plataforma concentrarase diante do Parlamento.
Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública
Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas reivindica o traballo de CA no Goberno “nun ano marcado polos avances sociais no que conseguimos un Santiago mellor”
A portavoz municipal de Compostela Aberta interviu no Pleno do debate sobre o estado do municipio para render contas “do feito e do que queda por facer” nas concellarías que dependen de CA. María Rozas afirmou que “tras ano e medio de Goberno, hoxe temos un mellor Santiago que en 2023, e seguiremos traballando para impulsar políticas progresistas que melloren a vida da xente”.
Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025
María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.
Toda a actualidade nun click
UN GOBERNO DE COMPOSTELA ABERTA POLO QUE IMPORTA
Estas son algunhas das nosas propostas para facer de Santiago unha cidade mellor para vivir e ser vivida
POR UNHA XESTIÓN PÚBLICA DA AUGA QUE BENEFICIE ÁS PERSOAS E NON A MULTINACIONAIS
A auga é un ben público que en Santiago leva 50 anos en mans privadas. Por iso queremos recuperar a súa xestión a través dunha
Empresa Municipal de Auga
.
Gracias a esta empresa podemos aforrar ata 80 millóns de euros que non serán para beneficio dunha multinacional senón para dar un
mellor servizo á veciñanza e renovar infraestruturas obsoletas
dende hai décadas. Moi especialmente no rural, onde a estas alturas aínda segue faltando abastecemento e saneamento en moitas parroquias.
POR UN TURISMO SOSTIBLE E DE CALIDADE, QUE CONVIVA COA VECIÑANZA
Fomos e seguiremos sendo pioneiros en esixir unha
taxa turística
que sirva para manter os servizos e a calidade de vida nas zonas máis saturadas. Queremos unha cidade aberta á xente de fóra, pero cun modelo sostible e de convivencia, na que os visitantes respecten á cidade á veciñanza.
Un Santiago vivo
non pode ter turismo a granel que expulsa aos veciños do Casco Histórico, acaba co comercio tradicional, fomenta salarios precarios na hostalería e pon o prezo da vivenda polas nubes.
POR UNHA CIDADE DE COIDADOS. PORQUE SEN COIDADOS NON HAI VIDA
Queremos un Santiago que non deixe a ninguén atrás. A
Renda de Garantía Básica
que lanzamos no 2016 volverá ser prioritaria e queremos crear unha
Renda de Garantía Infantil
que permita acceder non só a comedores ou material escolar, senón a servizos de apoio, logopedas, terapeutas, actividades extraescolares…
Tamén queremos priorizar o
centro de Belvís de atención ás persoas sen fogar 24h
e lanzar a
Oficina Municipal de Vida Independente
que acompañe ás persoas con discapacidade.
E unha cousa fundamental:
auditar o Servizo de Axuda no Fogar
para garantir tanto o cumprimento do servizo como as condicións laborais das traballadoras.
POR UNHA VIVENDA DIGNA E ASEQUIBLE, ESPECIALMENTE PARA A MOCIDADE
Non queremos que a xente siga marchando a outros concellos veciños polos prezos prohibitivos das vivendas e dos algueiros en Santiago.
E por iso, entre outras moitas medidas, queremos
fomentar que as vivendas baleiras ese poñan no mercado ou impulsar a rehabilitación para alugar a prezos razoables.
Tamén reclamamos que a Xunta e o Estado constrúan
moita máis vivenda pública
, unha competencia que teñen completamente desatendida dende hai anos.
POR UNHA COMPOSTELA QUE RECUPERE O SEU PULSO CULTURAL
Compostela ten que recuperar o pulso cultural
que a diferenciou sempre doutras cidades galegas e do Estado.
Recuperar a música ao vivo, o apoio aos artistas locais ou artellar unha Rede Local de Artes ao Vivo
con proxección local e internacional son prioritarias para Compostela Aberta.
POR UNHA MOBILIDADE MODERNA CENTRADA NAS PERSOAS
Unha cidade con futuro non pode ter unha mobilidade do pasado.
Para poder usar menos o coche, impulsaremos un
novo modelo de transporte público máis eficiente e ecolóxico,
con menos esperas e novas liñas, consensuadas coa veciñanza.
Tamén queremos recuperar a xestión de parkings no Ensanche
con descontos para residentes e comercios e esixiremos que a Xunta faga o
parking do hospital.
O fomento do uso da bicicleta
cunha rede muncipal de bicicletas eléctricas e novos carrís bici conectados con sentido común son outras das nosas prioridades.
POR UN RURAL VIVO E COA DIGNIDADE QUE MERECE
O rural merece os
mesmos servizos
que hai no Ensanche ou nos barrios.
Por iso queremos mellorar saneamento, abastecemento, recollida de lixo, iluminación ou pavimentado. Pero tamén atender unha oferta escolar de calidade, un transporte público digno, mellor oferta cultural, novos equipamentos sociais e deportivos ou espazos cubertos para maiores e pequenos.
Con Compostela Aberta,
o rural volverá ser escoitado
e tido en conta.
POR UNHA CAPITAL DO DEPORTE PARA TODAS E TODOS
Queremos construir e modernizar as instalacións
para aumentar a oferta para deportistas e persoas activas. Recuperar o control público do Multiusos, construir a
piscina de Santa Marta e a área deportiva de Sar
e buscar como dar máis uso aos pavillóns da Xunta e da Universidade ou os antigos campos de fútbol das parroquias son prioridades para CA.
Tamén queremos prestar máis atención a
deportes minoritarios, apoiar o deporte feminino
e recuperar o diálogo
cos clubes e entidades.
POR UNHA COMPOSTELA FEMINISTA, TERRITORIO DAS MULLERES
Santiago ten que volver ser capital feminista, como o foi coa campaña ‘
Compostela en Negro
’, que chegou a todos os lugares de Galicia e que o goberno socialista deixou esmorecer ao igual que as
actividades na Casa Xohana Torres
.
O feminismo, a perspectiva de xénero e a
loita contra as violencias machistas
teñen que ser outra vez transversais en todas as áreas de goberno, dende a cultura e a memoria histórica, ata o urbanismo, para que Santiago sexa de novo
Territorio das Mulleres.
POR UN CONCELLO NO QUE NON TEÑAS QUE ESPERAR ANOS POR UNHA LICENZA
Queremos un concello máis áxil á hora de darlle servizo á xente.
Un concello máis moderno
que acelere á implantación da administración electrónica,
mellore o pago de facturas e subvencións
e axilice procesos como a
concesión de licenzas
.
POR UN GOBERNO CERCANO, DENDE A VECIÑANZA PARA A VECIÑANZA
A
cercanía
estivo no ADN do goberno de Compostela Aberta e así volverá ser agora que volve estar no goberno. Gobernaremos escoitando, recuperando os
orzamentos participativos
e o diálogo coas asociacións veciñais e o tecido asociativo.
E seguiremos a ser valentes, con propostas transformadoras como a taxa turística que miren polos intereses da veciñanza e sen partidismo electoral.
Porque a valentía, importa
.
POR UN CONCELLO GOBERNADO CON HONESTIDADE E TRANSPARENCIA
Compostela Aberta puxo fin ao nefasto goberno do PP
que fixo de Santiago capital da corrupción.
Porque a
honestidade importa
, as portas do concello estarán abertas con
total transparencia
para que a veciñanza saiba a que se adica cada euro público.
E moito máis no noso programa
"Somos a garantía
dun goberno
de esquerdas
de verdade"
Empresa Municipal de Auga: Por que queremos unha xestión transparente da auga
¿Aparcamentos
públicos e máis
baratos? Si, temos un plan
"Un transporte público moderno, eficiente e ecolóxico é posible"
Facebook
Twitter
Instagram
Telegram
Youtube
TikTok
O Viso: voceiro municipal de Compostela Aberta
Unha ollada alternativa
Ver o último número
Facebook
Twitter
Instagram
Telegram
Youtube
TikTok
Compostela Aberta ©2026 |
Contidos baixo licenza Creative Commons
Compostela Aberta ©2026
Contidos baixo licenza Creative Commons
Manage Cookie Consent
Empregamos cookies propias para o funcionamiento técnico da web e de terceiros con fins analíticos. Revisa a nosa política de cookies para máis información. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón "Aceptar" ou configurarlas ou rexeitar o seu uso pulsando o botón "Ver preferenzas". Podes consultar toda a información
na nosa política de cookies
Funcionais
Funcionais
Always active
Permiten a navegación a través da páxina web e a utilización dalgunhas opcións e servizos, como por exemplo, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido ou autenticación.
Preferences
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Analíticas
Analíticas
Son as que nos permiten facer un seguimento e análise das visitas aos nosos sitios web. Para isto, empregamos o servizo de Google Analitycs
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Sociais
Sociais
Son as que os provedores de servizos de redes sociais poden instalar cando a persoa visitante comparte un contido a través do nosos sitios web.
Manage options
Manage services
Manage vendors
Read more about these purposes
Ver preferenzas
{title}
{title}
{title}
PARTICIPA
gRUPOS
DE TRABALLO