CEIP Otero Pedrayo de Rábade |

Source: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraiorabade

Archived: 2026-04-23 16:47

CEIP Otero Pedrayo de Rábade |
Skip to Content
Iniciar sesión
|
Rexistrarse
Portal educativo
Repositorio Abalar
Aulas Galegas
Galicia Le
O Portal da Lingua Galega
Primavera das letras
Bilbliotecas escolares
Visitas 3D Museos de Galicia
Día do Libro: contos que unen
Con motivo da conmemoriación da
Semana do Libro
, o noso centro recibiu a visita do alumnado do
IES Río Miño
, que participou nunha actividade de lectura cos nenos e nenas de Infantil e Primaria.
A proposta xurdiu a partir da colaboración das bibliotecas dos dous centros. Ademais, os titores e titoras de cada curso elixiron os libros máis axeitados para os seus grupos.
Durante a xornada, o alumnado da ESO contou contos ao alumnado de Infantil e Primaria, en pequenos grupos.
Os nenos e nenas escoitaron as historias e, nalgúns casos, comentáronas ao rematar. Para o alumnado visitante, foi unha forma de practicar a lectura en voz alta cos máis pequenos.
A continuación, deixamos unhas fotos da actividade.
Pulsa na imaxe de abaixo para ver as fotos
Álbum: 2025-2026 -> Día do libro - Contos que unen
Actividade de Educación Viaria no parque de tráfico de Lugo
O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nunha actividade formativa no Parque de Tráfico de Lugo. Esta xornada levouse a cabo ao abeiro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos.
Obxectivos e Práctica
O obxectivo principal foi que interiorizasen hábitos seguros mediante a experiencia directa. O programa incluíu:
Formación teórica: Explicación básica do código de circulación e a importancia de elementos de seguridade pasiva como o casco.
Práctica no circuíto: Uso de karts de pedais e bicicletas para aplicar a normativa nun contorno controlado que simula situacións reais de tráfico urbano (cruces, rotondas e sinalización).
Esta actividade foi posible grazas á colaboración da Garda Civil e da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo.
Pulsa na imaxe de abaixo para ver as fotos
Álbum: 2025-2026 -> Parque tráfico Lugo
Menú escolar de Maio
A planificación de primeiros pratos céntrase principalmente en legumes, verduras e pratos de cullera. Destacan o potaxe de garavanzos, as lentellas vexetais, a fabada ou os garavanzos con espinacas. Tamén se inclúen diversas opcións de hortalizas como brécol, ensaladilla, crema de verduras, xudías en allada, coliflor, menestra ou crema de cabaza.
Os hidratos de carbono están presentes a través do arroz tres delicias, sopa de fídeos ou de letras, ensalada de pasta e arroz con verduras.En canto aos segundos pratos, a oferta alterna proteínas de orixe animal con acompañamentos vexetais.
O peixe inclúe pescada (á galega ou rebozada), calamares, bacallau en tempura, salmón ao forno e sardiñas.
A carne preséntase en formatos como raxo, albóndegas, polo asado ou ao forno, zorza e lombo fresco.
As elaboracións con ovo completan a dieta con tortillas francesas de pavo, tortilla de pataca, revolto de tomate e ovos cocidos con chícharos.
Para a sobremesa, priorízase a froita fresca de tempada, como a froita de óso, plátano de Canarias, pera e mazá. Estas opcións altérnanse puntualmente co iogur natural como alternativa láctea.
A partir deste mes, os menús sinalan explicitamente a presenza de alérxenos como o gluten, o peixe, o marisco, o ovo e o leite para facilitar o seguimento por parte de toda a comunidade educativa.
Avaliación de diagnóstico curso 2025/2026
1. As probas realizaranse durante a semana do 20 ao 24 de abril de 2026:
Luns 20: Lingua Galega e Literatura.
Martes 21: Lingua Castelá e Literatura.
Mércores 22: Lingua Estranxeira.
Xoves 23: Matemáticas.
Venres 24: Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural.
2. Curso no que se realiza a avaliación:
4º de Educación Primaria
3. Carácter da proba:
Esta avaliación ten un fin informativo, formativo e orientador. Procura medir o grao de adquisición das competencias para a mellora dos procesos de ensino,
sen efectos académicos individuais para o alumnado
nin substitución das avaliacións ordinarias do curso.
5. Documento de interese:
Folleto informativo sobre a avaliación de diagnóstico
.
6. Lexislación aplicable:
ORDE do 29 de decembro de 2023
pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 13 de marzo de 2026
, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Anexo ao marco xeral desenvolvido en Galicia
para a competencia de comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura.
Mural na entrada do colexio inspirado en Yayoi Kusama
O alumnado do centro realizou recentemente un mural que xa se pode ver na entrada do colexio. A actividade desenvolveuse baixo a proposta e a guía da mestra de Plástica e Música, Paula, quen acompañou todo o proceso creativo, desde as primeiras ideas ata o resultado final.
O traballo está inspirado na obra de
Yayoi Kusama
, especialmente no uso de cores vivas, puntos e repetición de formas. A partir desta referencia, cada alumno e alumna elaborou distintas composicións, que logo se integraron nun proxecto común.
A proposta, desenvolvida desde a área de Plástica, permitiu traballar a creatividade, a expresión artística e o uso de diferentes técnicas.
Álbum: 2025-2026 -> Yayoi Kusama
Ovos de Pascua no primeiro ciclo
As mestras de primeiro e segundo de primaria organizaron unha actividade de Pascua na que o alumnado experimentou coa
técnica do
decoupage
. Empregaron cola e servilletas decoradas para personalizar os ovos, e tamén reutilizaron materiais como virutas de lápices e restos de cera para facelos máis orixinais.
Traballaron en grupo os dous cursos, compartindo materiais e axudándose,
na que aprenderon algunhas técnicas artísticas e pasaron un bo rato creando xuntos.
Álbum: 2025-2026 -> Decoupage 1º-2º
O "home do tempo" da galega visita o noso colexio
Onte, martes, tivemos unha visita especial no colexio: a de Diego Viaño, meteorólogo e presentador da TVG de Galicia.
O alumnado de 3º a 6º participou en dúas actividades didácticas relacionadas coa meteoroloxía. Dun xeito ameno, explicounos que son as borrascas, os anticiclóns e como se fan as previsións do tempo, algo que espertou moita curiosidade entre os nenos e nenas.
Tamén houbo tempo para participar. O alumnado puido facer preguntas e, ademais, meterse no papel de profesionais da televisión, recreando un pequeno programa do tempo.
Grazas a Diego e a TVG pola súa visita e por achegarnos ao mundo da meteoroloxía de forma tan directa.
Álbum: 2025-2026 -> MeteoGalicia
Obradoiros de igualdade en 3º e 4º de Primaria
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou recentemente nos obradoiros de igualdade organizados dentro do
proxecto Rábade coeduca en igualdade
, posto en marcha polo
Concello de Rábade
.
Trátase dunha proposta moi dinámica e participativa na que, a través de diferentes actividades como o cine, o baile e a radio, os nenos e nenas puideron reflexionar sobre a importancia da igualdade, romper estereotipos e aprender formas pacíficas de resolver conflitos.
As sesións foron moi entretidas e permitiron ao alumnado expresarse, compartir ideas e traballar valores fundamentais como o respecto, a empatía e a convivencia.
Esta iniciativa está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Álbum: 2025-2026 -> Obradoiro Co-Educación
Exposición: "Historia e Cultura do Pobo Xitano"
Xa podedes visitar nos corredores do noso colexio a nova exposición dedicada á "
Historia e Cultura do Pobo Xitano
". Convidamos a todo o alumnado, ás familias e a todo o persoal do centro a percorrela con calma.
O obxectivo didáctico principal desta iniciativa é dar a coñecer a fondo a riqueza da súa historia e loitar activamente contra os prexuízos, fomentando un espazo de respecto e aprendizaxe mutua.
Lugar
:
Nos corredores do colexio, no primeiro andar.
Datas
: Do 12 ao 27 de marzo.
Colaboración
: Esta actividade é unha realidade grazas á axuda da
Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo
.
Igualmente, recordamos que existen audios en castelán de cada un dos paneis da exposición en:
https://www.aecgit.org/exposicion/audios.html
e todos os materiais pódense ver e descargar en:
https://www.aecgit.org/exposicion/historia-y-cultura-del-pueblo-gitano.html
Agardamos que a visita a esta mostra vos resulte de interese.
Ao longo da semana iremos actualizando esta entrada con imaxes da mostra
.
Álbum: 2025-2026 -> Exposición Historia Povo Xitano
Xogade: I Xornada Interescolar de Deportes Alternativos
O noso alumnado de 3º e 4º de primaria participou na
I Xornada Interescolar de Deportes Alternativos
, enmarcada dentro do
programa Xogade
. O encontro celebrouse no pavillón de Baamonde.
Foi unha mañá na que os nenos e nenas puideron practicar deportes e xogos diferentes aos habituais, traballar en equipo e, sobre todo, divertirse e convivir con compañeiros e compañeiras doutros centros. Durante a xornada xogaron ao cachibol e ao kin-ball.
Cachibol: Unha versión do voleibol moito máis dinámica para a súa idade, na que a pelota se colle e se lanza coas mans en lugar de golpeala directamente.
Kin-ball: O xogo da pelota xigante e lixeira que podedes ver nas imaxes. Fomenta moitísimo a cooperación, xa que todos os membros do equipo teñen que participar á vez para evitar que a bóla toque o chan.
Deixámosvos algunhas fotos da xornada para que vexades o ben que o pasaron.
Álbum: 2025-2026 -> Xogade - Xogos Alternativos
1
2
3
4
5
6
7
8
9
seguinte ›
última »
O Centro
Secretaría
Admisión
Matrícula
Fondo Libros
Localización
Horario
Comedor
Menus mensuais
Pais/Nais
ANPA
Profesorado
Documentación
Plan dixital
Instancia Xeral
PUNTO LARANXA
Calendario Escolar
Aulas Virtuais
Biblioteca
Bibliopedraius
English Blog
English Blog
Relixión Católica
Reli con Tena
Aliméntate Ben
Polos Creativos
Alerta Escolar
LOMLOE
Calendario de Eventos
Copyright © 2003-2026
.
Feito con Drupal (ver. 6.28)
Proxecto Webs dinámicas
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
by Dr. Radut