Karl Marx - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Marx
(década de 1870)
Biografía
Nacemento
(de)
Karl Heinrich Marx
5 de maio de 1818
Tréveris
Morte
14 de marzo de 1883
(64 anos)
Londres
Causa da morte
doenza pulmonar
Lugar de sepultura
Tomb of Karl Marx
(en)
cemiterio de Highgate
Residencia
Londres
(1849–1883)
The Swan
(en)
(1845–1848)
París
(1843–)
Berlín
(1837–)
Berlín
(1837–1837)
Berlín
(1836–1836)
Tréveris
Grupo étnico
Pobo asquenací
Ideoloxía política
Marxismo
comunismo
Relixión
Ateísmo
Antiteísmo
Educación
Universidade Humboldt de Berlín
xurisprudencia
filosofía
(1836–)
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
(1835–1836)
Gymnasium Friedrich Wilhelm in Trier
(en)
(1830–)
Universidade de Jena
Tese académica
A diferença entre a filosofia da natureza de Demócrito e a de Epicuro
(pt)
(1902
Director de tese
Bruno Bauer
Actividade
Campo de traballo
Economía política
socioloxía
filosofía
Lugar de traballo
Colonia
(1848–1849)
Ocupación
economista
revolucionario
poeta
político
sociólogo
historiador
filósofo
xornalista
escritor
Empregador
Neue Rheinische Zeitung
(pt)
Rheinische Zeitung
(pt)
Partido político
Liga dos Comunistas
Membro de
Primeira Internacional
(1864–1872)
Profesores
Friedrich Gottlieb Welcker
(pt)
Influencias
Aristóteles
Epicuro
Lucrecio
Robert Owen
Charles Fourier
Henri de Saint-Simon
Immanuel Kant
Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Ludwig Feuerbach
David Ricardo
François Babeuf
Sismondi
Adam Smith
Pseudónimo literario
Glückskind
Compañeiro profesional
Friedrich Engels
Karl Marx and Friedrich Engels
(en)
Obra
Obras destacables
(década de 1840)
Die deutsche Ideologie
(1848)
Manifesto do Partido Comunista
(1867)
Das Kapital
(1932)
Manuscritos de economía e filosofía
Arquivos en
Instituto Internacional de Historia Social
Marx Memorial Library
(en)
Boris Yeltsin Presidential Library
(en)
Familia
Cónxuxe
Jenny von Westphalen
(1843–1881)
Fillos
Jenny Longuet
Laura Marx
Edgar Marx
Heinrich Edward Guy Marx
Jenny Evelin Francis Marx
Frederick Demuth
fillo ilexítimo
probabelmente
Eleanor Marx
Pais
Heinrich Marx
Henriette Presburg
Irmáns
Emilie Conradi
Louise Juta
Mauritz David Marx
Sophia Marx
Parentes
Ludwig von Westphalen
sogro
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933
queima de libros na Alemaña nazi
Premios
Fellow of the Royal Society of Arts
(en)
Sinatura
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978
, (sec:Маркс Карл)
Allgemeine Deutsche Biographie
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Karl Heinrich Marx
(pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en
Tréveris
5 de maio
de
1818
e finado en
Londres
14 de marzo
de
1883
, foi un
filósofo
economista
politicólogo
sociólogo
xornalista
socialista revolucionario
de orixe
alemá
. Na súa vasta e influente obra abarca diferentes campos do pensamento na filosofía, a historia, a
ciencia política
, a
socioloxía
e a
economía
; aínda que non limitou o seu traballo soamente á investigación, pois ademais aventurouse na práctica do
xornalismo
e a
política
, propondo sempre no seu pensamento unha unión entre teoría e práctica (
praxe
).
O seu interese fundamental situouse na procura tanto do coñecemento como do desenvolvemento das condicións para a emancipación da
clase traballadora
respecto da patronal e das leis de acumulación dos capitais encarnados nela.
Procedente dunha familia de clase media, estudou
economía política
e a
filosofía hegeliana
. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en
Londres
onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán
Friedrich Engels
e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o
panfleto
de 1848
O manifesto comunista
. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.
As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como
marxismo
— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da
loita de clases
; no
capitalismo
, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como
burguesía
) que controla os
medios de produción
e a clase obreira (coñecida como
proletariado
) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario.
Empregando un enfoque crítico denominado
materialismo histórico
, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o
socialismo
. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da
conciencia de clase
por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e
comunista
constituída por unha asociación libre de produtores.
Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha
acción revolucionaria
organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a
emancipación
socioeconómica.
Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado.
A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co
capital
, e o pensamento económico posterior.
Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos da
ciencia social
moderna.
Biografía
editar
editar a fonte
Infancia e educación inicial: 1818–1836
editar
editar a fonte
Lugar de nacemento de Marx
, hoxe Brückenstraße 10, en
Tréveris
. A familia ocupaba dous cuartos na planta baixa e tres no primeiro andar.
Comprado polo
Partido Socialdemócrata de Alemaña
en 1928, hoxe alberga un museo dedicado a el.
Litografía de
David Levi Elkan
que representa a varios estudantes, e entre eles, Karl Marx, en 1836.
Detalle de Karl Marx.
Até 2017, esta foi a representación máis antiga coñecida de Marx, aínda que non foi identificado até 1890 por [Friedrich?] Schneider, un consello xudicial e presidente do Senado en Colonia. Con todo, debido a que esta descrición encaixa coa descrición de Marx, desde entón aceptouse que era el.
10
Karl Marx naceu o 5 de maio de 1818, fillo de
Heinrich Marx
Henriette Pressburg
. Naceu na casa número 664 da rúa Brückengasse (hoxe Brückenstraße número 10) en Trier (hoxe
Tréveris
) unha antiga cidade que entón formaba parte da
provincia do Rin
do antigo
Reino de Prusia
11
12
A familia de Marx profesaba orixinalmente o
xudaísmo secular,
pero formalmente converteuse ao
cristianismo
antes do seu nacemento. O seu avó materno era un
rabino
neerlandés
,mentres que a súa liña paterna había proporcionado rabinos a Trier desde 1723, un papel asumido polo seu avó Merier Halevi Marx. O seu pai, coñecido de neno como Herschel, foi o primeiro na liña en recibir unha educación secular. Converteuse en avogado cun ingreso cómodo de
clase media alta
e a familia posuía unha serie de viñedos en
Mosela
13
Converteuse do xudaísmo ao
protestantismo
luterano
, antes do nacemento do seu fillo, tras a derrogación da
emancipación xudía
en
Renania
14
para evitar as restricións antisemitas e tomou un nome alemán: Heinrich, ademais do nome xudeu Herschel.
15
Era un home inclinado á
Ilustración
, estaba interesado nas ideas dos filósofos
Immanuel Kant
Voltaire
, e participou nas axitacións por unha constitución e reformas en Prusia, que nese momento era gobernada por unha
monarquía absoluta
16
En 1815, comezou a traballar como avogado e en 1819 trasladouse coa súa familia dun apartamento alugado de cinco habitacións a unha propiedade de dez habitacións preto da
Porta Nigra
17
Karl "estaba apegado profundamente ao seu pai", segundo testemuños da súa filla
Eleanor
, e "nunca se cansaba de falar del".
18
A nai de Karl, Henrietta Pressburg, era unha xudía holandesa que, a diferenza do seu marido, era semianalfabeta. Afirmou que sufría dun "excesivo amor materno", dedicando moito tempo á súa familia e insistindo na limpeza dentro do seu fogar.
19
Ela proviña, con todo, dunha familia de prósperos negociantes: máis tarde a súa familia fundou a empresa
Philips Electronics
. Foi tía avoa de
Anton
Gerard Philips
e tía bisavoa de
Frits Philips
20
Certificado de transferencia de Marx da
Universidade de Bonn
Pouco se sabe sobre a infancia de Karl Marx. Era o terceiro de nove irmáns. Ao morrer o seu irmán, Moritz, en 1819, converteuse no maior. Foi bautizado en 1824, como o resto dos seus irmáns, Sophie, Hermann, Henriette, Loussie, Emille e Karoline; na igrexa luterana.
21
Marx «tiña un enorme apego ao seu pai (Heinrich). Xamais se cansaba de falar del e sempre levaba encima unha fotografía súa».
22
Educouse en casa ata que en 1830 entrou no Instituto de Tréveris (en alemán
Trier
) onde o seu mestre foi Hugo Wyttenbach, amigo do seu pai. Wyttenbach empregara a moitos humanistas liberais como profesores, algo que enfureceu o goberno. A policía asaltou o colexio en 1832 cando descubriu que se distribuía aos alumnos literatura que apoiaba o
liberalismo
. Considerouse desacato á autoridade polo que as autoridades propuxeron reformas e substituíron á maioría do persoal.
23
Primeiro retrato de Karl Marx (c.1835), debuxado durante os seus estudos na Universidade de Bonn polo seu amigo
Heinrich Rosbach
24
25
En outubro de 1835, Karl, que tiña dezasete anos, foi á
Universidade de Bonn
, onde desexaba estudar
filosofía
literatura
, pero o seu pai insistiu no
dereito
como campo de estudo máis práctico.
26
Marx abrazou un
deísmo
radical e a idea do progreso como camiño á liberdade e perfección nos seus primeiros escritos como «Reflexións dun adolescente ao elixir profesión» (
Betrachtung eines Jünglings bei der Wahl eines Berufes
) e «Unión dos Crentes en Cristo de acordo con Xoán 15: 1-14, mostrando as súas bases e esencia, como a súa absoluta necesidade e os seus efectos» (
Vereinigung der Gläubigen mit Christo nach Joh. 15. 1-14, in ihren Grund und Wesen, in ihrer Wirkungen dargestellt
).
22
Foi capaz de evitar o
servizo militar
cando cumpriu os 18 anos porque sufría de "debilidade de peito".
27
Sendo afeccionado ás bebidas alcohólicas en Bonn, uniuse ao Club da Taberna de Tréveris (
Landsmannschaft der Treveraner
), unha asociación de bebedores onde en certo momento chegou a ser o seu copresidente.
28
Marx non tiña interese en estudar dereito e, debido ás súas malas notas, o seu pai obrigouno a transferirse á moito máis seria e academicamente orientada
Universidade de Berlín
29
onde os seus estudos de dereito fixéronse menos importantes que as incursións na filosofía e a historia.
30
31
París: 1843–1845
editar
editar a fonte
Marx emigrou a
Francia
; en
París
coñece a
Friedrich Engels
, con quen nacería unha grande amizade, e que sería até os seus últimos días o seu eterno colaborador.
Os seus artigos publicados en
Francia
provocan a súa expulsión deste país en 1845, polo que se ve obrigado ao exilio, establecéndose en
Bruxelas
, renunciou á súa nacionalidade para non ser perseguido polo goberno prusiano, aínda que tampouco adoptou outra nacionalidade, intensificou o contacto cos obreiros alemáns emigrados e ingresou na
Liga dos Comunistas
quen lle encargou a realización dun programa con ocasión dun congreso celebrado en Londres en 1847, ese programa é o
Manifesto comunista
publicado en 1848. Tralo período revolucionario de
1848
, trasládase a
Colonia
, onde organiza un novo diario,
Neue Rheinische Zeitung
Nova Gaceta Renana
). Esta nova publicación, que ven á luz nun marco de forte actividade obreira organizada, acada un éxito rotundo. E é precisamente por esta capacidade axitadora polo que é prohibida polo goberno renano.
O Capital
, a obra máis influente de Marx.
En 1849 Marx pasou a vivir a Londres e alí residiu o resto da súa vida cos escasos recursos económicos que lle reportaban os artigos para periódicos e a axuda dos amigos, neste período é precisamente cando Marx dedica o seu tempo á escritura da que sería a súa obra máis influente,
O capital
, que elabora nas salas de lectura do
Museo Británico
. O primeiro volume de
O capital
non verá a luz até
1867
, tras dezaoito anos de traballo. Ademais, mentres traballa nesta obra, Marx colaborou na organización da
Primeira Internacional
, participando activamente nas discusións e na confrontación no seo da mesma entre
comunistas
anarquistas
. Trala experiencia da
Comuna de París
de
1871
, Marx se retira da política activa e se dedica á escritura de ideoloxía, destacando como análise da praxe revolucionaria a súa obra
A guerra civil en Francia
. Finou o
14 de marzo
de
1883
en
Londres
Pensamento
editar
editar a fonte
Estatua de Karl Marx na
Karl-Marx-Allee
Berlín
Marx foi testemuña da primeira gran crise do capitalismo (década dos anos 30 do
século XIX
) e do período revolucionario de
1848
. Estas dúas vivencias serviron como pretexto para a análise teórica inserida na súa obra, na que desenvolve unha teoría económica capaz de achegar explicacións ás mesmas, pero á vez de interpelar as clases populares a participar nela activamente para producir un cambio revolucionario. Unha teoría revolucionaria que, se ben parte da análise da situación do seu tempo, non se circunscribe a este, senón que, mediante as teorías do materialismo histórico e dialéctico serve para analizar, interpretar e incidir nas condicións socioeconómicas de cada momento histórico.
Para Marx, a determinación da magnitude do valor dunha mercadoría é a cantidade de traballo requirido socialmente para producila. Esta é a coñecida
teoría do valor traballo
. Así, criticando a teoría de
David Ricardo
do valor-traballo, deduce que o salario é o valor da mercadoría "forza de traballo", e como todo valor, determínase polo tempo de traballo necesario para a produción e reprodución da mesma, neste caso para a produción e reprodución da mercadoría "forza de traballo". Isto é, o valor dos medios de vida necesarios para asegurar a subsistencia do traballador. Por outra parte, o capitalista comprador da "forza de traballo" consome dita mercadoría no proceso de produción onde o traballador rende durante un tempo (xornada laboral) que excede a cantidade de tempo necesaria para a súa reprodución como obreiro (salario): é dicir, o valor da "forza de traballo" e a súa valorización no proceso de traballo son factores distintos, cuxa diferenza determina a magnitude da
plusvalía
(exemplo de Marx en
O capital
1: "para alimentar e manter en pé a forza de traballo durante vinte e catro horas faga falta media xornada de traballo, non quere dicir, nin moito menos, que o obreiro non poida traballar durante unha xornada enteira").
Esta
plusvalía
é apropiada polo capitalista e dela procede a ganancia. Esta apropiación constitúe a base fundamental do modo de produción capitalista e á súa vez estas condicións materiais determinan a
superestrutura
, é dicir, as formas e contidos da conciencia expresadas na arte, a política, a relixión e tamén o dereito. Esta contradición fundamental (produción colectiva contra apropiación individual) baixo o réxime de produción capitalista, reviste a forma da
lei xeral da acumulación capitalista
, que consiste en que canto maior é a riqueza social, é dicir, o capital en funcionamento, tanto maior é a magnitude absoluta do proletariado e a capacidade produtiva do mesmo, e polo tanto, tanto maior é o exército de reserva, polo tanto a medida que crece a acumulación de capital crece a acumulación de miseria, e algúns dos seus fenómenos son a diminución da taxa de beneficios á vez que a concentración do capital en moi poucas mans. Así, a contradición principal do capitalismo segundo Marx é o antagonismo de clases entre a clase capitalista e a clase proletaria.
A necesidade da revolución implícita en tales contradicións está determinada polas tensións que se derivan do feito de que as forzas produtivas sorpasan e se ven limitadas polas relacións de produción. Para o capitalismo tal revolución consiste na "expropiación dos expropiadores" e movemento final da dialéctica da propiedade privada e a súa abolición, que no pensamento de Marx se concreta nun horizonte político concreto: o socialismo, antesala á súa vez do comunismo. O
materialismo
dialéctico, é dicir, a dialéctica do modo en que o home produce os seus medios de vida, da que se deriva a súa alienación, constitúe para Marx a historia humana (para Marx "a historia humana é a historia da súa alienación e da abolición de dita alienación"), historia que a cada momento só pode ser entendida segundo os seus diferentes modos de produción, e a loita de clases inherente, por exemplo,
escravista
feudal
capitalista
comunista
A teoría do
materialismo dialéctico
, básica para unha análise marxista das determinadas condicións ao estudo, pon en evidencia a característica antidogmática do
marxismo
. O método dialéctico, polo que o marxismo pode estar en constante actualización, formula a necesidade dunha síntese en calquera relación dialéctica entre unha tese e unha antítese. Esta lei é aplicábel á
historia
mediante o
materialismo histórico
. Así, da confrontación dialéctica entre burguesía e a antiga poderosa nobreza, xurdiu unha síntese: a sociedade capitalista. Polo tanto, mediante a relación dialéctica entre burguesía e proletariado faise necesaria como síntese a sociedade comunista.
Influencias
editar
editar a fonte
O pensamento de Marx amosa influencias de moitos pensadores, incluíndo pero non limitado por:
A filosofía de
Licurgo
, incluíndo a redistribución igualitaria e efectiva dos recursos (terra), e a igualdade da cidadanía.
32
33
A filosofía de
Georg Wilhelm Friedrich Hegel
34
A política económica clásica de
Adam Smith
David Ricardo
35
O pensamento socialista francés,
36
en particular o pensamento de
Jean-Jacques Rousseau
Henri de Saint Simon
Pierre Joseph Proudhon
Charles Fourier
37
38
O temperán materialismo filosófico alemán entre os
novos hegelianos
, particularmente os de
Ludwig Feuerbach
Bruno Bauer
, así como o materialismo francés de finais do século XVIII, incluíndo
Diderot
Claude Adrien Helvétius
d'Holbach
A análise da clase traballadora de
Friedrich Engels
, así como as descricións de clase temperás dos liberais franceses e dos sansimonianos como
François Guizot
Augustin Thierry
A orixe xudía de Marx é considerada formativa tanto para a súa actitude moral
39
coma a súa filosofía materialista.
40
O punto de vista de Marx sobre a historia, o cal foi chamado
materialismo histórico
(de xeito controvertido adaptado como a filosofía do
materialismo dialéctico
por Engels e Lenin), amosa sen dúbida a influencia da afirmación de Hegel de que un debería ver a realidade (e a historia)
dialecticamente
34
No entanto, Hegel pensou en termos idealistas, poñendo as ideas por diante, mentres que Marx buscou reescribir a dialéctica en termos
materialistas
, defendendo a primacía da materia sobre a idea.
34
Mentres Hegel viu o espírito como o condutor da historia, Marx viu isto como unha mistificación innecesaria que escurecía a realidade da humanidade e as súas accións físicas que daban forma ao mundo. Escribiu que o hegelianismo ergueu o movemento da realidade na súa cabeza e que un precisaba colocalo sobre os seus pés.
34
A pesar de non lle gustar os termos místicos Marx empregou unha lingua
escura
en varios dos seus traballos. En
Das Kapital
el refírese ao capital como a «
nigromancia
que arrodea os produtos do labor».
Inda que se inspirou nos socialistas franceses e o pensamento sociolóxico,
35
Marx criticou os
socialistas utópicos
argumentando que as súas comunidades socialistas de pequena escala estarían limitadas á marxinación e á pobreza, e só un cambio a grande escala no
sistema económico
pode traer o verdadeiro cambio.
38
A outra contribución importante á revisión de Marx sobre o hegelianismo vén do libro de Engels
Die Lage der arbeitenden Klasse in England
, que fixo que Marx concibise a dialéctica histórica en termos de
loita de clases
e vise a clase traballadora moderna como a forza máis progresiva para a revolución.
Marx cría que podía estudar a historia e a sociedade cientificamente e discernir tendencias da historia e os resultantes conflitos sociais. Algúns seguidores de Marx concluíron, polo tanto, que unha revolución comunista ocorrería inevitablemente. Porén, Marx afirmou na famosa undécima das súas
Thesen über Feuerbach
Teses sobre Feuerbach
) que «os filósofos só interpretaron o mundo de distintos xeitos; o asunto, con todo, é cambialo», e el dedicouse a tentar cambiar o mundo.
Influencia do seu pensamento
editar
editar a fonte
As obras de Marx influíron a un bo número de teóricos e políticos, e serviu de base teórica para grandes movementos sociais, sindicais e en xeral de masas. É salientábel a interpretación que realizaron países do chamado "socialismo real":
URSS
Albania
China
Cuba
... Por outra, a que realizou historicamente a
socialdemocracia
, nas súas orixes contraria á táctica revolucionaria e partidaria de avanzar cara ao
socialismo
a través de progresivas reformas parlamentarias, derivando aos poucos até aceptar a economía de mercado. Así mesmo, o marxismo, como tese antidoutrinal e antidogmática por excelencia, en constante movemento e que emprega métodos de análise como método formador de teorías, serve para o estudo de determinadas ciencias (
historia
arte
antropoloxía
etc.).
A obra matemática de Marx
editar
editar a fonte
Estatuas de Marx e Engels en
Berlín
Marx é coñecido como filósofo, humanista, intelectual e pensador revolucionario. Seus estudos económicos e socióloxicos son famosos, resumidos na súa grande obra,
O Capital
. Mais é pouco coñecida a súa afección polas
matemáticas
e a existencia dos seus tratados e correspondencia matemática. Con todo, vai dedicar toda a súa vida ao estudo e análise dos fenómenos sociais, e queríao facer con tanto rigor que acabou por estudar matemáticas. Marx nace en pleno desenvolvemento da
revolución industrial
, é testemuña do crecemento do
capitalismo
, da aparición de novas
clases sociais
e cambios no modelo produtivo; feitos que van favorecer o seu interese pola análise dos fenómenos sociais. Seu obxectivo é analizar a realidade sen presupostos nin prexuízos ideolóxicos, é dicir, busca desenvolver un método empírico que llo permita. É por iso que, xuntamente con
Friedrich Engels
, desenvolve a teoría do
materialismo histórico
, baseado en datos, resultados e avances científicos. Pero esta vez queren analizar o capitalismo tendo en conta a súa natureza histórica, transitoria e evolutiva; non como algo estático ou produto dunha evolución natural. Naquel momento, se non a única ferramenta, pero si a máis rigorosa, era o
cálculo infinitesimal
, o cal inclúe o estudo de
límites
derivadas
integrais
series
; e consiste basicamente no estudo do cambio e da evolución.
A súa obsesión principal era entender o funcionamento do capitalismo e, polo tanto, debería comprender os problemas de circulación de capital e a función do tipo de cambio. Para facelo, recorre primeiro ao estudo da
aritmética comercial
, máis se atopa diante do mesmo problema: a aritmética non lle permite, como el quería, analizar a realidade na súa evolución e no seu automovemento. Desta forma, termina totalmente dedicado ao estudo e uso do cálculo infinitesimal. Mais, profundando no seu estudo, descobre algo que o perturbará durante o resto da súa vida e que concentrará todo o seu interese e enerxía: o
misticismo
que envolve ao cálculo infinitesimal. Para el, é fundamental demostrar o seu rigor como ciencia exacta se quere probar que o materialismo histórico é unha realidade. Introdúcese nesta aventura estudando todos os manuais e pistas posibles. Finalmente, desenvolve diversos métodos e símbolos propios: propón un proceso de diferenciación "alxébrica" para determinados tipos de funcións, busca un
algoritmo
para descubrir se unha función ten derivada e, neste caso, atopala, presenta tamén as funcións que se poden desenvolver en series completas como un obxecto de diferenciación alxébrica, e xa fala dos
sentidos
dunha función, é dicir, "procedente de x", ou "ir cara a x", entre moitos outros. Obviamente, non resolverá o problema do misticismo, pero finalmente escribirá numerosos borradores e cartas, desgraciadamente non publicados, explicando todas as etapas históricas fundamentais do cálculo infinitesimal. Para el, resúmense nestes tres períodos:
41
O cálculo diferencial místico
de
Newton
Leibniz
O cálculo diferencial racional
de
Euler
D'Alembert
O cálculo puramente alxébrico
de
Lagrange
Todo o que se coñece da súa obra matemática extraeuse das cartas que intercambiaba con amigos e personalidades da época, explicando a súa traxectoria e os seus descubrimentos. De feito, a súa grande obra foi editada e publicada polo seu íntimo amigo Engels unha vez morto Marx. Por desgraza, a maioría do material áchase en poder do goberno ruso e, a día de hoxe, non está editado nin publicado.
Obras
editar
editar a fonte
Primeira edición do
Manifesto Comunista
, publicada en alemán en 1848.
Obras escritas por Karl Marx
editar
editar a fonte
An principatus Augusti merito inter feliciores reipublicae Romanae aetates numeretur?
(1835): ensaio en latín para aspirar ao título de bacharel.
42
Escorpión e Félix
(1837), única comedia escrita por Marx.
Diferenza entre a filosofía da natureza de Demócrito e a de Epicuro
(1841), tese doutoral.
O Manifesto filosófico da Escola Histórica de Dereito
(1842).
Crítica da filosofía do dereito de Hegel
(1843).
Sobre a cuestión xudea
(1843).
Notas sobre James Mill
(1844).
Manuscritos de economía e filosófía
(1844, publicada postumamente en 1932).
Teses sobre Feuerbach
(1845, publicada postumamente).
A miseria da filosofía
(1847).
Traballo asalariado e capital
(1847).
As loitas de clases en Francia de 1848 a 1850
(1850)
O 18 de brumario de Luis Bonaparte
(1852).
A España revolucionaria
(1854).
Grundrisse
ou
Elementos fundamentais para a crítica da economía política
(1857).
Unha contribución á crítica da economía política
(1859).
Herr Vogt
(1860).
Teorías sobre a plusvalía
(1862, tres volumes).
Salario, prezo e ganancia
(1865).
O Capital, volume I
(1867).
A guerra civil en Francia
(1871).
Crítica do programa de Gotha
(1875, publicada postumamente)
Notas sobre Wagner
(1880).
Obras escritas por Marx e Engels
editar
editar a fonte
A ideoloxía alemá
(1845, publicada postumamente).
A sagrada familia
(1845).
Manifesto Comunista
(1848).
A guerra civil en Estados Unidos
(1861).
O Capital, volume II
(1885, publicado por Engels despois da morte de Marx).
O Capital, volume III
(1894, publicado por Engels despois da morte de Marx).
Notas
editar a fonte
Marx, K. e Engels, F. (1848).
The Communist Manifesto
Karl Marx:
Critique of the Gotha Program
Calhoun 2002, pp.
23-24.
"Marx the millennium's 'greatest thinker'"
. BBC News World Online. 1 de outubro de 1999. Consultado
o 23 de novembro
de 2010.
Roberto Mangabeira Unger.
Free Trade Reimagined: The World Division of Labor and the Method of Economics
. Princeton: Princeton University Press, 2007.
John Hicks, "Capital Controversies: Ancient and Modern."
The American Economic Review
64.2 (maio de 1974) p. 307: "The greatest economists, Smith or Marx or Keynes, have changed the course of history...".
"Karl Marx to John Maynard Keynes: Ten of the greatest economists by Vince Cable"
Daily Mail
. 16 de xullo de 2007. Consultado
o 7 de decembro
de 2012.
McLellan 2006
, p.
178, Plate 1
Wheen 2001
, pp.
12–13.
Heinrich 2019
, pp.
131–132.
Wheen 2001
p. 8
p. 12
Nicolaievsky
Maenchen-Helfen 1976
, p.
Wheen 2001
, pp.
8, 12
McLellan 2006
, p.
Wheen 2001
. pp. 07-09, 12.
Carroll, James (2002).
Constantine's Sword: The Church and the Jews – A History
(en
inglés
Houghton Mifflin Harcourt
. p.
419.
ISBN
978-0-547-34888-9
. Arquivado dende
o orixinal
o 24 desetembro de 2020
. Consultado o 9 de abril do 2025
vía
Google Books
"Karl Marx – Stanford Encyclopaedia of Philosophy"
. Consultado o 9 de abril do 2025
Wheen 2001
p. 11
Wheen 2001
p. 10
"Biographical Comments on Karl Marx by his daughter Eleanor Marx"
www.marxists.org
. Consultado o 9 de abril do 2025
Wheen 2001
p. 12
Francis Wheen, Karl Marx
, (Editorial Debate, 2000),
ISBN 978-84-8306-327-9
Heinrch Gemkow,
Carlos Marx, Biografía completa
(Editorial Cartago, 1975) p. 3.
Karl Marx, Lector Anómalo de Spinoza" Por Nicolás González Varela | PDF | Karl Marx | Georg Wilhelm Friedrich Hegel"
Scribd
(en
castelán
. Consultado o 9 de abril do 2025
Kenneth Allan; Kenneth D. Allan (2 de novembro de 2005).
Explorations in Classical Sociological Theory: Seeing the Social Worl
. Pine Forge Press. p.
68
ISBN
9781412905725
"Heinrich Rosbach, Porträt des jungen Karl Marx als Student in Bonn, 1835/36, Trier, Stadtmuseum Simeonstift, Schenkung aus Familienbesitz (Constantin Cnyrim)"
(PDF)
"Karl Marx: His Life and Work"
www.marxists.org
. Consultado o 9 de abril do 2025
Wheen 2001
p. 14
Wheen 2001
. p. 15.
Wheen 2001
. p. 16.
Wheen 2001
. pp. 16–17.
Appelrouth, Scott; Laura Desfor Edles (2007).
Classical and Contemporary Sociological Theory: Text and Readings
. Pine Forge Press. p.
23
ISBN
9780761927938
Wheen 2001
. p. 33.
Plutarco,
biografía de Licurgo
Arquivado
24 de maio de 2011 en
Wayback Machine
Xenofonte,
sociedade espartana
Calhoun 2002, pp.
120-23.
Howard J. Sherman (1995).
Reinventing marxism
. JHU Press. p.
5.
ISBN
978-0-8018-5077-6. Consultado
o 7 de marzo de 2011.
Howard J. Sherman (1995).
Reinventing marxism
. JHU Press. p.
5.
ISBN
978-0-8018-5077-6. Consultado
o 7 de marzo de 2011.
Peter Beilharz (1992).
Labour's Utopias: Bolshevism, Fabianism and Social Democracy
. CUP Archive. p.
4.
ISBN
978-0-415-09680-5. Consultado
o 7 de marzo de 2011.
Barry Stewart Clark (1998).
Political economy: a comparative approach
. ABC-CLIO. pp.
57–59.
ISBN
978-0-275-96370-5. Consultado
o 7 de marzo 2011.
Eaglelton, Terry
Why Marx Was Right
Yale University Press, 2011, p. 158.
Seigel, Jerrold
Marx's Fate
Princeton University Press, 1978, pp. 112-19.
Marx, Karl; Engels, Friedrich (1975).
Cartas sobre las ciencias de la naturaleza y las matemáticas
(en
castelán
. Barcelona: Anagrama.
Marx, Karl. Red de Estudiantes de Filología, ed. Traducido por David Arboleda.
"An principatus Augusti merito inter feliciores reipublicae Romanae aetates numeretur?"
¿Se encuentra merecidamente el principado de Augusto entre las épocas más prósperas de la República romana?
Filología, gacetilla académica y cultural
(en
castelán
ISSN
2619-5305
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Commons
ten máis contidos multimedia sobre:
Karl Marx
Galicitas
posúe citas sobre:
Karl Marx
Outros artigos
editar
editar a fonte
Manifesto do Partido Comunista
Socioloxía
Marxismo
Contribución á crítica da economía política
Comunismo
Conceptos básicos
Filosofía marxista
Economía marxista
Materialismo histórico
Plusvalía
Modo de produción
Loita de clases
Sociedade sen clases
Internacionalismo proletario
Antiimperialismo
Autoxestión
Revolución mundial
Aspectos
Estado comunista
Partido Comunista
Revolución comunista
Simboloxía comunista
Historia do comunismo
Variantes
Marxismo
Leninismo
Marxismo-leninismo
Trotskismo
Maoísmo
Socialismo con características chinesas
Luxemburgismo
Titismo
Stalinismo
Castrismo
Guevarismo
Hoxhaismo
Khrushchevismo
Comunismo indio
Đilasismo
Rankovićismo
Comunismo de esquerda
Comunismo concellista
Comunismo anarquista
Eurocomunismo
Comunismo mundial
Comunismo puro
Nacionalcomunismo
Comunismo primitivo
Comunismo científico
Sociedade harmoniosa
Lista de partidos comunistas
Internacionais
Liga dos Comunistas
Primeira Internacional
Segunda Internacional
Terceira Internacional
Cuarta Internacional
Líderes individuais
Gracchus Babeuf
Karl Marx
Friedrich Engels
Piotr Kropotkin
Rosa Luxemburg
Karl Liebknecht
Antonio Gramsci
Vladimir Lenin
Lev Trotski
Iosif Stalin
Mikhail Gorbachev
Mao Zedong
Deng Xiaoping
Ho Chi Minh
Josip Broz Tito
Che Guevara
Enver Hoxha
M. N. Roy
Temas relacionados
Mundo Comunista
Poscomunismo
Anticomunismo
Críticas ao comunismo
Críticas ao papel do partido comunista
Anticapitalismo
Guerra fría
Centralismo democrático
Ditadura do proletariado
Esquerda política
Nova clase
Nova esquerda
Proletarios de todos os países, xuntádevos!
Control de autoridades
Q9061
WorldCat
VIAF
49228757
ARAE
marx-karl-1818-1883
BAV
ADV10158884
BIBSYS
90051270
BLBNB
000569853
BMT
12306
BNA
000026255
BNCHL
000039902
BNE
XX949564
BNF
11914934t
BNR:
000138554
BRE
2187272
BVMC
1741
CANTIC
a10438245
CERL
cnp01317896
CiNii
DA00034578
DeutscheBio:
118578537
Discogs
646795
Dodis
P13640
EBID
ID
EGAXA
vtls000777370
EGU
149926
Europeana
ID
FAST
30215
Filmportal:
ID
GEC
0040875
GND
118578537
Gutenberg
46
ICCU
CFIV000882
IMDb
nm0555631
IMSLP
ID
ISNI
0000000122796570
KulturNav
ID
LAC
0053A0602
LCCN
n79006935
LibraryThing
marxkarl
LibriVox
2426
MusicBrainz
ID
MyAnimeList:
38373
NCL
000058273
NDL
00449037
NKC
jn19990005454
NLA
35331985
NLG
86968
NNDB
000029653
NPG
mp67642
NTA
068428421
OBP:
ID
ODNB
39021
OL
OL48230A
openMLOL:
915
Orthodox Encyclopedia:
2562374
Persée
227688
Prabook
953913
PTBNP
15014
Scholar
4VSRHmIAAAAJ
Scopus
55944387500
SELIBR
205490
SNAC:
w6fr00h5
SUDOC
027329305
TePapa
55259
TMDb:
1249715
Treccani
karl-marx
TV Tropes
KarlMarx
ULAN
500234949
WikiTree
Marx-138
zbMATH
marx.karl
Obtido de «
Categorías
Economistas de Alemaña
Filósofos de Alemaña
Marxismo
Nados en Renania-Palatinado
Nados en 1818
Finados en 1883
Alumnos da Universidade de Bonn
Categorías agochadas:
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Wikipedia:Páxinas que usan ligazóns máxicas ISBN
Artigos que toda Wikipedia debería ter (Biografías)
Karl Marx
Nova sección