Wallis Simpson - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Súa Graza
Wallis Simpson
(1934)
Biografía
Nacemento
(en)
Bessie Wallis Warfield
19 de xuño de 1896
Blue Ridge Summit
Morte
24 de abril de 1986
(89 anos)
Bois de Boulogne
Lugar de sepultura
Cemiterio Real de Frogmore
Residencia
Baltimore
Bois de Boulogne
(en)
Mayfair
Gif-sur-Yvette
Relixión
Igrexa católica
Igrexa episcopal nos Estados Unidos
Educación
Oldfields School
(en)
(1912–1914)
Cor dos ollos
Azul
Actividade
Ocupación
socialité
coleccionista
aristócrata
Outro
Título
Princesa británica
Duchess of Windsor
(en)
Familia
Casa de Windsor
Cónxuxe
Eduardo VIII do Reino Unido
(1937–1972)
morte do cónxuxe
Ernest Aldrich Simpson
(1928–1937)
divorcio
Earl Winfield Spencer
(1916–1927)
divorcio
Pais
Teackle Wallis Warfield
Alice Montague
Parentes
S. Davies Warfield
tío paterno
Premios
(1936)
Persoa de Ano da revista Time
Descrito pola fonte
A Historical Dictionary of British Women
, (p.396)
Wallis, duquesa de Windsor
, rexistrada ao nacer como
Bessie Wallis Warfield
e máis tarde, por matrimonio, chamada
Wallis Spencer
e despois
Wallis Simpson
, nada en
Blue Ridge Summit
Pensilvania
) o
19 de xuño
de
1896
e finada en
París
24 de abril
de
1986
, foi unha
socialite
estadounidense
que, despois de divorciarse dúas veces, casou en terceiras nupcias, o
3 de xuño
de
1937
, co príncipe
Eduardo
, duque de Windsor, quen antes do seu matrimonio fora Eduardo VIII,
rei do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
Emperador da India
O pai de Wallis morreu pouco despois do seu nacemento, e Wallis, xunto á súa nai viúva, recibiu o apoio dalgúns parentes ricos. O seu primeiro matrimonio, cun oficial da
Armada dos Estados Unidos
, caracterizouse por varios períodos de separación e finalmente terminou en divorcio. En 1934, durante o transcurso do seu segundo matrimonio, supostamente fíxose amante de Eduardo, por entón
príncipe de Gales
. Dous anos máis tarde, despois da morte de
Xurxo V
e o ascenso ao trono de Eduardo VIII, Wallis divorciouse do seu segundo marido e Eduardo propúxolle matrimonio. O desexo do rei de contraer nupcias cunha muller que tiña dous ex-maridos vivos provocou unha
crise constitucional
no
Reino Unido
e os seus
dominios
, o que finalmente conduciu a que abdicase ao trono en decembro de 1936 e casase, segundo as súas propias palabras, coa "muller que amo".
Despois da abdicación, o antigo rei foi nomeado
duque de Windsor
polo seu irmán, o rei
Xurxo VI
. Eduardo casou con Wallis seis meses máis tarde, despois do cal ela foi coñecida formalmente como a duquesa de Windsor, sen o tratamento de
A Súa Alteza Real
Antes, durante e despois da
segunda guerra mundial
, moitas persoas do goberno e da sociedade sospeitaban que o duque e a duquesa de Windsor simpatizaban cos
nazis
. No transcurso das décadas de 1950 e 1960, a parella viviu entre
Europa
e os Estados Unidos, gozando dunha vida de lecer como celebridades sociais. Ao morrer o duque en 1972, a duquesa recluíuse e só de cando en vez volveu ser vista en público. A súa vida privada foi fonte de múltiples especulacións e aínda segue a ser unha figura controvertida na historia británica.
Traxectoria
editar
editar a fonte
Primeiros anos
editar
editar a fonte
Bessie Wallis Warfield era filla única e naceu en
Square Cottage
, no
Monterey Inn
, un hotel situado alén da estrada fronte ao Monterey Country Club, en
Blue Ridge Summit
Pensilvania
Estados Unidos
Como centro de vacacións estival situado preto da fronteira entre
Maryland
Pensilvania
, Blue Ridge Summit era popular entre os membros da sociedade de
Baltimore
que desexaban escapar da calor da tempada, e o Monterey Inn, que tiña un edificio central e tamén cabanas individuais, era o hotel máis grande da cidade.
O seu pai foi Teackle Wallis Warfield, o menor dos cinco fillos de Henry Mactier Warfield, comerciante de fariña descrito como «un dos máis coñecidos e persoalmente un dos máis populares cidadáns de Baltimore», que se postulou para alcalde en 1875.
A súa nai era Alice Montague, filla de William Montague, vendedor de seguros. En honra ao seu pai e á irmá máis vella da súa nai, Wallis recibiu o nome de Bessie —a señora D. Buchanan Merryman— e era chamada Bessie Wallis, ata que nalgún momento durante a súa mocidade «o Bessie perdeuse e a nena foi chamada simplemente Wallis».
10
As datas do matrimonio dos seus pais e do seu nacemento permanecen confusas.
11
Ningún destes acontecementos parece ser rexistrado, pero as datas aceptadas polo xeral son o 19 de novembro de 1895 e o 19 de xuño de 1896, respectivamente. O seu pai morreu de
tuberculose
o 15 de novembro de 1896. Nos seus primeiros anos, Wallis e a súa nai dependeron da caridade do irmán rico do seu pai, Solomon Warfield Davies, presidente e fundador da
Continental Trust Company
. Ao principio viviron na gran casa que Solomon compartía coa súa nai, en East Preston Street, 34.
12
13
A súa tía Bessie Merryman quedou viúva en 1901 e ao ano seguinte Alice e Wallis mudáronse á súa mansión en West Chase Street, 9 en Baltimore. Alice volveu casar en 1908 con John Freeman Rasin, Jr., fillo dun prominente membro do
Partido Demócrata dos Estados Unidos
14
O 17 de abril de 1910, Wallis foi confirmada na Igrexa Episcopal de Cristo en Baltimore, e de 1912 a 1914, Solomon Warfield pagou pola súa asistencia a Oldfields School, a escola de nenas máis cara de Maryland. Alí trabó amizade coa herdeira
Renée du Pont
, filla do senador
T. Coleman du Pont
, da familia du Pont, e con Mary Kirk, cuxa familia fundou
Kirk Silverware
15
Un compañeiro dunha das escolas ás que asistiu lembra: «Era brillante, máis brillante que todos nós. Tomou a decisión de ir á cabeza da clase e fíxoo». Wallis sempre estaba impecablemente vestida e metíase bastante presión para facer ben as cousas.
16
17
Primeiro matrimonio
editar
editar a fonte
Earl Winfield Spencer Jr., primeiro esposo de Wallis, en 1920.
En maio de 1916, durante a visita que fixo á súa prima Corinne Mustin en
Pensacola
Florida
, Wallis coñeceu a
Earl Winfield Spencer, Jr.
, piloto da
Armada dos Estados Unidos
18
Por esas datas foi ademais testemuña de dous accidentes de aviación con aproximadamente dúas semanas de diferenza, o que lle causou un medo permanente a voar.
19
O 8 de novembro de 1916, a parella casou na Igrexa Episcopal de Cristo en Baltimore, que fora a parroquia de Wallis. O seu marido era
alcohólico
, bebía mesmo antes de voar e unha vez estrelouse no mar pero logrou saír case ileso.
20
Despois de que os
Estados Unidos
entrasen na
primeira guerra mundial
en 1917, Spencer foi enviado a
San Diego
como primeiro oficial ao mando dunha base de adestramento en
Coronado
, onde permaneceron ata 1920.
21
En 1920, Eduardo, príncipe de Gales, visitou San Diego, pero non coñeceu a Wallis nesa época.
22
Pouco despois, Spencer deixou a súa esposa por un período de catro meses, pero reuníronse en
Washington, D.C.
na primavera de 1921, aínda que pronto se separaron de novo. En 1923, cando Spencer foi enviado ao
Extremo Oriente
como comandante do
Pampanga
, Wallis quedou nos Estados Unidos e mantivo unha relación amorosa co
diplomático
arxentino
Felipe Aja Espil
23
En xaneiro de 1924, visitou
París
acompañada da súa curmá Corinne Mustin, quen acababa de enviuvar, antes de partir cara ao Oriente a bordo dun transporte para tropas.
24
Os Spencer reuníronse por un breve período ata que Wallis enfermou por beber auga contaminada, despois do cal foi evacuada a
Hong Kong
25
Un diplomático
italiano
lembrábaa do tempo que permaneceu na
China
: «A súa charla era brillante e tiña o costume de traer a colación o tema correcto de conversación con calquera persoa que entrase en contacto con ela e entretelos con ese tema».
26
Segundo Hui lan-Koo, a segunda esposa do diplomático e político chinés
Wellington Koo
, a única frase que Wallis aprendeu en
mandarín
durante a súa estancia en
Asia
foi: «Mozo, páseme o champaña»
27
28
Wallis realizou un percorrido pola China e hospedouse con Katherine e Herman Rogers, quen seguirían a ser os seus amigos mentres estivo en
Pequín
29
De acordo coa esposa de
Milton E. Miles
, un dos compañeiros do seu marido, foi alí onde Wallis coñeceu o conde
Galeazzo Ciano
, máis tarde xenro de
Benito Mussolini
e ministro de Relacións Exteriores italiano, con quen tivo un romance, como resultado do cal quedou embarazada; a consecuencia dun
aborto mal practicado
perdeu para sempre a capacidade de concibir
30
Este rumor estendeuse posteriormente, pero nunca puido demostrarse, e a esposa de Ciano,
Edda Mussolini
, negábao.
31
Para setembro de 1925, Wallis e o seu marido estaban de regreso nos Estados Unidos, aínda que vivían separados.
32
A parella divorciouse finalmente o 10 de decembro de 1927.
Segundo matrimonio
editar
editar a fonte
Para o momento en que se disolveu o seu matrimonio con Spencer, Wallis xa se involucrou con
Ernest Aldrich Simpson
, un angloestadounidense executivo de transporte marítimo e excapitán da
Garda Coldstream
33
Simpson divorciouse da súa primeira esposa, Dorothea —con quen tivera unha filla chamada Audrey—, para casar con Wallis Spencer o 21 de xullo de 1928, na Oficina de Rexistro de
Chelsea
Londres
. Dende
Cannes
, onde se aloxaba cos seus amigos, o señor e a señora Rogers, Wallis telegrafáralle que aceptaba a súa proposta de matrimonio.
34
Eduardo, príncipe de Gales, en 1932.
Os Simpson instaláronse temporalmente nunha casa amoblada con catro criados en
Mayfair
35
En 1929, Wallis navegou de regreso aos Estados Unidos para visitar a súa nai enferma, que nese momento estaba casada con Charles Gordon Allen. Durante a viaxe, os investimentos de Wallis fixéronse po no
crack
de Wall Street e a súa nai morreu sen un centavo o 2 de novembro de 1929. Wallis regresou a
Inglaterra
e como o negocio navieiro continuaba florecente, os Simpson mudáronse a un apartamento grande cun persoal de criados.
36
A través dunha amiga súa, Consuelo Thaw, Wallis coñeceu a Lady
Thelma Furness
, irmá de Consuelo e nese entón amante de Eduardo, príncipe de Gales.
37
O 10 de xaneiro de 1931, Lady Furness presentouna ao príncipe.
38
Eduardo era o fillo máis vello do
rei Xurxo V
e a
raíña María
e herdeiro ao trono británico. Entre 1931 e 1934, reuniuse cos Simpson en diversas festas e Wallis foi presentada na Corte. Ernest comezaba a ter dificultades financeiras debido a que vivían fóra do alcance dos seus medios e por ese motivo tiveron que despedir o persoal.
39
Relación con Eduardo, príncipe de Gales
editar
editar a fonte
En decembro de 1933, mentres Lady Furness se atopaba en
Nova York
, Wallis converteuse ao parecer en amante do príncipe. Eduardo negouno ante o seu pai, a pesar de que o seu persoal chegou a velos xuntos na cama, así como atopar «evidencia física dun acto sexual».
40
Wallis pronto derrocou a Lady Furness e distanciou o príncipe dunha antiga amante e confidente, a herdeira angloestadounidense de téxtiles
Freda Dudley Ward
41
Para 1934, o príncipe estaba perdidamente namorado, atopaba atractivas as súas maneiras dominantes e a abrasiva irreverencia cara á súa posición; en palabras do seu biógrafo oficial, converteuse en «servilmente dependente» dela. De acordo con Wallis, foi durante un cruceiro en 1934, no iate privado de
Walter Guinness
, primeiro barón de Moyne, chamado
Rosaura
, que ela se namorou de Eduardo.
42
Nunha velada no
palacio de Buckingham
, o príncipe presentouna á súa nai, o que causou a indignación do seu pai, principalmente pola súa historia marital, xa que os divorciados xeralmente eran excluídos da Corte.
43
44
Eduardo cubría a Wallis con diñeiro e xoias, ademais en febreiro de 1935 e máis tarde ese mesmo ano, viaxaron xuntos por Europa.
45
46
Os cortesáns estaban cada vez máis alarmados porque o romance comezou a interferir coas actividades oficiais do príncipe.
47
En 1935, o xefe da Sección Especial da
Policía Metropolitana de Londres
informou o comisionado de que Wallis tamén tiña un romance con Guy Marcus Trundle, que "se dicía era empregado da
Ford Motor Company
".
48
Estes informes fixéronse públicos por primeira vez en 2003.
49
Con todo, a tese sobre un romance é posta en dúbida polo capitán Val Bailey, que coñecía ben a Trundle e cuxa nai tivo un romance con este durante case dúas décadas,
50
e tamén pola historiadora Susan Williams.
51
Crise de abdicación
editar
editar a fonte
Xurxo V
morreu o 20 de xaneiro de 1936 e o príncipe de Gales subiu ao trono como
Eduardo VIII
. Ao día seguinte rompeu o protocolo real cando observou a proclamación do seu ascenso ao trono dende unha xanela do
palacio de St. James
en compañía de Wallis, que naquel momento permanecía casada.
52
Cada vez era máis evidente para a corte e os círculos gobernamentais que Eduardo tiña a intención de casar con ela.
53
54
O comportamento do rei e a súa relación con Wallis volveuno impopular co
Partido Conservador
que nese momento dirixía o goberno británico e angustiaba a súa
nai
e o seu
irmán
55
A pesar de que os medios británicos da época prebélica se mantiñan respectuosos coa monarquía e non se publicaban historias sobre o romance na prensa nacional, os medios de comunicación estranxeiros informaron amplamente da relación.
56
O monarca do
Reino Unido
é tamén o
gobernador supremo da igrexa de Inglaterra
e ao momento da proposta de matrimonio —e ata o ano 2002— a
igrexa de Inglaterra
non permitía que volvesen casar as persoas divorciadas cuxo excónxuxe seguise vivo.
57
En consecuencia, aínda que non había unha barreira imposta pola lei civil para que Eduardo casase, a posición constitucional era que un rei non podía casar cunha divorciada e permanecer como rei; de facelo entraría en conflito co seu papel de gobernador supremo.
58
Por outra banda, o goberno británico e os gobernos dos
dominios
estaban en contra da idea do matrimonio entre o rei e unha estadounidense divorciada dúas veces por outras razóns, considerábana política, social e moralmente inadecuada como consorte.
59
No
Imperio Británico
era percibida por moitos como unha muller de «ambición ilimitada», que perseguía o rei pola súa riqueza e posición.
60
61
Wallis presentáralle unha demanda de divorcio ao seu segundo marido alegando que cometera adulterio coa súa amiga da infancia Mary Kirk e a sentenza condicional foille concedida o 27 de outubro de 1936.
62
A súa relación co rei volveuse do dominio público no Reino Unido a principios de decembro e Wallis decidiu fuxir do país no momento en que estalou o escándalo. Foi levada ao sur de
Francia
nunha dramática carreira por escapar da prensa e permaneceu asediada polos medios de comunicación durante os seguintes tres meses na Vila Lou Viei, casa dos seus amigos Herman e Katherine Rogers situada preto de
Cannes
63
De volta no Reino Unido, Eduardo consultou co
primeiro ministro
Stanley Baldwin
tratando de atopar a forma de casar con Wallis e conservar no trono. Propuxo un
matrimonio morganático
, onde el seguiría a ser rei aínda que a súa esposa non sería raíña, pero isto foi rexeitado por Baldwin e os primeiros ministros de
Australia
Suráfrica
. Se Eduardo casase en contra do consello de Baldwin, o goberno estaría obrigado a dimitir, causando unha crise constitucional.
64
Carta de abdicación de Eduardo VIII do Reino Unido.
Mentres tanto,
Peregrine Cust
, sexto barón Brownlow e
Lord in Waiting
do rei, presionaba a Wallis no seu agocho no sur de Francia, para que renunciase a Eduardo.
65
O 7 de decembro de 1936, Lord Brownlow leu á prensa a declaración que axudara a redactar e que anunciaba a resolución de Wallis de renunciar ao rei.
66
Con todo, Eduardo estaba decidido a casar. Como o asunto da abdicación cobrou forza,
John Theodore Goddard
, procurador de Wallis, declarou que: «[a súa] clienta estaba disposta a facer algo para aliviar a situación, pero o outro extremo da cancha [Eduardo VIII] estaba decidido». Isto indicaba, aparentemente, que o rei decidira que non tiña máis remedio que abdicar se quería casar.
67
O 10 de decembro de 1936, Eduardo VIII asinou o
instrumento de abdicación
en presenza dos seus tres irmáns sobreviventes, o duque de York —que ascendeu ao trono ao día seguinte como
Xurxo VI
—, o
duque de Gloucester
e o
duque de Kent
. Algunhas leis especiais aprobadas polos parlamentos dos dominios finalizaron o proceso da abdicación ao día seguinte e no caso de
Irlanda
, un día despois. O 11 de decembro de 1936, Eduardo emitiu unha declaración pública que dicía:
68
Todos vostedes coñecen as razóns que me induciron a renunciar ao trono. Quixera facerlles comprender que, ao tomar esta resolución, non esquecín en absoluto o país ou o Imperio, aos cales, primeiro como príncipe de Gales e máis tarde como rei, dediquei vinte e cinco anos de servizo. Mais poden crerme se lles digo que me resultou imposible soportar a pesada carga da responsabilidade e desempeñar as miñas funcións como rei, na forma en que desexaría facelo, sen a axuda e o apoio da muller que amo.
69
Eduardo partiu de
Gran Bretaña
Austria
, onde se aloxou no castelo Enzesfeld, casa do barón e a baronesa Eugen e Kitty de
Rothschild
. Tivo que permanecer afastado de Wallis ata que non houbese perigo de comprometer a concesión dun decreto absoluto no proceso de divorcio. Cando o divorcio se resolveu en maio de 1937, Wallis volveu empregar o seu nome de solteira Wallis Warfield. A parella reuniuse no
castelo de Candé
, en
Monts
Francia
, o 4 de maio de 1937.
70
Terceiro matrimonio: duquesa de Windsor
editar
editar a fonte
Un mes máis tarde, o 3 de xuño de 1937, Wallis e Eduardo casaron no castelo de Candé,
71
que lles prestou
Charles Bedaux
, quen máis tarde traballou activamente en favor da
Alemaña nazi
na
segunda guerra mundial
72
A data coincidía co que sería o 72.º aniversario do rei
Xurxo V
raíña María
pensou que a voda foi programada nesa data como un desaire deliberado.
73
Ningún membro da familia real británica asistiu.
Eduardo foi nomeado
duque de Windsor
polo seu irmán, Xurxo VI; con todo, a
patente real
aprobada polo novo rei e apoiada por unanimidade polos gobernos dos dominios, impedía a Wallis, agora duquesa de Windsor, usar o tratamento de
A Súa Alteza Real
74
O rei tiña a firme idea de que Wallis non debía recibir un tratamento real e esta opinión era compartida pola súa nai, a raíña María, e pola súa esposa, a
raíña Isabel
75
Ao principio, a familia real non aceptou a duquesa e non a recibiu formalmente, aínda que Eduardo se reuniu varias veces coa súa nai e os seus irmáns despois da súa abdicación. Algúns biógrafos suxeriron que a raíña Isabel, cuñada de Eduardo, estaba resentida con Wallis polo papel que desempeñou na chegada ao trono de Xurxo VI —que puido ver como un factor influente na temperá morte deste—, e por comportarse prematuramente como o consorte de Eduardo, cando só era a súa amante.
76
77
Estas afirmacións foron negadas por amigos próximos da raíña Isabel; por exemplo, o
duque de Grafton
escribiu que "nunca dixo algo desagradable sobre a duquesa de Windsor, con excepción de que realmente non tiña nin idea de con que estaba a tratar".
78
Por outra banda, a duquesa de Windsor referíase á raíña Isabel como a "señora Temple" (Señora Templo) e "Cookies" (Galletas), en alusión á súa figura sólida e o seu gusto polos alimentos, e á súa filla, a
princesa Isabel
, como "Shirley", en alusión a
Shirley Temple
79
A duquesa resentiu amargamente que lle negasen o tratamento real e que os familiares de Eduardo non a aceptasen como parte da familia.
23
80
Con todo, dentro do círculo dos duques de Windsor, o tratamento de
A Súa Alteza Real
era utilizado por aqueles que estaban preto da parella.
81
Segundo
Diana Mitford
, esposa do ex-líder da
Unión Británica de Fascistas
Oswald Mosley
, que coñecía a futura raíña nai e a Wallis, pero só era amiga desta última, a antipatía da raíña cara á súa concuñada podía ter unha fonte máis profunda. Lady Mosley escribiu á súa irmá, a duquesa de Devonshire, trala morte do duque de Windsor, "probablemente a teoría dos seus contemporáneos [dos Windsor] de que
Cake
[un alcume de Mitford para a raíña nai, que derivaba da súa exclamación de alegría na festa na que Deborah Devonshire a coñeceu] estaba máis ben namorada del [o duque] —como unha nena— e levou ao segundo mellor, pode explicar moitas cousas".
82
Os duques viviron en Francia os anos anteriores á guerra. En 1937, realizaron unha visita de alto perfil a
Alemaña
e reuníronse co líder
nazi
Adolf Hitler
, quen, segundo informes, dixo da duquesa que "sería unha boa raíña".
83
Esa visita apoiaba as fortes sospeitas que tiñan moitas persoas no goberno e na sociedade, de que a duquesa era unha axente alemá, afirmación que Wallis ridiculizou nas súas cartas a Eduardo.
84
Os arquivos do
FBI
recompilados na
década de 1930
, tamén a retratan como posible simpatizante nazi. O ex-duque
Carlos Alexandre de Württemberg
díxolle ao FBI que Wallis e o líder nazi
Joachim von Ribbentrop
foran amantes en Londres.
85
Mesmo houbo informes aínda máis inverosímiles sobre as súas circunstancias na
segunda guerra mundial
, como que Wallis conservaba unha fotografía asinada de Ribbentrop na súa mesa de noite, e que seguira pasándolle información, mesmo durante a invasión de Francia.
86
87
Segunda guerra mundial
editar
editar a fonte
Tralo estalido da guerra en 1939, a Eduardo asignóuselle un posto militar no exército británico destinado en Francia. Segundo o fillo de
William Edmund Ironside
, primeiro barón Ironside, Wallis seguiu a recibir os seus amigos relacionados co movemento fascista e filtroulles detalles das defensas francesas e belgas que obtiña do duque.
88
Cando os alemáns invadiron o norte de
Francia
e bombardearon
Gran Bretaña
en maio de 1940, a duquesa díxolle a un
xornalista
estadounidense
: «non podo dicir que sinto mágoa por eles».
89
Como as tropas alemás avanzaban, os duques fuxiron da súa casa en
París
con destino cara ao sur, primeiro a
Biarritz
e logo en xuño a
España
. Alí, Wallis díxolle ao embaixador dos Estados Unidos,
Alexander W. Weddell
, que Francia perdera porque estaba «internamente enferma».
90
En xullo a parella mudouse a
Lisboa
Portugal
, onde se aloxaron na casa de Ricardo Espírito Santo Silva, un banqueiro que era sospeitoso de ser axente alemán.
91
En agosto, un buque de guerra británico trasladou a parella ás
Bahamas
, onde Eduardo foi instalado como gobernador.
Wallis realizou competentemente o seu papel como esposa do gobernador durante cinco anos. Con todo, odiaba
Nassau
, que cualificou de "a nosa
Santa Helena
", en referencia ao último lugar de exilio de
Napoleón
. Foi duramente criticada polas súas extravagantes viaxes de compras aos Estados Unidos, que levaron a cabo cando Gran Bretaña estaba a soportar privacións como racionamentos e cortes de luz nas vías públicas.
92
93
As súas actitudes
racistas
cara á poboación local —aos que chamaba «negros vagos e prósperos» en cartas á súa tía— eran reflexo da súa educación.
94
95
En 1941, o primeiro ministro
Winston Churchill
opúxose enerxicamente cando a parella planeaba visitar o
Caribe
a bordo dun iate que pertencía ao magnate
sueco
Axel Wenner-Gren
, a quen Churchill declarou "proalemán". Churchill viuse obrigado a queixarse de novo cando o duque outorgou unha entrevista de ton "derrotista".
96
establishment
británico desconfiaba da duquesa; sir
Alexander Hardinge
escribiu que as súas actividades antibritánicas estaban motivadas por un desexo de vinganza contra un país que a rexeitou como raíña.
97
Despois da derrota da
Alemaña nazi
, a parella regresou a
Francia
e retirouse.
Vida posterior e falecemento
editar
editar a fonte
Os duques de Windsor co presidente
Richard Nixon
durante un evento na
Casa Branca
en abril de 1970.
En 1946, Wallis aloxábase en Ednam Lodge, a casa do
conde de Dudley
, cando algunhas das súas xoias foron roubadas. Houbo rumores de que o roubo fora planeado pola
familia real británica
, nun intento por recuperar as xoias que Eduardo tomara da
Royal Collection
, ou polos propios duques de Windsor, como parte dunha fraude contra a aseguradora, xa que o ano seguinte a parella realizou un gran depósito de pedras soltas en
Cartier
. Con todo, en 1960, Richard Dunphie confesou o delito. As pezas roubadas eran só unha pequena parte das xoias dos Windsor que foran compradas de forma privada, herdadas polo duque ou que lle foran regaladas cando era
príncipe de Gales
98
Eduardo regresou a
Inglaterra
en febreiro de 1952, para asistir ao funeral de
Xurxo VI
. Wallis non quixo asistir; na súa estadía previa en Londres, o mes de outubro anterior, dixéralle ao seu marido: "odio este país. Seguirei odiándoo ata a tumba".
99
Máis tarde ese ano, as autoridades municipais de París ofrecéronlles o uso dunha casa. A parella viviu no número 4 da rue du Champ d'Entraînement en
Neuilly-sur-Seine
a maior parte do resto das súas vidas; en esencia tiveron unha vida cómoda.
100
Tamén compraron unha segunda residencia no país, onde pronto se converteron en amigos íntimos dos seus veciños
Oswald
Diana Mosley
101
Anos máis tarde, Diana Mosley afirmou que os duques de Windsor compartían o punto de vista dela e do seu home de que a Hitler se lle debía dar man libre para destruír o
comunismo
102
O propio Eduardo escribiu no
New York Daily News
o 13 de decembro de 1966, "[...] era do interese de Gran Bretaña e de Europa tamén, que Alemaña se animase a atacar o Leste e esmagase o comunismo para sempre [...]. Pensei que o resto de nós podería manterse neutral, mentres que os nazis e os vermellos pelexaban".
103
En 1965, cando os duques de Windsor visitaron
Londres
porque Eduardo necesitaba unha cirurxía ocular, a raíña
Isabel II
e a princesa
Mariña
, duquesa de Kent, os visitaron. Máis tarde, en 1967, a parella uniuse á familia real en Londres cando Isabel II desvelou unha placa para conmemorar o centenario do nacemento da
raíña María
104
Isabel II e o
príncipe Carlos
visitaron os Windsor en París nos últimos anos do duque; de feito a visita ocorreu pouco antes da súa morte.
105
Cando Eduardo morreu de
cancro
en 1972, Wallis viaxou a
Inglaterra
para asistir ao funeral e durante a súa visita aloxouse no
palacio de Buckingham
106
107
Cada vez máis senil e fráxil, viviu o resto da súa vida como recluída, co apoio do patrimonio do seu marido e dun subsidio da raíña.
108
En outubro de 1976, esperábase que recibise a
raíña nai Isabel
, pero estaba demasiado enferma de
demencia
e o seu persoal cancelou a visita no último minuto. A raíña nai enviou flores cun cartón en que se lía, «Con amizade,
Elizabeth».
109
Despois da morte do seu home, a duquesa outorgoulle a súa autoridade legal á avogada francesa Suzanne Blum.
110
Esta relación de potencial explotación foi explorada en libro de Caroline Blackwood,
The Last of the Duchess
, escrito en 1980, pero que non se publicou ata despois da morte de Blum en 1995.
111
En 1980, Wallis perdeu a capacidade de falar.
112
Ao final permaneceu confinada na súa cama e non recibía visitas fóra do seu médico e enfermeiras.
A duquesa de Windsor morreu na súa casa no
Bois de Boulogne
de
París
o 24 de abril de 1986. O seu funeral celebrouse na
capela de San Xurxo
do
castelo de Windsor
e contou coa asistencia das súas dúas cuñadas sobreviventes: a raíña nai e a princesa Alicia, duquesa de Gloucester. Isabel II, o
príncipe Felipe
, o
príncipe
e a
princesa de Gales
asistiron á cerimonia fúnebre e ao enterro. Foi sepultada xunto a Eduardo no
cemiterio real
próximo ao castelo de Windsor, como «Wallis, duquesa de Windsor».
113
Ata que chegaron a un acordo con Isabel II en 1965, os duques tiñan planeado que o seu enterro se realizase nunha parcela do Green Mount Cemetery en
Baltimore
, lugar onde foi sepultado o pai de Wallis.
114
A maior parte da súa herdanza foi á fundación para a investigación médica do
Instituto Pasteur
, segundo as instrucións de Suzanne Blum. A decisión colleu por sorpresa a familia real e os amigos da duquesa, porque durante a súa vida nunca mostrara algún interese na caridade.
115
En abril de 1987, a notable colección de xoiaría de Wallis recadou 45 millóns de
dólares
para o instituto nunha poxa en
Sotheby's
, aproximadamente sete veces o seu prezo estimado;
116
ademais atraeu ofertas de famosas personalidades como
Elizabeth Taylor
Calvin Klein
Jacqueline Onassis
117
En recoñecemento á axuda que
Francia
lles brindou fornecéndoos dunha casa, en lugar dos impostos por defunción, a colección de mobles estilo
Lois XVI
, algunhas pezas de porcelana e pinturas pasaron a ser propiedade do estado francés.
118
familia real británica
non recibiu legados importantes. O empresario
exipcio
Mohamed Al-Fayed
comprou gran parte do patrimonio non financeiro, incluíndo o
usufruto
da mansión de
París
. A maior parte da súa colección vendeuse en 1998, un ano despois da morte do seu
fillo
no accidente automobilístico que tamén cobrou a vida de Diana, princesa de Gales. A venda recadou máis de 14 millóns de libras para a caridade.
Legado
editar
editar a fonte
Monograma de Wallis e Eduardo.
A vida de Wallis estivo chea de rumores de que tiña outros amantes. O
playboy
estadounidense
Jimmy Donahue
, herdeiro da fortuna
Woolworth
, que ademais era
homosexual
, afirmou que tivo unha relación coa duquesa na
década de 1950
, pero Donahue era coñecido polas súas bromas enxeñosas e a súa afección a facer circular rumores.
119
Case todos os historiadores e biógrafos negaron a existencia do chamado "expediente da China", que se supón detalla as fazañas sexuais e criminais de Wallis nese país.
120
Aínda que houbo certos rumores sobre un embarazo e posterior aborto mentres Wallis viviu na
China
, especialmente aqueles relacionados co
conde Ciano
, non hai probas contundentes de que quedase embarazada de calquera dos seus amantes ou dos seus tres maridos. As afirmacións de que sufría de
síndrome de insensibilidade aos andróxenos
, tamén coñecido como feminización testicular, parecen improbables, por non dicir imposibles, tendo en conta da súa cirurxía por
miomas
uterinos en 1951.
121
122
En 1956, a duquesa publicou as súas memorias realizadas por un
escritor pantasma
The Heart Has Its Reasons
. O autor
Charles Higham
dixo do libro, «os feitos foron reordenados sen remorsos no que equivalía a un
lifting
facial autorrealizado [...] reflectindo en abundancia a personalidade da súa autora, politicamente equivocada pero encantadora e conveniente». Higham describiu a duquesa como «carismática, electrizante e compulsivamente ambiciosa».
123
A avaliación da vida da duquesa de Windsor foi enturbada por rumores, conxecturas e propaganda politicamente motivada, sen que fose necesaria a axuda da súa propia manipulación da verdade; pero non existe ningún documento que probe directamente que Wallis sexa outra cousa máis que unha vítima da súa propia ambición, que viviu un gran romance que se converteu nunha gran traxedia. En opinión dos seus biógrafos, "experimentou o supremo conto de fadas, converténdose na adorada favorita do solteiro con máis
glamour
do seu tempo. O idilio tomou o camiño equivocado cando facendo caso omiso das súas súplicas, el abandonou a súa posición para pasar o resto da súa vida con ela".
124
Os académicos coinciden en que Wallis ascendeu ao bordo dun precipicio que:
a deixou con menos alternativas do que prevera. Dalgún xeito pensou que o
establishment
podería ser superado unha vez que [Eduardo] fose rei e confesou con franqueza á tía Bessie as súas «ambicións insaciables» [...]. Atrapado na súa evasión da responsabilidade en exactamente o papel que ela buscara, de súpeto ela advertiule nunha carta, «ti e mais eu só podemos crear desastres xuntos» [...] [Wallis] predixo á anfitrioa social
Sybil Colefax
, «dúas persoas van sufrir» por causa «do funcionamento dun sistema» [...]. Negándoselle a dignidade e sen nada útil que facer, o novo duque de Windsor e a súa duquesa serían para unha xeración, os parasitos da sociedade máis coñecidos internacionalmente, mentres se aburrían profundamente entre si [...]. Ela pensou que el era emocionalmente como
Peter Pan
e víase a ela mesma como
Alicia no País das Marabillas
. Porén, o libro que escribiron en conxunto foi máis
Paradise Lost
125
Dise que Wallis resumiu a súa vida nunha frase: «Non tes idea do difícil que é vivir un gran romance».
126
127
A duquesa de Windsor na cultura popular
editar
editar a fonte
A personaxe de Wallis foi interpretado por
Faye Dunaway
en
The Woman I Love
(telefilme de 1972),
Cynthia Harris
en
Edward and
Mrs.
Simpson
(miniserie de sete capítulos de 1978),
Jane Seymour
en
The Woman He Loved
(telefilme de 1988),
Amber Sealey
en
Bertie and Elizabeth
(telefilme de 2002),
Joely Richardson
en
Wallis and Edward
(telefilme de 2005),
Gillian Anderson
en
Any Human Heart
(miniserie do 2010),
Emma Clifford
en
Upstairs, Downstairs
(miniserie de 2010),
Eve Best
en
The King's Speech
(filme de 2010) e
Andrea Riseborough
en
W.E.
(filme de 2011).
128
Jane Hartley
representouna en
Always
, un musical do
West End
de 1997.
129
O galardoado
escritor
canadense
Timothy Findley
, na súa novela
Famous Last Words
de 1981, presentou unha "señora Simpson" manipuladora, pero tamén tráxica. En 1991,
Anne Edwards
escribiu un empático relato dos primeiros anos de Wallis que culmina cando contrae matrimonio con Eduardo no seu libro
Wallis: The Novel
. Wallis tamén aparece nun relato curto de
Rose Tremain
, chamado "The Darkness of Wallis Simpson"; nunha obra chamada
The Duchess
de
Linda Griffith
; no suspense
ucrónico
de 1992,
Fatherland
, de
Robert Harris
; e nun libro da serie "Young Bond" de
Charlie Higson
By Royal Command.
En 2001, o xornalista Christopher Wilson publicou o libro
Dancing with the Devil
, no que relata a suposta relación de Wallis con Jimmy Donahue.
130
Kate Auspitz, na súa novela de 2010,
The War Memoirs of HRH Wallis, Duchess of Windsor
, retrátaa como un instrumento dos aliados, que a empregaron para facer que o rei Eduardo VIII, simpatizante fascista, abandonase o trono.
131
Notas
editar
editar a fonte
No rexistro de pasaxeiros do buque
SS France
de 1924, accesible na páxina web de ellisisland.org, a súa data de nacemento dáse como o
19 de febreiro
de
1892
, a pesar de que a súa idade foi anotada como 28 anos. Segundo os resultados do censo de 1900, citados polo autor Charles Higham, naceu en xuño de
1895
, antes do matrimonio dos seus pais (Higham, páx. 4). O autor Greg King sinalou que, aínda que a «escandalosa afirmación de ilexitimidade anima a narración da vida da duquesa», «a evidencia para apoiar isto é escasa de feito» e que «forza a credibilidade» (King, páx. 11).
Windsor, duque de, páx. 413.
Weir, páx. 328
«Baltimore in Her Centennial Year»,
Frank Leslie's Popular Monthly
, volume 43 (
Frank Leslie Publishing House
, 1897), páx. 702
Blue Ridge Summit é referido como «un lugar de veraneo de moda [...] entón moi frecuentado polas persoas de Baltimore» no libro de Francis F. Bierne,
The Amiable Baltimoreans
Johns Hopkins University Press
, 1984), páx. 118
Windsor, duquesa de, páx. C-3
Un anuncio do Monterrey Inn declaraba que abrían do "1 de xuño ao 1 de outubro" todos os anos. Ver:
The Automobile Blue Book
, volume 3 (The Automobile Blue Book Publishing Co., 1918), páx. 533
Franklin P. Woodring e Suzanne K. Woodring,
Pen Mar
(Arcadia Publishing, 2005), páx. 21
Carroll, páx. 28
King, páx. 13
Higham, páx. 4
Carroll, vol. 3, páx. 24–43; Higham, páx. 5; King, páx. 14–15; Windsor, duquesa de, páx. C-7
O domicilio da casa de Warfield era East Preston Street, 34, citado en
The Financial Red Book of America
(Financial Director Association, 1905), páx. 114, así como en Michael Thornton,
Royal Feud: The Queen Mother and the Duchess of Windsor
(M. Joseph, 1985), páx. 19
Laura Lou Brookman,
Her Name was Wallis Warfield
(E. P. Dutton, 1936), páx. 36
Higham, páx. 12–13
Higham, páx. 7
Higham, páx. 8
Higham, páx. 18
Higham, páx. 20
Higham, páx. 23–24
Higham, páx. 26–28
Higham, páx. 29
Ziegler, Philip
(2004) «
Windsor, (Bessie) Wallis, duchess of Windsor (1896–1986)
»,
Oxford Dictionary of National Biography
Oxford University Press
doi:10.1093/ref:odnb/38277
. Consultado o 2 de maio de 2010.
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 22
Higham, páx. 38
Higham, páx. 46
Koo, Madame Wellington (1943).
Hui-Lan Koo: An Autobiography as told to Mary van Rensselaer Thayer
. Nova York: Dial Press.
Maher, Catherine (31 de outubro de 1943).
Madame Wellington Koo's Life Story
New York Times
. p.
BR7.
Higham, páx. 47
Higham, páx. 50
Moseley, Ray (1999).
Mussolini's Shadow: The Double Life of Count Galeazzo Ciano
. New Haven:
Yale University Press
. pp.
–10.
ISBN
0300079176
Higham, páx. 50–51
Higham, páx. 53–54
Higham, páx. 58
Higham, páx. 64
Higham, páx. 67
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 33; Higham, páx. 68
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 37
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 37–41; Higham, páx. 73–80
Diario del barón
Clive Wigram
citado en Bradford, páx. 145–147
Ziegler,
King Edward VIII: The official biography
, páx. 227–228
Rosenberg, Jennifer.
"King Edward VIII Abdicated for Love (Page 2)"
(en
inglés
. About.com. Arquivado dende
o orixinal
o 10 de xuño de 2011
. Consultado o 23 de abril de 2011
Ziegler, páx. 231
Beaverbrook, páx. 111
Ziegler, páx. 238
Higham, páx. 113 e páx. 125
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 58 e 71
Informe do superintendente A. Canning para sir
Philip Game
, 3 de xullo de 1935, National Archives, PRO MEPO 10/35, citado en Williams, páx. 75
Iglesias, Graciela (31 de xaneiro de 2003).
"Revelan la historia del amante secreto de Wallis Simpson"
La Nación
. Arquivado dende
o orixinal
o 24 de setembro de 2019
. Consultado o 25 de abril de 2011
Fox, James (1 de setembro de 2003).
The Oddest Couple
Vanity Fair
. pp.
276–291.
ISSN
0733-8899
Williams, páx. 75
Windsor, duque de, páx. 265
Ziegler, páx. 277–278
"Abdication Crisis"
BBC News
(en
inglés
. Consultado o 25 de abril de 2011
Ziegler, páx. 289–292
Broad, Lewis (1961).
The Abdication
. Londres: Frederick Muller Ltd. p.
44.
Ebor, David (novembro de 2002).
"Marriage in Church After a Divorce"
(en
inglés
. The Church of England. Arquivado dende
o orixinal
o 10 de maio de 2015
. Consultado o 25 de abril de 2011
Beaverbrook, páx. 39–44 e páx. 122
Ziegler, páx. 305–307
Como escribiu sir
Horace Wilson
Neville Chamberlain
citado en Higham, páx. 191
Ziegler, páx. 234 e páx. 312
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 82, 92
Windsor, duque de, páx. 359
Beaverbrook, páx. 57
Un
Lord in Waiting
é unha persoa da nobreza que ocupa un cargo destinado á asistencia do monarca
Tinniswood, Adrian
(1992).
Belton House
The National Trust
. p.
34
ISBN
0707801133
Norton-Taylor, Richard; Evans, Rob (2 de marzo de 2000).
"Edward and Mrs Simpson cast in new light"
The Guardian
(en
inglés
. Consultado o 9 de xaneiro de 2011
Windsor, duque de, páx. 413
Windsor, Eduardo, duque de (12 de xuño de 1950).
"A King´s Story Part IV"
Life
(en
inglés
. p.
125
. Consultado o 25 de abril de 2011
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 106–118; Higham, páx. 224
Ini, Luis (3 de xuño de 2009).
"Se casaban Eduardo VIII y Wallis Simpson"
La Nación
. Arquivado dende
o orixinal
o 26 de novembro de 2011
. Consultado o 25 de abril de 2011
Howarth, Patrick (1987).
George VI
. Hutchinson. p.
73
ISBN
0091710006
Carta da raíña María á raíña Isabel, 21 de maio de 1937, Royal Archives, QEQM/PRIV/RF, citado en
Shawcross, William
(2009).
Queen Elizabeth The Queen Mother: The Official Biography
. Macmillan. p.
422
ISBN
9781405048590
Diario de
Neville Chamberlain
citado en Bradford, páx. 243
"Home Office memo on the Duke and Duchess's title"
(en
inglés
. Richmond, Surrey: National Archives. Arquivado dende
o orixinal
o 31 de decembro de 2010
. Consultado o 25 de abril de 2011
Higham, páx. 437
Bradford, páx. 172
Hogg, James; Mortimer, Michael (2002).
The Queen Mother Remembered
. BBC books. pp.
84
–85.
ISBN
0563362146
Bloch,
The Secret File of the Duke of Windsor
, páx. 259
Véxase tamén:
Bloch, Michael (ed.) (1986).
Wallis and Edward: Letters 1931–1937
. Summit Books. pp.
231
, 233.
ISBN
0671612093
citado en Bradford, p. 232
Higham, páx. 232
Carta de Lady Mosley á
Deborah Mitford duquesa de Devonshire
, 5 de xuño de 1972, en Mosley, Charlotte (ed.) (2007).
The Mitfords: Letters Between Six Sisters
. Londres: Fourth Estate, páx. 582.
Bowcott, Owen; Bates, Stephen (30 de xaneiro de 2003).
Fear that Windsors would 'flit' to Germany
The Guardian
(en inglés)
. Consultado o 9 de xaneiro de 2011
Higham, páx. 203
Evans, Rob; Hencke, David (29 de xuño de 2002).
Wallis Simpson, the Nazi minister, the telltale monk and an FBI plot
The Guardian
(en inglés)
. Consultado o 9 de xaneiro de 2011
Bloch,
The Duke of Windsor's War
, páx. 355
Higham, páx. 317
Higham, páx. 305
Higham, páx. 313
Higham, páx. 323
Bloch,
The Duke of Windsor's War
, páx. 102; Parker, páx. 194
Higham, páx. 330 e Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx 153 e 159
O orixinal usa o vocábulo
blackout
que significa "escurecemento da cidade para que esta non sexa visible dende os avións inimigos", véxase:
"Blackout"
. Wordreference.com
. Consultado o 9 de xaneiro de 2010
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 165
Ao contar unha historia de como Wallis se queixou de que aos negros se lles permitise andar por
Park Avenue
, Joanne Cummings, esposa de
Nathan Cummings
, dixo de Wallis, «creceu no Sur, nun tiempo determinado e con certos prexuízos». Fonte: Menkes, páx. 88
Howarth, páx. 130
Howarth, páx. 113
Menkes, páx. 192–193
Higham, p. 443
Menkes, páx. 11–48
Higham, páx. 449 e Ziegler, páx. 545
Higham, páx. 450
Higham, pp. 259–260
Higham, páx. 466–469
Higham, páx. 473 e Bloch,
The Secret File of the Duke of Windsor
, páx. 299
Conducido por
William Launcelot Scott Fleming
, deán de Windsor (antigo bispo de Portsmouth e Norwich)
The Times
, luns 5 de xuño de 1972; páx. 2; número 58496; col. E
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 216 e Higham, páx. 477–479
Ziegler, páx. 555
Higham, páx. 487–488
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 221; Higham, páx. 490 e Menkes, páx. 199
Blackwood, Lady Caroline (1995).
The Last of the Duchess
. Pantheon.
ISBN
0679439706
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 222
"Simple funeral rites for Duchess"
BBC
(en
inglés
. 29 de abril de 1988
. Consultado o 25 de abril de 2011
Rasmussen, Frederick (29 de abril de 1986).
Windsors had a plot at Green Mount
. Baltimore: The Baltimore Sun.
Menkes, p. 200
Culme, John; Rayner, Nicholas (1987).
The Jewels of The Duchess of Windsor
. Nova York: Vendome Press. p.
7.
Ralston Saul, John; Ralston, Saul John (1998).
Los bastardos de Voltaire: la dictadura de la razón en Occidente
. Andres Bello. p.
485.
ISBN
9788489691377
Menkes, pp. 198, 206 y 207
Wilson, Christopher (2001).
Dancing With the Devil: the Windsors and Jimmy Donahue
. Londres: HarperCollins.
ISBN
0006531598
Higham, páx. 119 e Ziegler, páx. 224
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 10, 13 e 230
Ziegler, páx. 533 e Higham, páx. 496
Higham, páx. 452–453
Bloch,
The Duchess of Windsor
, páx. 231
Weintraub, Stanley
(8 de xuño de 1986). "The Love Letters of the Duchess of Windsor".
Washington Post
. p.
X05.
Wilson, páx. 179
"Great lovers: A celebration of true romance"
The Independent
(en
inglés
. 13 de febreiro de 2010
. Consultado o 23 de abril de 2011
"Wallis Simpson (Character)"
(en
inglés
. IMDb. Arquivado dende
o orixinal
o 16 de febreiro de 2011
. Consultado o 15 de xaneiro de 2010
"Always"
(en
inglés
. Record Cabinet. Arquivado dende
o orixinal
o 20 de novembro de 2011
. Consultado o 23 de abril de 2011
"Triángulo real"
. Semana.com. 19 de marzo de 2001. Arquivado dende
o orixinal
o 24 de setembro de 2019
. Consultado o 25 de abril de 2011
"The War Memoirs of HRH Wallis, Duchess of Windsor"
(en
inglés
. Penguin.ca. Arquivado dende
o orixinal
o 06 de marzo de 2012
. Consultado o 23 de abril de 2011
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Wikimedia Commons
ten máis contidos multimedia na categoría:
Wallis Simpson
A Galipedia ten un
portal
sobre:
Muller
Bibliografía
editar
editar a fonte
Beaverbrook, Lord
(1966). Taylor, A. J. P., ed.
The Abdication of King Edward VIII
. Londres: Hamish Hamilton.
Blackwood, Lady Caroline
(1995).
The Last of the Duchess
. Pantheon.
ISBN
0679439706
Bloch, Michael (1996).
The Duchess of Windsor
. Londres: Weidenfeld and Nicolson.
ISBN
0297835904
Bloch, Michael (1982).
The Duke of Windsor's War
. Londres: Weidenfeld and Nicolson.
ISBN
0297779478
Bloch, Michael (1988).
The Secret File of the Duke of Windsor
. Londres: Bantam Books.
ISBN
059301667X
Bloch, Michael (ed.) (1986).
Wallis and Edward: Letters 1931–1937
. Summit Books.
ISBN
0671612093
Bradford, Sarah (1989).
George VI
. Londres: Weidenfeld and Nicolson.
ISBN
0297796674
Carroll, David H. (1911).
Men of Mark in Maryland, Volume 3
. B. F. Johnson Inc.
Culme, John (1987).
The Jewels of the Duchess of Windsor
. Nova York: Vendome Press.
Higham, Charles
(2005).
Mrs Simpson
. Pan Books.
ISBN
0330426788
King, Greg
(1999).
The Duchess of Windsor
. Citadel Press.
ISBN
1559724714
Menkes, Suzy
(1987).
The Windsor Style
. Londres: Grafton Books.
ISBN
0246132124
Parker, John (1988).
King of Fools
. Macdonald.
ISBN
9780356155425
Weir, Alison
(1995).
Britain's Royal Families: The Complete Genealogy Revised edition
. Random House.
ISBN
0-7126-7448-9
Williams, Susan (2004).
The People's King: The True Story of the Abdication
. Nova York: Palgrave Macmillan.
ISBN
9781403963635
Wilson, Christopher (2001).
Dancing With the Devil: the Windsors and Jimmy Donahue
. Londres: HarperCollins.
ISBN
0006531598
Windsor, Eduardo duque de
(1951).
A King's Story
. Londres: Cassell and Co Ltd.
Windsor, Wallis duquesa de (1956).
The Heart has its Reasons: The Memoirs of the Duchess of Windsor
. Nova York: Houghton Mifflin.
Ziegler, Philip
(1991).
King Edward VIII: The official biography
. Nova York: Alfred A. Knopf.
ISBN
0394577302
Ziegler, Philip
(2004) «
Windsor, (Bessie) Wallis, duchess of Windsor (1896–1986)
»,
Oxford Dictionary of National Biography
Oxford University Press
doi:10.1093/ref:odnb/38277
. Consultado o 2 de maio de 2010 (requírese subscrición)
Ligazóns externas
editar
editar a fonte
The Duke and Duchess of Windsor Historical Society.
Páxina oficial da Sociedade Histórica do duque e a duquesa de Windsor
(en
inglés
Curtametraxe documental sobre Eduardo VIII e Wallis Simpson
Arquivado
14 de setembro de 2011 en
Wayback Machine
. British Pathe. Noticias e vídeos.
Persoa do ano segundo a revista
Time
1927–1950
Charles Lindbergh
(1927)
Walter Chrysler
(1928)
Owen D. Young
(1929)
Mahatma Gandhi
(1930)
Pierre Laval
(1931)
Franklin D. Roosevelt
(1932)
Hugh Samuel Johnson
(1933)
Franklin D. Roosevelt
(1934)
Haile Selassie
(1935)
Wallis Simpson
(1936)
Chiang Kai-shek
Soong Mei-ling
(1937)
Adolf Hitler
(1938)
Stalin
(1939)
Winston Churchill
(1940)
Franklin D. Roosevelt
(1941)
Stalin
(1942)
George Marshall
(1943)
Dwight D. Eisenhower
(1944)
Harry S. Truman
(1945)
James F. Byrnes
(1946)
George Marshall
(1947)
Harry S. Truman
(1948)
Winston Churchill
(1949)
Pilotos da aviación americana
(1950)
1951–1975
Mohammed Mosaddeq
(1951)
Isabel II
(1952)
Konrad Adenauer
(1953)
John Foster Dulles
(1954)
Harlow Curtice
(1955)
Loitadores húngaros pola liberdade
(1956)
Nikita Khrushchev
(1957)
Charles de Gaulle
(1958)
Dwight D. Eisenhower
(1959)
Científicos dos EEUU
George Beadle
Charles Draper
John Enders
Donald A. Glaser
Joshua Lederberg
Willard Libby
Linus Pauling
Edward Purcell
Isidor Rabi
Emilio Segrè
William Shockley
Edward Teller
Charles Townes
James Van Allen
Robert Woodward
(1960)
John F. Kennedy
(1961)
Xoán XXIII
(1962)
Martin Luther King, Jr.
(1963)
Lyndon B. Johnson
(1964)
William Westmoreland
(1965)
A Xeración de 25 anos ou menos
(1966)
Lyndon B. Johnson
(1967)
Astronautas do Apollo 8
William Anders
Frank Borman
Jim Lovell
(1968)
Os americanos medios
(1969)
Willy Brandt
(1970)
Richard Nixon
(1971)
Henry Kissinger
Richard Nixon
(1972)
John Sirica
(1973)
Rei Faysal
(1974)
Muller americana
Susan Brownmiller
Kathleen Byerly
Alison Cheek
Jill Conway
Betty Ford
Ella Grasso
Carla Hills
Barbara Jordan
Billie Jean King
Susie Sharp
Carol Sutton
Addie Wyatt
(1975)
1976–2000
Jimmy Carter
(1976)
Anwar el-Sadat
(1977)
Deng Xiaoping
(1978)
Aiatolá Khomeini
(1979)
Ronald Reagan
(1980)
Lech Wałęsa
(1981)
Ordenador
(1982)
Ronald Reagan
Iuri Andropov
(1983)
Peter Ueberroth
(1984)
Deng Xiaoping
(1985)
Corazón Aquino
(1986)
Mikhail Gorbachev
(1987)
Medio ambiente
(1988)
Mikhail Gorbachev
(1989)
George H. W. Bush
(1990)
Ted Turner
(1991)
Bill Clinton
(1992)
Os pacificadores:
Yasser Arafat
F. W. de Klerk
Nelson Mandela
Yitzhak Rabin
(1993)
Xoán Paulo II
(1994)
Newt Gingrich
(1995)
David Ho
(1996)
Andrew Grove
(1997)
Bill Clinton
Ken Starr
(1998)
Jeffrey P. Bezos
(1999)
George W. Bush
(2000)
Dende 2001
Rudolph Giuliani
(2001)
Os alertadores:
Cynthia Cooper
Coleen Rowley
Sherron Watkins
(2002)
O soldado americano
(2003)
George W. Bush
(2004)
O bo samaritán:
Bono
Bill Gates
Melinda Gates
(2005)
Ti
(2006)
Vladimir Putin
(2007)
Barack Obama
(2008)
Ben Bernanke
(2009)
Mark Zuckerberg
(2010)
O manifestante
(2011)
Barack Obama
(2012)
Papa Francisco
(2013)
Os loitadores contra o
ébola
(2014)
Angela Merkel
(2015)
Donald Trump
(2016)
As que romperon o silencio
(2017)
Os gardiáns:
Jamal Khashoggi
Maria Ressa
Wa Lone e Kyaw Soe Oo
/ persoal de
The Capital
(2018)
Greta Thunberg
(2019)
Joe Biden
Kamala Harris
(2020)
Elon Musk
(2021)
Volodymyr Zelenskyi
Spirit of Ukraine
(2022)
Taylor Swift
(2023)
Donald Trump
(2024)
Control de autoridades
Q209417
WorldCat
VIAF
24610698
BAV
ADV12226410
BIBSYS
98011754
BLBNB
000386928
BMT
180625
BNE
XX914465
BNF
11996401m
CiNii
DA07103260
DeutscheBio:
11863366X
Dodis
P2526
EBID
ID
FAST
164
FemBio:
28947
GND
11863366X
ICCU
CUBV163313
IMDb
nm0239846
ISNI
0000000368633456
LCCN
n50000855
Munzinger:
00000000455
NDL
00621655
NKC
xx0105514
NLA
36434239
NNDB
000111588
NPG
mp05920
NTA
070365849
ODNB
38277
OL
OL4772698A
SELIBR
351664
SNAC:
w6ws8w69
SUDOC
027457737
TMDb:
1453687
ULAN
500332070
WikiTree
Warfield-8
Obtido de «
Categorías
Duques
Nados no condado de Franklin, Pensilvania
Nados en 1896
Finados en 1986
Wallis Simpson
Nova sección
US