Wikipedia:Glosario - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Wikipedia
Contidos
de
axuda
GUÍA
Editor
visual
Referencia
rápida
Preguntas
máis
frecuentes
Glosario
Pide
axuda!!
O obxectivo deste
glosario
é facilitar o acceso a unha definición dos principais termos máis comunmente empregados na Wikipedia que poidan non entender algúns lectores.
Índice
editar a fonte
administrador
Nome co que se denomina a certos colaboradores da Wikipedia que teñen unha serie de responsabilidades e funcionalidades técnicas adicionais, como o borrado e protección de páxinas e o bloqueo de usuarios.
artigo
Unha entrada da enciclopedia. Todos os artigos son páxinas, pero tamén hai páxina que non son artigos, como esta mesma, que é de axuda.
artigo destacado
Un artigo que foi elixido en votación para mostrar na
Portada
durante un tempo por ter calidade abonda na súa redacción.
editar a fonte
bosquexo
Artigo que carece do contido mínimo que debería ter un texto enciclopédico.
bot
Programa informático que realiza traballos de mantemento do wiki, de xeito automatizados, que serían moi tediosos e laboriosos para unha persoa.
editar a fonte
cambios recentes
Páxina especial onde se mostran os últimos cambios realizados na Wikipedia. Serve para ollar o que outros usuarios fixeron, estar ao eito do que acontece no wiki e controlar que non se inclúan
vandalismos
nos artigos.
categoría
Unha agrupación de páxinas por tema. As etiquetas aparecen ao final da páxina nun recadro, e son da forma "Categoría:Galicia", onde a parte tras os ":" é o nome da categoría. A raíz da que colgan o resto das categorías chámase
Categoría:Índice
Commons
ou
Wikimedia Commons
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; trátase dun repositorio cunha manchea de imaxes e arquivos sonoros que se poden empregar en todos os wikis da Wikimedia.
conflito de edición
Situación que se produce cando dúas ou máis persoas tratan de editar unha páxina ao mesmo tempo.
conversa
Páxina reservada para falar sobre os contidos do artigo asociado.
copyvio
É a abreviatura de
violación dos dereitos de autor
copy
right
vio
lation
, en inglés). Fálase del cando un usuario infrinxiu as normas sobre os dereitos de autor que prohiben copiar materiais protexidos pola lei.
editar a fonte
dominio público
Neste apartado encóntranse aqueles traballos que están completamente libres de dereitos de autor.
editar a fonte
espazo de nomes
É un xeito de clasificar as páxinas nos wikis que usan o programa
MediaWiki
. A Wikipedia ten 20 espazos de nomes, cada un cun prefixo distinto: o principal para albergar os artigos da enciclopedia, as páxinas sobre a Wikipedia, as de usuario, as especiais, as dos modelos, cada un con cadansúa conversas asociada.
editar a fonte
Galicitas
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; unha colección virtual de frases famosas.
Galifontes
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; é un repositorio de textos orixinais que están no dominio público.
Galilibros
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; o seu obxectivo é a xeración de libros de texto e outros manuais con fins pedagóxicos de licenza libre.
Galizionario
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; trátase dun dicionario wiki en galego.
GFDL
ou
licenza de documentación libre de GNU
Licenza libre baixo a que se publican os contidos da Wikipedia. Esta licenza permite reproducir, modificar e comercializar estes contidos sempre que se mencionen os seus autores e a súa procedencia.
editar a fonte
historial
Rexistro onde queda reflectida unha lista con todas as versións pasadas dunha páxina, desde a súa creación ata o seu estado actual. Achega ligazóns ao conxunto de edicións e ás páxinas de usuario dos seus distintos editores.
homónimos
Aquela páxina desde onde se dá saída a varias páxinas coa mesma escrita ou denominación, e que polo tanto son susceptibles de seren procuradas mediante un mesmo termo. Cando haxa un significado predominante, entón a páxina de homónimos chamarase da forma "
termo
(homónimos)".
editar a fonte
interwiki
ou
ligazón interlingüística
Unha ligazón cara a outro proxectos da Wikimedia, como ao artigo correspondente nunha Wikipedia noutra lingua. Atópase no lado esquerdo baixo o título "outras linguas".
editar a fonte
ligazón azul
ou
ligazón en azul
Unha ligazón interna cara a unha páxina que xa existe. Recibe este nome porque aparece coloreada en azul (ou en violeta se foi visitada recentemente polo lector).
ligazón externa
Unha ligazón cara a unha páxina web non pertencente á Fundación Wikimedia.
ligazón rota
ligazón vermella
ou
ligazón en vermello
Unha ligazón interna cara a unha páxina que aínda non existe. Recibe este nome porque aparece coloreada en vermello.
lista de vixilancia
Páxina especial onde aparecen as últimas modificacións nos artigos que o usuario está vixiando.
editar a fonte
MediaWiki
Programa wiki co que funciona a Wikipedia e os outros proxectos irmáns, así como tamén outros non relacionados con ela.
Meta-Wiki
Proxecto multilingüe onde se coordinan todas as conversas sobre asuntos que afectan á Fundación Wikimedia en xeral.
mensaxes predefinidas
modelos
moldes
Son un conxunto de caixas de varios tipos segundo o seu uso: existen uns cadros que conteñen mensaxes de aviso sobre a páxina e outros que achegan información resumida sobre o artigo na marxe dereita.
editar a fonte
páxina de usuario
Páxina persoal que posúe cada usuario rexistrado. Nela poden facer unha presentación de si mesmo ou incluír ligazóns de traballo, por exemplo.
páxina morta
Son artigos que aínda non teñen ligazóns cara a ningún outro artigo do wiki.
páxina orfa
Son artigos que aínda non teñen ligazóns que apunten cara a eles desde outros artigos do wiki.
páxina protexida
Isto indica que, agás os
administradores
ou nalgúns casos os
usuarios autoconfirmados
, ninguén pode editar a páxina. O máis habitual é que estea protexida para evitar conflitos de edición.
Portada
Páxina que serve de entrada á Wikipedia. Nela recóllense os artigos destacados, as efemérides, a imaxe da semana, un índice de categorías así como ligazóns ao resto de proxectos irmás e a versións da Wikipedia noutras linguas.
portal da comunidade
Unha das principais páxinas do proxecto da Wikipedia. Pódese atopar unha ligazón cara a el na barra lateral esquerda e trátase dunha páxina onde hai diversas actividades e propostas, amais de novas do wiki, que están pendentes de facer ou ás que cómpre botar unha ollada de cando en vez.
punto de vista neutral
Un dos principios máis básicos da Wikipedia que, basicamente, di que todo o que nela se escriba debe ser obxectivo e imparcial.
editar a fonte
redirección
Unha páxina que envía o usuario a outra páxina mediante unha ligazón automática. Emprégase cando unha palabra ten varios sinónimos ou un concepto pode levar varios títulos, de xeito que as ligazóns leven ata o título elixido.
editar a fonte
A Taberna
O lugar onde se levan a cabo as conversas principais sobre a Galipedia. Está dividida en diferentes seccións, segundo o tema a tratar.
trebellos
Conxunto de funcionalidades que, unha vez activadas nas
preferencias de usuario
, engaden opcións adicionais á interface habitual da Wikipedia.
editar a fonte
usuario
wikipedista
ou
galipedista
Un editor que se rexistrou creando unha conta no wiki.
editar a fonte
vándalo
Usuario, normalmente anónimo, que edita unha páxina
co propósito de destruír
os seus contidos, incluír lixo e/ou información falsa co obxectivo de estragar a Wikipedia.
editar a fonte
wiki
Páxina web na que calquera usuario pode xerar e modificar os contidos facilmente mediante un sinxelo formulario de edición. A Wikipedia e os demais proxectos da Fundación Wikimedia son wikis.
wikificar
ou
dar formato wiki
Aquelar os contidos en base a unhas
normas elementais
, engadindo ligazóns internas, dividindo o texto en seccións e outras cousas.
Wikimanía
Conferencia internacional anual que realiza a Fundación Wikimedia.
Wikimedia
ou
Fundación Wikimedia
Nome da organización sen fins lucrativos á que pertencen a Wikipedia e o resto dos seus proxectos irmáns.
Wikipedia
Enciclopedia libre e aberta pertencente á Fundación Wikimedia; todos os seus contidos pódense copiar, modificar e distribuír.
wikiproxecto
Páxina do proxecto desde onde se coordinan varios usuarios para traballar nun asunto específico na Wikipedia.
Wikispecies
Proxecto irmán da Galipedia pertencente á Fundación Wikimedia; céntrase na recolección da
taxonomía
de todas as especies coñecidas.
Índice
Obtido de «
Categoría
Axuda
Wikipedia
Glosario
Nova sección