Wikipedia:Páxina de usuario - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina contén
políticas e normas oficiais
da Galipedia.
Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Atallo
WP:PU
Agás para edicións pequenas, por favor, use a
páxina de conversa
para propoñer cambios nestas directrices.
Esta política aprobouse nesta
votación
que tivo lugar desde o 12/04/2019 ata o 12/05/2019.
As
páxinas de usuario
son páxinas administrativas dentro dos
espazos de nomes
de Usuario e de Conversa usuario, útiles para a organización e asistencia no traballo que realizan os usuarios da Wikipedia, facilitando a interacción e colaboración entre usuarios. As páxinas de usuarios están destinadas principalmente para as conversas interpersonais, axudas útiles, avisos, probas e bosquexos e, se o usuario así o quere, unha extensión razoable de contido persoal e autobiográfico.
As páxinas de usuario están dispoñibles sempre que o seu propósito sexa compatible co proxecto da Wikipedia e o seu contido aceptable pola comunidade;
a Wikipedia non é un blog, un servizo de espazo web ou unha rede social
. As
normas
relacionadas co contido das páxinas da Wikipedia tamén aplican na súa maioría ás páxinas de usuario, polo que os usuarios deben cumprilas.
Terminoloxía
editar a fonte
Páxina de usuario
As páxinas de usuario teñen títulos da forma: Usuario:
Exemplo
. Un usuario pode
redirixir
a súa páxina de usuario cara á súa páxina de conversa se así o desexa. Tamén se pode crear unha páxina global de usuario en
Meta-Wiki
, que se visualizará en tódolos proxectos nos que usuario non teña creado a súa páxina de usuario.
Páxina de conversa de usuario
As páxinas de conversa de usuario teñen títulos da forma: Conversa usuario:
Exemplo
. Estas páxinas utilízanse para manter conversas con outros usuarios.
Subpáxinas de usuario
As subpáxinas no espazo de usuario poden utilizarse para almacenar páxinas de probas, ensaios sobre a Wikipedia ou bosquexos de artigos, entre outras cousas.
Os usuarios tamén dispoñen de subpáxinas rematadas en
in
.js
.css
para gardar scripts de usuario e peles personalizadas para a edición da Wikipedia. Só os propios usuarios e os
administradores da interface
poden editar estas páxinas, aínda que todos os usuarios poden visualizalas.
Espazo de usuario
O conxunto de páxinas mencionadas anteriormente compoñen o espazo de cada usuario. Malia que os usuarios non "posúen" estas páxinas, teñen o control das mesmas sempre que o exerzan de forma razoable e seguindo as normas indicadas nesta páxina.
Contido aceptable no espazo de usuario
editar a fonte
Non existe un uso predefinido para as páxinas de usuario. O normal é que estas conteñan información útil para o propio usuario, mentres que as páxinas de conversa utilízanse para enviar mensaxes a outros usuarios. Mentres que outros usuarios poidan atopar a páxina principal de usuario e a de conversa de forma doada, os usuarios poden organizar libremente a estrutura do resto do seu espazo de usuario segundo consideren conveniente, sempre que se manteñan dentro do razoable.
Os usuarios poden incluír un aviso de páxina de usuario na súa propia páxina, na súa páxina de conversa ou en ámbalas dúas, utilizando o marcador
Páxina de usuario
}}
Algúns dos usos lexítimos para o espazo de usuario inclúen, entre outros, os seguintes:
Avisos editoriais significativos
(voluntarios, mais recomendados)
Indicacións de
contas alternativas
lexítimas segundo o permite a política correspondente.
Avisos de que as edicións se realizan para, ou en nome de, unha compañía, organización, grupo, produto ou persoa, notificando o feito abertamente para procurar manter unha boa relación coa comunidade.
(As edicións deben ser sempre neutrais e dentro das normas da enciclopedia, non son aceptables os
conflitos de intereses
e axendas ocultas. A confesión aberta de estes intereses aumenta o respecto, invita a outros a axudar e demostra o desexo de editar de forma axeitada.)
Notas relacionadas co traballo na Wikipedia
Artigos en progreso ou planeados, temas nos que se adoita traballar, listas de traballos pendentes, recordatorios, listas de artigos nos que se traballou, traballos colaborativos, propostas, consideracións (construtivas) sobre os artigos ou políticas da Wikipedia, etc.
Traballos en progreso e bosquexos de artigos
(habitualmente en subpáxinas)
Ligazóns, ferramentas e scripts útiles para o traballo na Wikipedia
Arquivos de conversas vellas
Probas e experimentos
(habitualmente en subpáxinas)
Páxinas de probas para
modelos
ou código wiki pouco habitual, a modo de
páxina de probas
persoal.
Páxinas para probas de
bots
e scripts.
Contido autobiográfico limitado
Unha breve introdución, as linguas que se coñecen, ou os campos académicos e/ou profesionais nos que se ten experiencia.
Unha cantidade
pequena e proporcional
de material non relacionado directamente coa Wikipedia
Por exemplo: Coleccións, galerías ou listados de imaxes de
Wikimedia Commons
, artigos favoritos da Wikipedia, ou citas.
Non cumpren este criterio as páxinas utilizadas desta forma para a
promoción
ou
batallas
sobre temas non relacionados coa Wikipedia.
Tamén se pode incluír unha ligazón simple a unha páxina web persoal, aínda que non debe ir acompañada de linguaxe promocional.
Espazo de usuario e espazo principal
editar a fonte
Véxase tamén
Wikipedia:Autobiografía
A información persoal dun usuario
non
debe incluírse no espazo de nomes principal da enciclopedia, reservado só para os artigos, e estes
nunca
deben ligar ou transcluír páxinas no espazo de nomes de usuario.
Información persoal
editar a fonte
Algúns usuarios engaden información persoal como detalles de contacto (correo electrónico, contas en redes sociais, etc.), unha fotografía, o nome real, o sitio onde residen, información sobre experiencia e intereses, gustos persoais, etc. Unha vez engadida, é moi probable que esta información nunca volva a ser privada, polo que
cómpre ter cautela á hora de endadir información privada nas páxinas de usuario
, xa que moi probablemente non se poida eliminar posteriormente. O material que viole a privacidade dun usuario, engadido tanto por un mesmo como por outros,
pode ser eliminado
de calquera páxina e historial por medio dunha petición ós
administradores
Caixas de usuario
editar a fonte
Artigo principal
Wikipedia:Caixas de usuario
Unha etiqueta ou caixa de usuario (en inglés: userbox) é unha pequena caixa de cores deseñada só para aparecer na páxina de usuario dun wikipedista como aviso comunicativo sobre el. Deste xeito, os usuarios poden engadir pequenas mensaxes para axudar directa ou indirectamente a unha colaboración máis efectiva no proxecto. As caixas de usuario foron creadas como unha adaptación das
caixas de información Babel
, usadas para informar acerca dos coñecementos lingüísticos dos usuarios e faclitar a interacción dos colaboradores.
O uso excesivo de caixas de usuario pode ser contraproducente. É probable que moitas das caixas sexan puramente puntuais, conxunturais, irrelevantes ou busquen facer bromas, polo que se recomenda economizar o espazo destinado para estas caixas.
Contido inaceptable no espazo de usuario
editar a fonte
As páxinas de usuario son un espazo que a Wikipedia cede xenerosamente ós usuarios, e sobre o que eles teñen o control. Pero, ao mesmo tempo, é un espazo que pertence á Wikipedia, e que polo tanto ten que aterse a unhas regras e normas.
Por norma xeral,
debe evitarse calquera contido substancial na páxina de usuario que non estea relacionado coa Wikipedia.
Wikipedia non é
un servizo de aloxamento web, polo que a páxina de usuario non é un sitio web persoal. As páxinas de usuario tratan sobre as persoas como editores da Wikipedia, e as páxinas no espazo de usuario deben utilizarse para axudar nos traballos de edición que contribúen ó proxecto.
A maiores,
non se pode incluír no espazo de usuario material que poida desprestixiar o proxecto ou que seña amplamente ofensivo
. Isto inclúe, mais non se limita a, proclamas racistas, sectarias, homófobas ou sexistas, ou que inciten o odio e a discriminación en calquera das súas formas, proselitismo social, político ou relixioso,
ataques persoais
ou condutas de
acoso
Da mesma forma, as páxinas ou afirmacións que avoguen, incentiven ou aproben os comportamentos de
vandalismo
violación de dereitos de autoría
guerras de edicións
acoso
, intrusión da privacidade,
difamación
e actos de violencia de calquera tipo, serán directamente eliminadas. As ligazóns internas ou externas que dirixan ó lector a sitios enganosos ou violen as
restricións sobre ligazóns
non están permitidas e deben eliminarse.
Algúns dos contidos non aceptables para o espazo de usuario inclúen, entre outros, os seguintes:
Escritos, informacións, debates e actividades non relacionadas co obxectivo da Wikipedia
Un
blog
no que se rexistran actividades non relacionadas coa Wikipedia.
Conversas exhaustivas sobre temas non relacionados coa Wikipedia.
Temas ou opinións persoais exhaustivas non relacionados coa Wikipedia, coa filosofía wiki, coa colaboración en liña ou o contido libre.
Escritos exhaustivos e temáticas que non teñen ningunha posibilidade de ser directamente útiles para o proxecto, a súa comunidade ou os artigos da enciclopedia, como por exemplo neste último caso, contido que sexa
puramente unha investigación orixinal
ou que sexa claramente
non enciclopédico
Comunicacións non relacionadas coa Wikipedia, con persoas non involucradas no proxecto ou nos proxectos relacionados.
Xogos, sesións de rol, páxinas secretas e outras cuestións relacionadas co simple entretemento, sen valor educativo relevante ó proxecto.
Material e ligazóns promocionais
Anuncios ou promoción dun individuo, negocio, organización, grupo ou punto de vista non relacionado coa Wikipedia.
Material autopromocional exhaustivo, en especial cando non é directamente relevante para a Wikipedia.
Material ofensivo ou divisivo non relacionado coa edición da Wikipedia
Afirmacións polémicas non relacionadas coa Wikipedia, ou afirmacións que ataquen ou vilipendien a un grupo de editores, peroas ou outras entidades. (A reiteración nestes casos adoita considerarse unha
alteración da normalidade na edición
Material que pode interpretarse como un ataque dirixido a outros editores, incluíndo probas negativas, listas de defectos ou fallos, recompilacións de edicións e críticas relacionadas con deteminadas situacións ou problemas. A recompilación de evidencias baseadas en feitos probados (
difs
) en subpáxinas de usuario, cando se fai co propósito de preparar unha proposta ou abrir un proceso de debate e resolución de disputas, permítese sempre que isto se utilice de forma axeitada e sen dilatarse no tempo.
Información persoal
Información persoal de terceiros sen o seu consentimento.
Información persoal excesiva ou inapropiada e non relacionada coa Wikipedia.
Outros
A inclusión en categorías ou a transclusión de modelos destinados a outros usos, en particular aqueles usados nos propios artigos ou os relacionados coas políticas e normas.
Categorías, marcadores que engaden categorías e redireccións
editar a fonte
Artigos principais
Wikipedia:Categorías#Páxinas de usuario
Wikipedia:Redireccións
As páxinas ou subpáxinas no espazo de usuario
non
deben incluírse en
categorías de contido
. Polo xeral, só a páxina principal de cada usuario se pode incluír nas categorías administrativas específicas para usuarios, como por exemplo
Categoría:Usuarios por lingua
ou
Categoría:Wikipedia:Administradores
. Cómpre ter en conta que algúns modelos adoitan incluír categorías nas páxinas nas que se transclúen, algo que se debe evitar nas páxinas de usuario.
As páxinas de conversa
non deben redirixir a ningunha outra páxina que non sexa
a páxina de conversa doutra conta de usuario controlada polo mesmo editor. As redireccións dende subpáxinas de usuario a páxinas no espazo de nomes principais, aínda que non presentan maiores problemas, deben evitarse na medida do posible. As
redireccións suaves
si están permitidas nas páxinas do espazo de usuario.
Outras consideracións a ter en conta coas páxinas de usuario
editar a fonte
Páxinas que semellan de proxecto
editar a fonte
O espazo de usuario non é un substituto axeitado para páxinas de proxecto (
Wikipedia:...
), nin debe utilizarse como fonte de documentación para
políticas, normas
ou conceptos establecidos da Wikipedia. Se unha páxina de usuario relacionada directamente co proxecto pasa a ser moi utilizada ou ligada dende o espazo de nomes de proxecto, ou ten un uso funcional semellante ó dunha páxina de proxecto, debe moverse ó espazo de nomes de proxecto ou fusionarse con outras páxinas semellantes xa existentes nese espazo.
Contido copiado dende o espazo de nomes principal
editar a fonte
Os artigos poden copiarse dende o espazo principal de forma temporal para realizar modificacións, bosquexos ou probas de edición, pero as copias de artigos do no espazo de usuario deben borrarse cando xa non estean a ser utilizadas. Nestes casos cómpre ter en conta os requerimentos de
atribución dentro da Wikipedia
Páxinas que semellan artigos
editar a fonte
O espazo de usuario non é
un aloxamento web libre
e non debe empregarse para manter de forma indefinida páxinas que semellan artigos, revisións vellas dos mesmos, contido eliminado ou unha versión persoalmente preferente dun contido disputado. As páxinas no espazo de usuario que semellan artigos non deben estar indexadas para os motores de procura.
Os artigos realmente falsos deben eliminarse por seren incompatibles co propósito do proxecto. As páxinas que presentan información falsa de forma obvia elimínanse segundo o criterio
WP:X3
. As promocións descaradas elimínanse segundo o criterio
WP:X9
. O contido claramente inaxeitado creado por editores non xenuínos elimínase baixo o criterio
WP:X1
. As páxinas que preserven material previamente borrado tras votación, sen unha intención activa de arranxar os motivos da súa eliminación, elimínanse segundo o criterio
WP:X4
Violacións dos dereitos de autoría
editar a fonte
Artigo principal
Wikipedia:Dereitos de autoría
Nas páxinas de usuario aplícanse as mesmas normas de dereitos de autoría que no espazo principal de artigos.
Simulación ou interferencias na interface MediaWiki
editar a fonte
Non está permidido simular os avisos e outros elementos da interface
MediaWiki
, agás en ocasións puntuais por cuestións de probas. Inclúense nesta prohibición os avisos de notificacións de conversas falsos que enganan ós lectores levándoos a pensar que teñen novos mensaxes sen ler. Non se permite tampocuo o uso de código CSS ou JS que altere a interface MediaWiki de forma negativa, por exemplo previndo a visión ou uso de ligazóns e contros importantes, dificultando a lectura do texto da interface ou substituindo a interface cunha simulación que de lugar a enganos.
Propiedade e edición das páxinas de usuario
editar a fonte
A comunidade adoita dar bastante liberdade ós usuarios para a xestión do seu espazo de usuarios segundo estes consideren. Porén, as páxinas do espazo de usuarios pertencen á comunidade no seu conxunto, non son unha páxina web persoal e non pertencen ó usuario. Son parte da propia Wikipedia, e existen co propósito de facilitar a colaboración entre usuarios.
En xeral, os colaboradores non editan as páxinas de usuarios doutros agás en ocasións puntuais se fose preciso corrixir problemas significativos. Algunhas políticas xerais, como por exemplo a de
biografías de persoas vivas
, tamén se aplican ó espazo de usuario.
Ó igual que o resto de edicións, as contribucións no espazo de usuario están de maneira irrevogable baixo a licenza
Creative Commons Attribution/Share-Alike
Borrado de comentarios, avisos e advertencias
editar a fonte
A política non prohibe ós usuarios, rexistrados ou anónimos, eliminar comentarios da súa propia páxina de conversa, malia que sempre é preferible que se arquiven en lugar de borrarse. Se un usuario elimina algo nunha das súas páxinas de usuario, considérase que o usuario leu e é consciente dos seus contidos. Os rexistros de avisos e conversas pasadas poden atoparse no historial da páxina de ser necesarios.
Existen unha serie de cuestións que os usuarios non deben eliminar das súas páxinas, por ser parte de procesos de maior alcance dentro da comunidade:
As solicitudes de
desbloqueo
rexeitadas, relativas a un bloqueo en activo.
Os avisos de
borrado rápido
ou
votacións para borrar
mentres que o debate relacionado estea en progreso.
Os avisos de enderezos IP compartidos, como por exemplo
{{
IPcompartidoEdu
}}
Protección de páxinas de usuario
editar a fonte
Ó igual que ocorre cos artigos, as páxinas de usuario poden ser obxectivo de
vandalismos
e, en ocasións máis puntuais, de
guerras de edicións
. Cando os vandalismos son persistentes e non é suficiente cun
bloqueo
, as páxinas de usuario poden bloquearse para evitar os mesmos. No caso das páxinas de usuario de administradores, estes poden bloquearse cando sexa oportuno, xa que estes poden editar as páxinas protexidas no espazo de usuario. No caso de páxinas de outros usuarios, as proteccións xeralmente serán temporais e cómpre avisar ó propio usuario afectado para coordinar calquera edición necesaria pola súa parte ou validar a desprotección da páxina en cuestión.
O vandalismo en páxinas de conversa adoita ser menos frecuente, e xeralmente é suficiente cunha reversión nestes casos. Nos casos de vandalismo repetido aplicaranse os bloqueos que correspondan. A protección de páxinas de conversa de usuario considérase un último recurso para casos extremos e debe evitarse sempre que sexa posible, dada a importancia das páxinas de conversa para o proxecto.
Borrado de páxinas de usuario
editar a fonte
Ó igual que no restos de espazos, as páxinas de usuarios que conteñan violacións de dereitos de autoría, páxinas de ataque, textos promocionais e violacións de privacidade ou de
WP:BPV
, poden ser obxectivo de
eliminación
segundo os criterios habituais.
Os usuarios poden solicitar o borrado das súas propias páxinas ou subpáxinas de usuario engadindo o marcador
lixo
}}
na parte superior das mesmas.
As páxinas de conversas e os arquivos de conversas normalmente non se eliminan, xa que poden ser necesarias para futuras consultas por parte doutros usuarios. Algunhas das revisións individuais das mesmas poden eliminarse ou ocultarse por motivos de seguridade, ou por cuestións de acoso, ameazas ou linguaxe ofensiva.
Sinaturas
editar a fonte
Artigo principal
Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa#Restricións ás sinaturas
Todos os principios indicados nesta páxina son aplicables tamén ás sinaturas, para as que ademais se desenvolveu unha
norma específica
Notas
editar a fonte
A inclusión dunha única ligazón deste tipo na páxina de usuario, sen máis involucración na Wikipedia,
considérase un intento de autopromoción
Políticas e normas
Os cinco piares
O que a Wikipedia non é
Punto de vista neutral
Dereitos de autoría
Normas de conduta
Ignore todas as regras
Punto de vista neutral
A Wikipedia non é unha fonte primaria
Autobiografía
Biografías de persoas vivas
Citar as fontes
Conflito de intereses
Ficción
Fontes fiables
Material ofensivo
Verificabilidade
Spam
Normas de conduta
Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Caixas de usuario
Centros de ensino
Civismo
Consenso
Guerra de edicións
Monicreques
Nomes de usuario
Páxina de usuario
Propiedade do contido
Proselitismo
Libro de estilo
Categorías
Evita as autorreferencias
Homónimos
Ligazóns externas
Nomes propios de persoas
Redireccións
Sen avisos nos artigos
Títulos dos artigos sobre organizacións
Toponimia
Transliteracións
Tarefas administrativas
Eliminación rápida
Política de bloqueo
Política de protección
Votacións
Borrar
Elección de administradores
Elección de burócratas
Escolla do artigo bo
O que é un artigo bo
Escolla do artigo de calidade
O que é un artigo de calidade
Grupos de usuarios
Administradores
Bots
Burócratas
Verificadores de usuarios
Política de uso de imaxes
Marcadores de licenza de imaxe
Categoría
Lista de atallos
Política de protección de datos
Obtido de «
Categorías
Wikipedia:Políticas e normas
Wikipedia:Usuarios
Wikipedia
Páxina de usuario
Nova sección