Xogo de aposta - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caravaggio
Os xogadores de cartas
, c.
1594.
xogo de aposta
é un
xogo de azar
no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa.
Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do
tute
pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no
xogo das bólas
os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario. Ademais, o xogo de aposta require a presenza de tres elementos: azar, premio e recompensa
. Con frecuencia o desenlace da aposta é inmediato, como o simple lanzamento dun
dado
ou da bóla na
ruleta
, pero tamén son comúns apostas a medio ou longo prazo como ocorre nas apostas deportivas, algunhas das cales poden abranguer unha temporada completa.
En
España
réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo
. A institución pública responsábel de regular esta actividade en
Galiza
é a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
da
Xunta de Galiza
Os xogos de apostas son unha importante actividade comercial, cun mercado legal mundial estimado en 335.000 millóns de dólares no ano
2009
Historia
editar
editar a fonte
Prehistoria e Idade Antiga
editar
editar a fonte
O xogo é tan antigo como a humanidade. Segundo o antropólogo
Alfred Kroeber
, era unha práctica habitual entre os pobos primitivos. É de supor que tamén apostaban algunha propiedade pola emoción do risco
En
Mesopotamia
Persia
Exipto
, eran habituais os xogos con apostas. O historiador grego
Plutarco
relata a historia dun xogo de dados entre o rei persa
Artaxerxes
e a súa nai
Parisatis
. Algún tempo antes do xogo o rei mandoulle a un dos seus servos cortar a cabeza do seu irmán máis novo
Ciro
, quen tentara arrebatarlle o poder pero fora derrotado nunha batalla. Parisatis quería vingar a morte de Ciro e ofreceulle a Artaxerxes xogar unha partida amigábel de dados. Ela comezou perdendo á mantenta para provocar do rei apostas cada vez máis altas, chegando a incluír nelas ao servo que lle cortara a cabeza a Ciro. A raíña nai gañou e cobrou vinganza
Os exipcios atribuíanlle a invención do xogo de apostas a
Tot
o deus da sabedoría e o coñecemento, e inventor da escritura; Plutarco narra tamén o mito exipcio dos deuses xogadores. Consérvanse
xeróglifos
das vellas dinastías que narran como foron establecidas leis anti-xogo contra o cuarto milenio a. C. Isto significa que o xogo de aposta ocupaba unha parte moi significativa na vida dos antigos exipcios. A parte dos xogos de dados e de taboleiro, eran moi populares os xogos de adiviñanzas como acertar cantos obxectos se agochaban nunha man pechada, ou cantos dedos estendía outro xogador
A cultura
india
adoptou o xogo desde o comezo da súa civilización hai uns 4.000 anos. O
Mahabharata
, o gran poema épico indio datado contra o
1.500 a. C.
, comeza cun xogo de dados no que diferentes membros dunha familia real compiten polo trono. A historia, con remate feliz, inclúe dados trucados e perda de todas as posesións, incluída a propia muller, dun dos competidores
. No
século IV a. C.
, o texto
Arthashastra
recomendaba controlar e lexislar o xogo
. Ademais dos xogos de dados e taboleiro, os indios eran moi afeccionados a apostar en loitas de animais, especialmente galos e carneiros. Había moitas casas de apostas supervisadas por un representante do rei para asegurar a orde e cobrar unha porcentaxe aos xogadores para as arcas reais
Os xogos de apostas son inseparábeis da cultura
chinesa
, cando menos, desde o ano
1.000 a. C.
Como na India, eran habituais as casas de xogos e as apostas en loitas de animais. Tamén gustaban de apostar en carreiras de cabalos
. Os primeiros rexistros dunha
lotaría
son os cartóns Keno da
Dinastía Han
entre
205
187
a. C. Estas lotarías axudaron a financiar proxectos gobernamentais importantes, como a
Gran Muralla Chinesa
Grecia e Roma
editar
editar a fonte
Ánfora decorada por
Exequias
representando a
Aquiles
Áiax
xogando aos dados durante a
guerra de Troia
Museos Vaticanos
).
Os
gregos
atribuíanlle a orixe do xogo ao heroe
Palamedes
, quen os inventou para entreter ás tropas gregas durante a
guerra de Troia
. Un coñecido tema da
cerámica
grega é a escena de
Aquiles
Áiax
xogando aos dados durante a guerra de Troia. As competicións entre animais ou persoas xeraban un grande entusiasmo entre os gregos, apostando nelas cantidades fortes de diñeiro. As actividades preferidas para apostar eran as loitas de galos e as competicións
deportivas
, das que eran favoritas as incluídas nos
Xogos Olímpicos
, como a
loita
, o
boxeo
, as
carreiras
ou o
lanzamento de disco
Les vêtements tirés au sort
(As vestimentas -de Cristo- tiradas á sorte) de
James Tissot
Brooklyn Museum
).
O xogo máis popular entre os
romanos
era o dos dados. Os soldados adoitaban apostar con este xogo. É coñecida a pasaxe do
Novo Testamento
na que os soldados que custodian a
Xesús
na cruz botan a sortes as súas vestimentas. A
plebe
non podía vivir sen o xogo; consumían case a diario todo tipo de espectáculos (loita de
gladiadores
, carreiras de carros, loitas entre animais e entre estes e humanos) onde se apostaban grandes cantidades. Os emperadores non eran alleos a esta adicción.
Calígula
converteu o seu palacio nunha auténtica casa de xogos. Tramposo e mal perdedor, cando sufría fortes perdas no xogo mandaba matar a uns cantos cidadáns ricos para apropiarse dos seus bens e deste xeito enxugar as perdas.
Claudio
apostaba fortes cantidades de diñeiro nunha soa tirada dun dado, aínda que era un xogador racional que mesmo escribiu un tratado sobre os dados.
Nerón
Vitelio
Cómodo
foron tamén grandes xogadores
En Roma xogouse por primeira en
Europa
á lotaría, así
Suetonio
na súa obra
A vida de 12 césares
, narra os primeiros rexistros dunha oferta de billetes de lotaría para a venda organizada polo
emperador
romano
César Augusto
. Os recursos foran usados para amaños na cidade de
Roma
, e os vencedores recibiran premios en forma de artigos de valor desigual.
Paradoxalmente, a pesar do fervor apostante dos romanos, tiñan leis contra a súa práctica, leis que non eran aplicadas con moito rigor. Só nas
Saturnais
de decembro suspendíanse as restricións ao xogo. De acordo coa lei romana un gañador non podía reclamar xudicialmente o diñeiro gañado no xogo, así como non se lle podía esixir legalmente aos perdedores o pago das débedas do xogo.
O pobo romano tamén nos deixou referencias sobre o xogo noutros pobos coetáneos, neste sentido o historiador
Publio Cornelio Tácito
describía no ano
99
os estragos que facía o xogo entre os
xermanos
Xudaismo, cristianismo e islam
editar
editar a fonte
Tanto a tradición
católica
como a
xudía
reprobaban o xogo con apostas
. As autoridades xudías facíano ata tal punto que mesmo descualificaban aos xogadores profesionais para testemuñar nun xuízo
. A
Igrexa Católica
sostén que non hai impedimento moral para o xogo de aposta mentres sexa xusto, isto é que tódolos xogadores teñan unhas posibilidades razoábeis de gañar, que non haxa fraude e que os resultados de cada partida nos sexan coñecidos previamente
10
lei islámica
prohibe categoricamente o xogo de apostas pois considérao como un intercambio de bens que non é nin produtivo nin sancionábel, que ademais pode levar ao xogador a descoidar as súas obrigas relixiosas e incitar á violencia. Porén, no
mundo islámico
medieval estaban amplamente difundidos os xogos de apostas en tódolos estamentos sociais
11
Idade Media e Renacemento
editar
editar a fonte
Apostantes retratados na sátira
A nave dos necios
1494
).
Na Europa
medieval
os xogos de apostas volveron ser moi populares. Conta Ordericus Vitalis (
1075
1143
) que no seu tempo os clérigos e bispos eran moi afeccionados ao xogo dos dados. Durante a
terceira cruzada
os reis
Ricardo Corazón de León
de
Inglaterra
Filipe Augusto
de
Francia
estableceron restricións ao xogo prohibíndoo completamente entre os soldados e non permitindo perder máis de 20
xilins
aos cabaleiros e clérigos. En
1334
promulgouse unha lei en Inglaterra que impedía en
Nadal
enmascararse para acudir a xogar aos dados. No
século XV
foi minguando a popularidade dos dados como xogo de aposta ao tempo que gañaban adeptos os xogos de cartas. Contra o final da Idade Media a lotería comezou a usarse como sistema para colocar mercadorías custosas que non chegaban a ser vendidas. Así, en
1446
a viúva do pintor
flamengo
Jan van Eyck
promoveu esta lotería en
Bruxas
. O mesmo fixeron un século máis tarde os comerciantes
venecianos
xenoveses
. A primeira lotería inglesa tivo lugar en
1569
durante o reinado de
Isabel I
con premios consistentes en pezas de prata, tapices e diñeiro
Idades moderna e contemporánea
editar
editar a fonte
Durante o
século XVII
aparecen en Venecia uns locais clandestinos chamados "ridotti" onde a xente se reunía para xogar aos dados e ás cartas, prohibidos polo goberno veneciano. Conscientes de que a prohibición non era efectiva, no Carnaval de
1638
adaptouse unha parte do Palacio San Moisés para o xogo legal e chamárono "O Ridotto", o primeiro casino que funcionou no mundo. Tiña catro andares con numerosas salas e enormes lámpadas de candeas. Requiríase aos xogadores, agás a nobreza, que levasen máscaras de Carnaval; cobrábanse as bebidas e a entrada aos non xogadores. O Ridotto converteuse nun lucrativo negocio para o Estado
12
Contra
1768
, cando o Ridotto era toda unha institución, abriuse un segundo casino legal en Venecia no Teatro San Cassiano. Os xogos daquela época incluían xogos de cartas, como o Basset ou o Faro, así como o Biribisso, un xogo do tipo da lotería similar ao Keno ou o Bingo
12
O fervor italiano polo xogo cruzou as fronteiras e estendeuse á veciña Francia entre
1650
1800
. O rei
Lois XIV
fixo dos xogos de sorte unha parte integral da vida cortesá. Neste período inventáronse en
París
os xogos do
Bacará
, a Ruleta e o
Vinte e un
; todos eles ideados de xeito que a casa leva unha pequena vantaxe, que os fai ideais para os organizadores de casinos
12
Casinos en
Macau
, unha das capitais mundiais do xogo.
Houbo moitas tentativas de acabar co xogo en Francia antes da
Revolución
1789
1799
). En
1785
Luís Filipe Xosé I,
duque de Orleans
, decidiu permitir aos operadores de casinos abrir "clubs sociais" nos sotos do Palacio Real como un xeito de controlar a actividade do xogo ao tempo que rendía ganancias. Algunha vez estimouse que o número de cuartos adicados ao xogo eran máis de cen
12
Mentres, os novos xogos de aposta atravesaron o
Atlántico
ata o enclave francés de
Nova Orleáns
. E contra
1796
unha cidade da Riviera,
Monte Carlo
, autoproclamouse como a "localización legal" dos xogos de casino en Europa
12
Nos
saloons
e salas de xogo do Vello Oeste Americano naceron novos xogos mediante a modificación das regras dalgúns xogos europeos, así xurdiron o Blackjack, o
Craps
e o
Póker
. Ao igual que ocorrera en Europa, nos
Estados Unidos
batallaron pola moralidade dos xogos, mais deixaron a decisión de legalizalos a cada Estado da Unión. En
1931
só un Estado,
Nevada
, tiña legalizado o xogo, que levou ao crecemento explosivo de
Las Vegas
converténdoa na capital do xogo
12
Na actualidade os casinos e o xogo é legal en moitos países, destacando a que fora colonia portuguesa de
Macau
onde se localiza o crecemento máis grande desta actividade
12
. A regulación gobernamental garante un xogo xusto ao tempo que os impostos que gravan o xogo supoñen unha substanciosa fonte de ingresos para o estado
12
Tipos de xogos de apostas
editar
editar a fonte
Xogos administrados polo estado
editar
editar a fonte
Cartel dunha administración de
Lotería Nacional
feito en
azulexo
Os diferentes estados e administracións públicas adoitan ter baixo o seu control a un certo número de xogos de azar que gozan de moita popularidade entre a cidadanía. No estado español, esta función recae sobre a
Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado
SELAE
). Os xogos que xestiona son
13
Lotería Nacional
: É un xogo de azar puro no que se extraen números de cinco cifras. Hai un primeiro premio e outros secundarios. O primeiro sorteo da lotería nacional tal e como a coñecemos hoxe en día tivo lugar o
4 de marzo
de
1812
en
Cádiz
. O primeiro
Sorteo de Nadal
celébrase en
1818
e o primeiro
Sorteo do Neno
, na década de
1880
14
Lotería Primitiva
: Foi instaurada en
1985
, aínda que tivo un precedente no
século XVIII
cando
Carlos III
estableceu en
1763
unha lotaría na que se marcaban unha certa cantidade de números do 1 ao 90; no sorteo, un neno cos ollos vendados sacaba dun bombo as 5 bólas cos números gañadores. Na versión moderna, os números redúcense a 49 e extráense seis números gañadores máis un número complementario. Co paso do tempo van aparecendo variantes da lotaría primitiva: a
Bono Loto
(1988),
O Gordo da Primitiva
(1993), e a loto europea ou
Euromillóns
(2004) na que participa España
14
A Quiniela
: Consiste en apostar aos resultados de 14 partidos de fútbol, máis un complementario. En cada partido prognostícase a vitoria local (1), o empate (X) ou a vitoria visitante (2). O premio maior é acertar os 15 partidos: o
pleno ao 15
. A primeira quiniela xogouse o
22 de setembro
de
1946
15
O Quinigol
: Xógase apostando polo resultado de seis partidos de fútbol. A diferenza da quiniela, no quinigol trátase de acertar o resultado do partido atendendo ao número de goles marcados polos dous equipos. A súa instauración é máis recente (2005)
14
Lototurf
: Foi creada en
2005
14
e é unha mestura de loto e aposta hípica. Trátase de acertar unha cominación gañadora de 6 números (elixidos dun total de 31) e o gañador dunha carreira hípica.
Quíntuple Plus
: Tamén instaurada en
2005
14
, apóstase a seis
cabalos
de cinco carreiras diferentes. Hai que acertar os cinco gañadores e o segundo clasificado da 5ª carreira.
Xogos administrados por organizacións benéficas
editar
editar a fonte
Xogos da ONCE
editar
editar a fonte
A Organización Nacional de Cegos Españois (
ONCE
) foi creada por Decreto do
13 de decembro
1938
16
, no que se recollía tamén a autorización para a xestión do cupón pro-cegos. Xa antes da creación da ONCE, desde comezos do
século XX
, as diferentes asociacións de cegos organizaban os seus propios sorteos do cupón como medio de financiamento e de traballo para os seus membros, se ben estes sorteos non estaban autorizados polo estado e tiñan a oposición de parte do seu propio colectivo por consideralos unha forma encuberta de mendicidade
17
. Logo da creación da ONCE, e xa baixo o recoñecemento do estado, distintas delegacións provinciais e comarcais organizaban os seus sorteos, dos que se facían uns 30 en toda España
18
. Esta situación mantívose ata o
31 de decembro
de
1983
, se ben desde o 13 de decembro de
1981
comezan a facerse sorteos extraordinarios únicos para toda España. Desde o
2 de xaneiro
de
1984
faise un sorteo diario único para todo o estado, aumentando as cifras dos cupóns de tres a catro, e finalmente a cinco en
1987
19
Ademais do cupón, o seu xogo máis antigo e popular, a ONCE organiza os seguintes xogos
20
7/39: Unha especie de lotaría primitiva onde se elixen 7 números dun total de 39.
Super Once: No sorteo extráense 20 números dun total de 80. Os números elixidos polo xogador son variábeis e os premios dependen da cantidade de números elixidos.
Rascas: Son tarxetas de distintas temáticas nas que hai que rascar para descubrir os números e os premios.
Eurojackpot: Semellante ao Euromillóns, realízase todos os venres en
Helsinqui
para varios países europeos.
Sorteo do Gran Premio de Ouro da Cruz Vermella
editar
editar a fonte
Desde
1980
Cruz Vermella
de España organiza anualmente o Sorteo do Gran Premio de Ouro, cuxa novidade está en que os premios son
lingotes
de
ouro
. A finalidade do sorteo é recadar fondos para a realización das labores humanitarias desta sociedade
21
. A estrutura do sorteo é análoga ao da Lotería Nacional.
Xogos de casino
editar
editar a fonte
Casino
nas
Vegas
, a capital mundial do xogo.
Un
casino
é unha instalación especialmente acondicionada para albergar xogos de azar, se ben poden acoller outros acontecementos lúdicos como
bailes
, actuacións
musicais
ou
espectáculos
diversos. Os precedentes en
Europa
dos casinos modernos, os
Ridotti
, nacen en Venecia en
1638
para controlar o xogo durante os días do
Carnaval
. Foron prohibidos en
1770
polo goberno local ao percibir que se estaban empobrecendo os nobres locais.
Os casinos modernos aparecen no século XIX e inclúen un amplo abano de xogos de mesa, ruletas e máquinas tragamoedas. En
Galiza
hai dous casinos: O
Casino A Toxa
22
na
illa da Toxa
e o
Casino Atlántico
23
na cidade da
Coruña
, nos que se poden achar os xogos máis habituais nestes locais como o
bacarat
, o
blackjack
, a
ruleta francesa
, a
ruleta americana
, o póker e as máquinas tragamoedas.
Apostas
editar
editar a fonte
Película muda
de principios do
século XX
onde o
actor
de
vodevil
Charley Grapewin
imita a un apostante nas carreiras.
Unha
casa de apostas
é unha organización que acepta apostas en eventos diversos. Recada o diñeiro apostado e efectúa os pagos aos gañadores, cobrando unha comisión polo seu labor. Os principais eventos motivo de apostas son os
deportivos
, incluíndo as carreiras de cabalos e
galgos
, apostándose practicamente por todas as incidencias imaxinábeis. Así mesmo, os campos motivos de apostas son tamén amplísimos como, por exemplo, os índices bolsistas dunha certa
acción
, o gañador dun concurso televisivo ou o resultado dunhas
eleccións
24
A chegada de
Internet
supuxo un gran pulo para as casas de apostas coa implantación das apostas online que fixeron aumentar espectacularmente o número de usuarios e as ganancias.
Bingo
editar
editar a fonte
Cartón de
bingo
caseiro.
É un xogo moi popular que se practica a nivel familiar ou comunitario sen mediar diñeiro ou cantidades irrelevantes, e en salas comerciais onde a participación no xogo pode levar a obter premios en metálico.
Orixinario de
Italia
, consiste nun bombo cun número determinado de bólas numeradas no seu interior (75 ou 90). Os participantes xogan con cartóns con números aleatorios escritos neles, dentro do rango correspondente, 1-75 ou 1-90. Un locutor vai sacando bólas do bombo, dicindo os números en voz alta. Se un xogador ten dito número no seu cartón (os de 15 e de 24 números son os máis habituais) ríscao, e o xogo continúa ata que alguén consegue marcar todos os números dunha liña (premio á liña), e posteriormente do cartón (bingo).
A aposta como investimento
editar
editar a fonte
Creáronse moitos sistemas de apostas nun intento de "derrotar á casa" mais, a longo prazo, ningún deles pode facer unha aposta matematicamente prexudicial en termos de
esperanza
rendíbel. Entre estes sistemas amplamente usados están:
Reconto de cartas
Existen moitos sistemas no
Blackjack
para seguir a proporción entre dez valores e tódolos demais; cando a proporción é alta o xogador ten vantaxe e debería incrementar o valor das súas apostas. Nos xogos de cartas dá unha certa vantaxe tamén o seguimento das cartas que van aparecendo.
Due-Column betting
É unha técnica de aposta fixa na que o xogador incrementa a aposta despois de cada perda sucesiva. O apostante ten en mente unha cantidade fixada por el mesmo antes do comezo do xogo. O seu obxectivo é gañar esa cantidade. Para iso vai incrementando sucesivamente a súa aposta despois de cada perda, de xeito que unha eventual ganancia lle faga non só recuperar as perdas acumuladas senón tamén conseguir o beneficio desexado
25
Ganancias fixas
as apostas van variando baseándose nas probabilidades de asegurar o mesmo beneficio prefixado en cada xogada gañadora.
Apostas fixas
Un sistema tradicional que consiste en apostar a mesma cantidade en cada xogada.
Criterio de Kelly
É unha fórmula matemática desenvolvida por
John Larry Kelly Jr.
cando traballaba nos laboratorios de
AT&T Bell
para describir o crecemento dun capital a longo prazo. Os xogadores usan esta fórmula para determinar que porcentaxe da súa banca debería apostarse cada vez para maximizar o crecemento a longo prazo
26
Martingada
Sistema consistente en apostar o suficiente cada vez para recuperar as perdas das apostas previas ata acadar ganancias.
Aspectos psicolóxicos
editar
editar a fonte
Máquina tragamoedas
norueguesa
deseñada para diminuír a
ludomanía
: dá
cheques
en lugar de
moedas
Aínda que para a maioría da xente que participa nun xogo, este é unha maneira de
lecer
ou incluso un medio de gañar cartos; hai estudos que mostran que o xogo, como calquera outro
comportamento
humano que produza variación na
química
cerebral
, pode converterse nunha
adicción
psicolóxica
e un comportamento nocivo para algunha xente.
O escritor
ruso
Fiódor Dostoievski
(el mesmo un xogador problemático) reflicte na súa
novela
Igrok
(en galego,
O xogador
) as implicacións psicolóxicas do xogo e como este pode afectar aos xogadores. Tamén asocia o xogo coa idea de "facerse rico rapidamente", suxerindo que os rusos deben ter unha especial afinidade cara ao xogo. Dostoevsky mostra o efecto de apostar diñeiro pola oportunidade de gañar máis, na Europa do século XIX. A asociación entre os rusos e o xogo de aposta alimentou lendas sobre as orixes da
ruleta rusa
psicoloxía evolutiva
propón que as
mulleres
, máis cos
homes
, tenden a seleccionar á súa parella en base aos seus recursos. Deste xeito, desde unha perspectiva evolutiva os homes deberían ter máis que gañar cun grande aumento de recursos que as mulleres
27
A adicción aos xogos de azar e de apostas recibe o nome de
ludomanía
ou ludopatía. Segundo o
psicanalista
Edmund Bergler
, son seis as características que identifican a un ludópata
28
Debe xogar regularmente: a cuestión é saber a partir de que punto o suxeito xoga "moito".
O xogo prevalece sobre todos os outros intereses.
O xogador posúe un optimismo que non se ve afectado polas repetidas experiencias de fracaso.
Mesmo se gaña, o xogador non se retira xamais.
A pesar das precaucións que inicialmente prometeu tomar, acaba asumindo demasiados riscos.
Hai nel unha experiencia subxectiva de "emoción" (unha sensación de calafrío, de excitación, de tensión, á vez de dor e de pracer), durante as fases do xogo.
En
Galiza
, os ludópatas poden pedir ás autoridades que se lles prohiba a entrada aos recintos de xogo
29
Notas
editar
editar a fonte
Joomla! (ed.).
"Gambling and the Law®"
(en inglés)
. Consultado o 15 de agosto de 2014
BOE
(ed.).
"Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo (suplemento en lingua galega do BOE do 28/05/2011)"
(PDF)
. Consultado o 15 de agosto de 2014
Xunta de Galiza
(ed.).
"Xogo: funcións e competencias"
. Consultado o 15 de agosto de 2014
The Economist
, ed. (8 xullo de 2010).
"You bet"
(en inglés)
. Consultado o 15 de agosto de 2014
Ángel Martínez.
"Historia de las apuestas: la Prehistoria"
(en castelán)
. Arquivado dende
o orixinal
o 19 de agosto de 2014
. Consultado o 17 de agosto de 2014
Markun, Leo (2006). Progress Publishing Co., ed.
"A History of Gambling"
(en inglés)
. Consultado o 22 de agosto de 2014
Bose, M. L. (1998). Concept Publishing Company, ed.
Social And Cultural History Of Ancient India (revised & Enlarged Edition)
(en inglés)
. p.
179.
ISBN
978-81-7022-598-0
Barlow, Rich (2/12/2007). The Boston Globe, ed.
"Gambling had role in religious history"
(en inglés)
. Consultado o 17 de agosto de 2014
Berel Wein. torah.org, ed.
"Gambling"
(en inglés)
. Arquivado dende
o orixinal
o 16 de xuño de 2010
. Consultado o 17 de agosto de 2014
Kucharek, Rev. Cass (1974). Our Sunday Visitor, ed.
To settle your conscience a layman's guide to Catholic moral theology.
(en inglés)
ISBN
0-87973-877-4
Mikhail, Alan (2006). Meri, Josef W.;
Bacharach
Jere L.
, eds.
Medieval Islamic Civilization, An Encyclopedia. Volume 1: A-K, index.
(en inglés)
. New York: Routledge. p.
275
. Consultado o 17 de agosto de 2014
frixo.com (ed.).
"History of Casinos"
(en inglés)
. Consultado o 17 de agosto de 2014
"Páxina web da SELAE"
. Arquivado dende
o orixinal
o 29 de xuño de 2013
. Consultado o 16 de marzo de 2013
(en
castelán
"Historia das lotarías e apostas do estado"
. Arquivado dende
o orixinal
o 26 de novembro de 2012
. Consultado o 16 de marzo de 2013
(en
castelán
"La quiniela, 65 años repartiendo premios"
. 22 de abril de 2011. Arquivado dende
o orixinal
o 18 de xaneiro de 2013
. Consultado o 16 de marzo de 2013
(en
castelán
"Historia del cupón de la ONCE"
. Arquivado dende
o orixinal
o 10 de xuño de 2013
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
castelán
"Cupones anteriores a la creación de la ONCE"
. Arquivado dende
o orixinal
o 11 de xuño de 2013
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
castelán
"Cupóns da ONCE ata 1983"
. Arquivado dende
o orixinal
o 11 de xuño de 2013
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
castelán
"O cupón diario da ONCE"
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
castelán
"Juegos ONCE"
. Consultado o 14 de marzo de 2017
(en
castelán
"Historia do Sorteo do Gran Premio de Ouro"
. Arquivado dende
o orixinal
o 04 de decembro de 2012
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
castelán
"Páxina web do Casino A Toxa"
. Arquivado dende
o orixinal
o 09 de abril de 2013
. Consultado o 18 de marzo de 2013
(en
castelán
"Páxina web do Casino Atlántico"
. Consultado o 7 de febreiro de 2023
(en
castelán
ABC.net, ed. (28-10-2004).
"US election betting backs Bush"
. Consultado o 17 de marzo de 2013
(en
inglés
thesportingway.com (ed.).
"What is Due Column Betting? – Guest post"
(en inglés)
. Arquivado dende
o orixinal
o 19 de agosto de 2014
. Consultado o 16 de agosto de 2014
investopedia.com (ed.).
"The Kelly Criterion Definition"
(en inglés)
. Consultado o 17 de agosto de 2014
Robin Dunbar and Louise Barret (editors) (2007). "Chapter 32.Evolutionary Psychology and Mental Health (Randolph M.Nesse)". En Oxford University Press.
The Oxford Handbook of Evolutionary Psychology
. Oxford.
(en
inglés
Bergler, Edmund (1957). Hopital-marmottan.fr, ed.
The Psychology of Gambling
. Arquivado dende
o orixinal
o 23 de novembro de 2015
. Consultado o 19 de marzo de 2013
(en
francés
Ana Ramil (25 de agosto de 2012). La Opinión Coruña, ed.
"Las altas en el registro de ludópatas de Galicia bajaron un 65% en tres años"
. Consultado o 19 de marzo de 2013
(en
castelán
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Wikimedia Commons
ten máis contidos multimedia na categoría:
Xogo de aposta
Outros artigos
editar
editar a fonte
Casino
Probabilidade
Xogo de azar
Xogo de mesa
Control de autoridades
Q11416
AAT
300252706
BNCF
648
EBID
ID
GiantBomb
3015-1766
GND
4021329-8
HDS
016562
JSTOR
gaming-tables
LCCN
sh85052909
NDL
00573140
Identificadores
MeSH
D005715
MeSH
F01.145.722.408
Obtido de «
Categoría
Xogos de aposta
Categorías agochadas:
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Artigos que toda Wikipedia debería ter (Arte e lecer)
Xogo de aposta
Nova sección